Centos de persoas viron as exhibicións artesáns que este verán se organizaron no Centro do Viño de Monforte. A iniciativa achegou ata Monforte artesáns da madeira, do téxtil, oleiría e cesteiros que traballaron en directo para o numeroso público que pasou polo Centro.

Centos de persoas pasaron polo Claustro do Centro do viño  para asistir ás demostracións de artesáns que se estiveron desenvolvendo nas mañás dos sábados do mes de agosto e no último de xullo.  A iniciativa foi unha colaboración entre o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), organismo dependente da Deputación, a Asociación Profesional de Artesáns Terras de Lemos, e Rutas Sacras, empresa concesionaria do servizo no Centro do Viño.

A iniciativa serviu para dar a coñecer o traballo dos artesáns da provincia. Os profesionais escollidos amosaron a súa destreza con diferentes materiais como tea, madeira, oleiría e cestería. As Cesteiras María Belén Rodriguez e María Otero foron as encargadas de  inagurar “Os Sábados  Artesans” o día 27 de xullo.

ImagenImagen

O programa de exhibicións amosou as técnicas e os produtos dos diferentes tipos de artesanía que se poden atopar ó longo de toda a provincia, incluíndo a Ribeira Sacra, polo que algúns dos artesáns eran desta zona. O día 3 de agosto as demostracións estiveron a cargo dos oleiros Elías Prieto e Tomás López.

Imagen

Imagen

O día 10 de agosto foi a madeira a protagonista e de tallala encargáronse Mónica Rodriguez e Marcos Ladra.

ImagenImagen

A derradeira xornada estivo dedicada ós artesáns do téxtil. As invitadas foron Pilar Rodríguez, Mª Dolores López, e Susana Ares. As tres de Monforte e que fixeron en directo diferentes traballos como panos, broches e bonecas, entre outros.

ImagenImagenImagen

A Asociación Profesional de Artesáns Terras de Lemos valora moi positivamente a colaboración e agarda poder repetir nun futuro con novas iniciativas que poñan en valor o traballo dos artesáns.

Imagen

Dende o Centro do Viño agradecemos a colaboración da Deputación Provincial de Lugo, dos artesans  e do concello de Monforte para sacar adiante esta iniciatia. Especialmente agradecidos o público que se achegou a velas distintas demostracións feitas. Agardamos repetir experiencia.

Anuncios

A adega “Pena das Donas” aposta pola variedade mencía para elaborar “Verdes Matas”

O Centro do Viño da Ribeira Sacra  presenta este xoves día 29 de agosto  a partir das 20:00 horas, o viño “Verdes Matas”.

Da presentación encargaráse Antonio Lombardia, un dos responsables da adega “Pena das Donas”, que elabora este viño, xunto con Jesús Vázquez. Esta adega está situada na parroquia de Pombeiro, no concello de Pantón e pertencente a subzona de Ribeiras de Miño, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Conta cunhas instalacións de recente construción e dotadas coa última tecnoloxía para a elaboración e embotellamento do viño.  Proceden as uvas de viñas situadas en antigos bancais  na zona de Cabreira e Retrotoiro, nas ribeiras do Sil onde os monxes ergueron o mosteiro de San Vicente de Pombeiro no século XII . Xa antes existía no lugar gran tradición vitícola, tradición recuperada agora por esta adega. 

En “Pena das Donas” apostan pola variedade mencía para elaborar “Verdes Matas”  e polo godello para o viño “Almalarga” . Niste caso, este xoves  día 29, a partir das 20:00 horas  presentamos o viño tinto das terras de Amandi de POMBEIRO.

O obxetivo prioritario da adega é acadar unha maior calidade na orixe buscando un caldo de alta expresión, é por elo que tras colleitalos acios pasan por unha mesa de selección evitando a entrada de todos aqueles elementos que teñan fermentacións non desexadas.  Da elaboración e dos resultados falarán os adegueiros este xoves no acto de presentación aberto a todolos que esten interesados. 

Imagen

Relación de viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra premiados na Cata de Aosta

