O Centro do Viño segue promocionando os viños da D.O. Ribeira Sacra. Este xoves presentamos “Bail”, un novo viño ecolóxico para esta denominación.

      A Denominación de Orixe Ribeira Sacra  foi pioneira en Galicia  en sacar o mercado viño ecolóxico. Na actualidade comercialízanse entorno as 20.000 botellas.

      A primeira adega en comercializar este tipo de viño foi a de Ester Teijeiro. Seguironlle  Adegas Moure, Regina Viarum,  e a cuarta e última polo de agora ,en elaborar viño co selo do CRAEGA  é Adega Fión, no concello do Saviñao da Subzona de Ribeiras do  Miño.

      Trátase de unha adega de recente creación e que comercializa en ecolóxico todo o viño que elabora. Unhas  2.500 botellas que saen o mercado coa marca “Bail”.

       Este xoves  presentaránnos a primeira colleita que sacan o mercado.  Viño ecolóxico, certificado, ademais de polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, polo  Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.

     Elabórase  con  uvas recolleitadas  nas  2  hectáreas de viña que a adega posue  nos bancais da parroquia de A Cova,  a carón da Igrexa de San Xoán e a  beira do río Miño.

   O acto de presentación do viño “Bail” terá lugar este xoves día 1 de agosto, as 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Da presentación encargarase Belén Pérez, en representación da adega e o enólogo da mesma Roberto Regal.

  A presentación inclue degustación. O acto é aberto o público.

Imagen

Anuncios

Con obradoiro de cesteria comenzaron os “Sábados Artesans” no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

María Belén Rodriguez e María Otero encárganse de manter viva a tradición dos cesteiros. Elas aprenderon o oficio no Centro de Artesanía e Deseño de Lugo e fixeron da sua aficción, profesión.  Dirixen cursos e participan en obradoiros como o celebrado este sábado día 27 de xullo  no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Quenes se achegaron o lugar, tiveron ocasión de coñecer de primeira man as características do material utilizado e as técnicas de elaboración de cestas e outros elementos hoxe decorativos pero que noutros tempos  foron pezas indispensables para o desenvolvemento da actividade diaria.  Agradecemos a boa disposición das duas cesteiras para compartir experiencias cos visitantes. Na tenda do viño podemos velo resultado do obradoiro desenvolto e as duas artesnas  estan a disposición de quenes queiran contactar con elas para facer máis demostracións ou encargarlle pezas.  Agardamos que esta iniciativa serva para poñer en valor o traballo de quenes apostan por mater vivos vellos oficios que do contrario, terían desaparecido. 

O sábado día 3 de Agosto no Claustro do Centro do Viño teremos un novo obradoiro, niste caso de oleiria, a cargo dos artesans Elías Prieto e Tomás López.  A demostración será de 11 a 14 horas. ImagenImagenImagen

Este sábado día 27 de xullo demostración de cesteria no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Este sábado día 27, a partir das 11 da maña teremos no Claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra a duas cesteiras que nos ensinarán a facer cestos e outros aparellos, hoxe decorativos,  pero que noutros tempos eran indispensables para desenvolver actividades domésticas diarias.  O plástico é de recente incorporación nas nosas vidas e os utensilios que se utilizaban nas casas dos nosos pobos eran de cerámica ou de diverso material vexetal, como bimbio, que veremos traballar a estas duas artistas, María Belén Rodríguez e María Otero.  Farán demostracións dende as 11 da maña ata as 2 da tarde. Pasade a velas!

Presentados os “Sábados artesans no Centro do Viño da Ribeira Sacra”

Coa actividade preténdese poñer en valor o traballo dos artesans dos que veremos demostracións en vivo no claustro do Centro do Viño.  O sábado día 27 coincindo en Monforte coa celebración da Festa do Río, acompañaránnos duas Cesteiras, María Belén Rodriguez de Lugo e María Otero de Meira. O día 3 de agosto serán os oleiros os protagonistas e veremos  como traballan  Elías Prieto e  Tomás López. O día 10 de agosto, turno para os traballadores da madeira e encargaranse das demostracións Mónica Rodriguez de Monforte e Marcos Ladra de Parga – Guitiriz.  O día 24 de agosto traballarán no Claustro do Centro do Viño artesans do textil, Pilar Rodriguez, María Dolores López e Susana Pilar Arias (todas de Monforte).

As demostracións son abertas o público e desenvolveranse en horario de maña entre as 11:00 e as 14:000 horas.

A actividade está promovida polo Centro do Viño da Ribeira Sacra en colaboración do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo, a Asociación de Artesans Terra de Lemos e o concello de Monforte.  Da presentación participaron a deputada provincial, responsable do Centro de Artesania e Deseño da Deputación de Provincial de Lugo, Regina Polin, a concelleira de promoción económica do Concello de Monforte, María Xosé Vega, a presidenta da Asociación de Artesans Terra de Lemos, Pilar Rodriguez, e José Ramón M. Mareque en representación de “Rutas Sacras” a empresa que se encarga da xestión do Centro do Viño dende o pasado 1 de xuño. 

Imagen

Foi todo un éxito a presentación do viño “A Ladeira da Mata”

Foi todo un descubrimento o viño “A Ladeira da Mata” que nos presentou este xoves día 18 de xullo Fernando, da adega S.A.T. Alfer no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Xunto coa sua dona Ana, foron os encargados de explicar os presentes, os proxectos que teñen  na Finca da Mata, na parroquia de Cesures, concello de Manzaneda. Un interesante proxecto de aposta polo rural nunha zona cada vez máis despoboada do oriente ourensá, nas Terras de Trives e  pertencente a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. 