Noticias
PREMIADOS 21º CONCURSO INTERNACIONAL VINOS DE MONTAÑA (CERVIM) (23-08-2013)
Celebrado en Julio en Aosta (Italia)
Han sido publicados los re sultados de l concurso que tuvo lugar e l
pasado m e s de Julio e n la localidad italiana de Aosta.
A dicho ce rtam e n la D.O . R ibe ira Sacra pre se ntó un total de 62
m ue stras, 51 m ue stras corre spondían a vino tinto y 11 m ue stras a vino
blanco.
PREMIO ESPECIA L CERVIM 2013: REGINA VIA RUM S.L.
Este prem io se otorga a la bode ga de cada país que obtie ne e l m e jor
re sultado, calculado de la sum a de las puntuacione s m ás altas re fe ridas
a 3 vinos inscritos e n 3 cate gorías dife re nte s.
PREMIO EXCELENCIA CERVIM 2013: “VEL´UVEYRA ” MENCÍA 2011 de la
bodega RONSEL DO SIL S.L.
Este prem io e spe cial se otorga al vino que obtie ne e l m e jor re sultado,
por cada país que haya inscrito por lo m e nos 8 bode gas e n e l C oncurso.
Para España optaban a e ste prem io las D.O . C anarias, Priorat, Asturias y R ibe ira Sacra.
Puntuacione s: Se gún e l artículo 9 de las base s de l C oncurso :
“C ada vino inscrito e n e l C oncurso se rá e valuado por una com isión. Los vinos se le ccionados re cibirán:
– Me dalla de Plata: de 85 hasta 90 puntos;
– Me dalla de O ro: de 90,01 hasta 94 puntos;
– Gran Me dalla de O ro: de 94,01 hasta 100 puntos.”
*CA TEGORÍA DE VINOS BLA NCOS TRA NQUILOS
MEDALLA DE O R O :
“VIÑA VELLA” 2012 de la bode ga S.A.T. Virx e n dos R em e dios
MEDALLA DE PLATA:
“ALMALAR GA” 2012 gode llo barrica de la bode ga Pe na das Donas S.L.
“C O NDADO DE SEQ UEIR AS” 2012 de la bode ga Grupo Pe ago S.L.
“ABADIA DA C O VA” albariño 2012 de la bode ga Ade gas Moure S.A.
“ABADIA DA C O VA” albariño 2011 de la bode ga Ade gas Moure S.A.
“R EGINA VIAR UM” gode llo 2012 de la bode ga R e gina Viarum S.L.
*CA TEGORÍA DE VINOS TINTOS TRA NQUILOS DE LA S VENDIMIA S 2012 Y 2011
MEDALLA DE O R O :
“VEL´UVEYR A” m e ncía 2011 de la bode ga R onse l do Sil S.L.
“ABADIA DA C O VA” m e ncía barrica 2011 de la bode ga Ade gas Moure S.A.
“VIÑA R EGUEIR AL” m e ncía 2012 de la bode ga José Ignacio R odrigue z Pé re z
“TO ALDE” m e ncía 2012 de la bode ga R obe rto R e gal Lópe z
“ADEGA VELLA” m e ncía 2012 de la bode ga Jorge Fe ijoo Gonzále z
“R EC TO R AL DE AMANDI” m e ncía 2012 de Bode gas R e ctoral de Am andi S.A.U.
“PEZA DO R EI” m e ncía 2012 de la bode ga Ade ga C achín S.C .
“SO LLIO ” m e ncía 2012 de la bode ga Victorino Álvare z R odrigue z
“DO MINIO DE SANXIAO ” m e ncía 2012 de la bode ga Manue l Fe rnánde z R odrigue z
“VER DES MATAS” m e ncía 2012 de la bode ga Pe na das Donas S.L.
“TER R AS MO UR AS” m e ncía 2012 de la bode ga Max im ino Lópe z Vázque z
MEDALLA DE PLATA:
“DO N BER NAR DINO ” m e ncía 2012 de la bode ga Don Be rnardino S.L.
“C IVIDADE” m e ncía 2012 de la bode ga José R am ón Ve rao Pé re z
“C R UC EIR O ” m e ncía 2012 de la bode ga R am ón Marcos Fe rnánde z
“DIMINIO DE SANXIAO ” m e ncía 2011 de la bode ga Manue l Fe rnánde z R odrigue z
“R EGINA VIAR UM” m e ncía e cológico barrica 2011 de la bode ga R e gina Viarum S.L.
“SABATELIUS” m e ncía 2012 de la bode ga Ade ga e Viñe dos Lare u S.L.
“SO MBR ER O ” m e ncía barrica 2011 de la bode ga Nova Toural S.L.
“VIÑA MEZQ UITA” m e ncía 2012 de la bode ga José Manue l Vidal Lópe z
“VIÑA VELLA” m e ncía 2012 de la bode ga S.A.T. Virx e n dos R em e dios
“VIÑA C AZO GA” m e ncía 2012 de la bode ga Jorge Enrique C arne ro Fiuza
*CA TEGORÍA DE VINOS TINTOS TRA NQUILOS DE LA S VENDIMIA S 2010 Y A NTERIORES
MEDALLA DE O R O :
“DO N BER NAR DINO ” se le cción e spe cial barrica 2010 de la bode ga Don Be rnardino S.L.
“R EGINA EXPR ESIÓ N” m e ncía 2010 de la bode ga R e gina Viarum S.L.Imagen

Tres artesáns do téxtil pechan “Os sábados Artesans” do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

O obradorio de téxtil que se desenvolverá este sábado no Claustro do Centro do Viño da Ribeira pecha o programa dos “Sabados Artesáns” que se estiveron desenvolvendo neste centro dende a última fin de semana de xullo.

Dende as 11 da maña e ata as 2 da tarde, as artesáns Susana Ares, Pilar Rodriguez, e Loli López, ensinarán ó  público que se achegue a velas, como se realiza costura creativa, como se prensa e se traballa a lá e como se pinta en seda.  As tres artesáns son de Monforte e forman  parte da Asociación de Artesáns Terra de Lemos.

Abrimos os “Sábados Artesans” o día 27 de xullo  con obradoiro de Cesteria,do que se encargaron Belén Rodriguez e María  Otero. O día 3 de agosto foi a oleiria de Gundivós a protagonista con Elías Prieto e Tomás López. O pasado día 10 as demostracións foron de talla de madeira con Mónica Rodriguez e Marcos Ladra  e pechamos este sábado  día 24 de agosto co obradoiro de textil.

Con esta iniciativa, que agardamos repetir, dende a empresa xestora do Centro do Viño, “Rutas Sacras”, queríamos poñer en valor o traballo artesán e o propio espazo no que se desenvolveu a actividade, o “patio” do Centro do Viño.  A actividade foi posible grazas a financiación da Deputación Provincial através do Centro de Artesanía e Deseño e a colaboración do Concello de Monforte.

 Imagen

Viticultura minimalista con criterios de preservación do terreo é a que se practica para elaborar “Toalde” un viño que presentamos este xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá este xoves día 22 de agosto a presentación do viño  “Toalde”. Será na tenda do Centro a partir das 20:00 horas.

Da presentación encargarase Roberto Regal López, enólogo e   responsable da adega. Presentará un viño elaborado con uva 100% mecía recolleitada  na hectárea de viñedo propio do que dispón a adega en Mourelos, no concello de O Saviñao, na subzona de Ribeiras do Miño, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. 

Trátase de un viño de 13 graos elaborado con criterios de preservación do terreo e agricultura sostible. Un viño de autor  que presenta o adegueiro con estética deseñada por Roberto Novo e que pretende transmitir na botella sinxeleza, naturalidade e minimalismo.

Roberto Regal, responsable da elaboración deste viño, é natural de Chantada e pertence a nova  xeración de viticultores da Ribeira Sacra. De familia con longa traxectoria vitícola, él mesmo leva máis de 10 anos adicado o mundo da viticultura e a enoloxía. Dende fai máis de un ano puxo en marcha un proxecto propio sacando o mercado  o viño  “Toalde”. Aposta pola calidade máis que pola cantidade e por elo a produción anual desta marca é de 3.000 botellas.  

Un viño tinto, xove, con “T” de terruño,  que poderán degustar este xoves, día 22, na tenda do Centro do Viño a partir das 20:00 horas, quenes se acheguen o centro.  

 Imagen

Vascos e catalans principais visitantes da Ribeira Sacra nos primeiros quince días de Agosto.

Na primeira quincena de agosto pasaron pola oficina de turismo do concello de  Monforte máis de 1.600 persoas. Poucos menos que tódolos recibidos no mes de xullo que foran entorno os 1800.

 Achéganse pedindo información sobre os lugares de interese a visitar na cidade e no resto da Ribeira Sacra.  A estancia media da maior parte dos turistas que recibimos  está entre unha semana e os quince días.  En relación os dous meses anteriores, incrementouse o número dos que veñen  e teñen casa propia ou  pasan as vacacions con  familiares.  Incrementouse tamén o número de turistas que veñen en autocaravana,  utilizaron este medio entorno a 150 persoas e un  4% eran Fraceses e Belgas.

137 persoas estiveron aloxadas nalgunha das casas de turismo rural que hai na Ribeira Sacra. 110 viñeron  pedir información despois de aloxarse nos paradores, sobre todo  chega xente procedente do de  Monforte pero tamén do Parador de Santo Estevo. 40 persoas manifestaron estar aloxadas no Balneario de Augas Santas en Pantón, 6 no Hotel de Luxo Palacio de Sober e 108 en hoteles monfortinos.

Entorno as 300 persoas achegáronse a  oficina de turismo  pedindo información para pasalo día en Monforte camiño a outros lugares de Galicia, sobre todo Santiago, Coruña, Ourense e Vigo pero tamén hacia a Mariña .

O resto das persoas que pasaron pola oficina de turismo no Centro do Viño nestes 15 días de agosto, disfrutan das vacacions en Monforte ou comarca en casa de  familiares ou  teñen casa propia e veñen todolos anos. 

Pasaron nesta quincena sobre todo  xente de  Cataluña, do País Vasco e Andalucia, e en menor medida,de Madrid,  Extremadura, Cantabria, Asturias,Aragón, e comunidade Valenciana. Con repespecto os dous meses anteriores, reduciouse o número de visitantes procedentes das provincias galegas. Pola contra, incrementouse o número de Ingleses e Franceses, e tivemos tamén turistas Holandeses , Belgas , Suizos e Americanos, tanto de países do sur como de norte América.

Preguntan sobre todo  polas viaxes en Catamarán, pero tamén veñen atraídos polo románico da Ribeira Sacra, pola paisaxe e pola propia Denominación de Orixe vitícola. Son tamén moitos os que preguntan por rutas de sendeirismo.

Nestes 15 días que levamos de agosto, visitaron ó museo 205  persoas.Imagen