Imagen

Imagen

Nos bancais  do río Bibei maduran as uvas coas que elaboran o viño que nos presentaron e que podes atopar xa na tenda do Centro do Viño. 

Bó viño e igual de bó o queixo que comercializan, tanto o curado como o semi curado, elaborado de xeito artesan e con moi bó tino. 

Imagen

O seguinte viño que presentaremos será Bail, da Subzona Ribeiras do Miño, ó día 1 de agosto as 20:00 horas. 

E lembramos tamén que a exposición de Carteleria da  Feira do Viño de Amandi que estaba previsto retirar o día 21, seguirá 10 días máis como exposición temporal no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Seguirá colgada ata ó día 31 deste mes de xullo.

Unha exposición que nos permite ver a evolución na carteleria da feira o longo dos 33 anos que ten de historia e onde se mesturan traballos de recoñecidos artistas como Antón Patiño, Arturo Ceide, Modesto Trigo ou Cristian Domeq, con outros menos coñecidos pero que rinden tamén o  seu particular tributo o tradicional evento.

Imagen

O viño “Ladeira da Mata” protagonista da próxima presentación no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

presentacion

No Centro do Viño da Ribeira Sacra preséntase este xoves día 18 o viño “Ladeira da Mata”  elaborado pola adega S.A.T. ALFER.  Pertence a Subzona Quiroga – Bibey  e está situada na parroquia de Cesures no concello ourensá de Manzaneda.

O acto, aberto o público, terá lugar as 20:00 horas e da presentación encargarase o propio adegueiro, Fernando Álvarez Fernández . Haberá tamén degustación.

É unha boa oportunidade para coñecer un viño que se elabora nunha adega con máis de 150 anos de historia e que recolle uvas mencia das 10 hectáreas de viña que esta adega posue nos bancais do río Bibei. Cepas, moitas delas centenarias, que con grande esforzo recuperan os actuais propietarios. Viñedos situados en cotas que van dos 400 os 700 metros de altitude, fronte a Ponte do Bibei, nas  Terras deTrives. Viñedo de montaña nas “Terras do Mario de Langullo”, o último maqui que sobreviviu ós avatares da vida guerrilleira consguindo marchar a Francia no ano 1967. Unha zona da Denominación de Oirxe Ribeira Sacra  pouco coñecida pero con viños de moi alta calidade.

S.A.T. Alfer forma parte dun proxecto de dinamización rural, no que se engloba adega e viñas,  plantacións forestais e unha cabana de vacas e ovellas  con cuio leite elaboran queixo de xeito artesanal.

Forma parte da Asociación de Elaboradores de Productos de Excelencia de Galicia e o Norte de Portugal  cuia creación impulsou o Eixo Atlántico o amparo dun proxecto europeo, enfocado á promoción e posta en valor de pequenos productores  que traballan de maneira  tradicional e cunha calidade excepcional.  Demostraránnolo  na presentación deste xoves.

Prolóngase 10 días máis  a exposición de Carteleria da Feira do Viño de Amandi.

A exposición de Carteleria da Feira do Viño de Amandi  que se pode ver como  exposición temporal no Centro do Viño da Ribeira Sacra, poderase visitar ata ó día 31 de xullo, prolongándose deste xeito  a exposición 10 días máis do previsto inicialmente.

Unha  exposición que está chamando atención de numerosas persoas e que nos  permite ver a evolución na carteleria da feira  o longo dos 33 anos que ten de historia e onde se mesturan traballos de recoñecidos artistas como Antón Patiño, Arturo Ceide, Modesto Trigo ou Cristian Domeq, con outros menos coñecidos pero que rinden tamén o seu particular tributo o tradicional evento.

O románico e o sector vitícola centran o interese dos visitantes que se achegan o Centro do Viño da Ribeira Sacra.

605  persoas  pasaron  no mes de xuño pola oficina de turismo do Centro do Viño a pedir    información sobre lugares de interese a visitar por Monforte e resto da Ribeira Sacra. 229  aproveitaron para visitar o museo do propio centro.

Comenzamos o mes de xuño coa maior parte dos visitantes de orixe  estranxeira, sobre todo franceses, americanos e ingleses pero tamén de Holanda, Alemania, Bélgica,Irlanda, Portugal, México e Uruguay. A medida que foi avanzando o mes,  incrementouse o número de visitantes nacionais procentes sobre todo de Madrid e Barcelona.

A provincia de Pontevedra é a orixe  da maior parte da xente galega que se achegou a pedir      información pola oficina de turismo, 100 persoas. 78 de Lugo e 53 de A Coruña.

A estancia media é de 1 ou  2 días.

Respecto o turista nacional, Monforte segue sendo sobre todo lugar de paso  hacia

Santiago, Rías Altas e Rías Baixas. A estadía media dos que se hospedan na zona é de3 – 4 días. A maioria de quenes pasaron polo Centro do Viño no mes de xuño hospedáronse no Parador de San Vicente, no de Santo Estevo ou  no Balneario.

Veñen atraídos pola paisaxe, con moito interese polo románico, e polo sector  vitícola. Todos saen da oficina de turismo sorprendidos de que teñamos na zona tantos  recursos turísticos que visitar.

Cabe sinalar tamén o interese amosado por moitos  residentes  que se achegan a oficina a pedir información  para  a familia que os visitará no verán.