Facilitar un mellor coñecemento das variedade que temos na Denominación de Orixe Ribeira Sacra é o obxetivo da cata de uvas que temos este xoves.

No Centro do Viño da Ribeira Sacra preparamos unha cata  de uvas para coñecer algo máis  sobre as características  das distintas variedades  que temos nesta Denominación de Orixe.

A cata estará dirixida polo enólogo Julio Ponce e desenvolverase  este xoves día 26 de setembro  no salón de actos do Centro a partir das 20:00 horas. A inscripción é gratuita e o prazo para anotarse remata este mércores. 

As uvas que se van a catar son:

Uvas brancas: Alvariño, Dona Branca, Godello, Loureira, Torrontés e Treixadura.

 Uvas tintas: Mencía, Brencellao, Merenzao, Caiño Tinto, Garnacha Tintoreira, Mouratón, Sousón e Tempranillo.

Teremos tamén algunha variedade foránea para establecer comparacións.

No acto explicarase como se realizan os controis de maduración, como diferenciar unha variedade de outra, que aporta cada unha delas o producto final, como se seleccionan en función do  tipo de viño que se vaia a elaborar, mesmo cal é a composición da uva ou que diferencia  unha uva de mesa da que utilizamos para facer viño.  

Trátase de ofertar  os interesados información básica sobre un dos principais recursos da zona e orixe dunha importante fonte de ingresos para moitas familias. 

Imagen

Anuncios

ADEGAS MOURE SEGUE APOSTANDO POLA INNOVACION CON “ANA LONDON DRY GIN” Con esta Xenebra Premium homenaxean a Ana Vázquez, a esposa do fundador da adega, José Moure.

 O Centro do Viño da Ribeira Sacra  acolle este xoves o  acto de presentación da  xenebra Ana. O novo producto que sacou  o mercado  Adegas Moure.  Trátase de unha xenebra Premium  elaborada seguindo o proceso de doble destilación  coñecido como London. Para o proceso de  fabricación seleccionan o alcohol base  en Inglaterra  e na destileria de Adegas Moure realizan o ensamblaxe e a aromatización  para obter o resultado final.   

Ana London Dry Gin, súmase os viños, licores e augardentes que comercializa Abadía da Cova  dende 1958. Con esta  xenebra, dende Adegas Moure, queren homenaxear a  matriarca da familia, Ana Vázquez, e a través dela  o  resto das mulleres galegas.                          

 Un dos responsables da adega promotora, de Adegas Moure,  Xosé Manuel Moure, será o encargado de presentarnos  esta exitosa elaboración froito de varios anos de traballos e investigacións promovidas por esta pioneira e a vez  innovadora adega da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

 A presentación  será este xoves día 19 de setembro  a partir das 19:30 e farase  no Claustro do Centro do Viño.  Ofertaranse  degustacións de varios cócteles que terán como base principal a citada xenebra. 

Imagen

 O prezo da degustación será de 1,50 €  e poderanse mercar tíkets para tres degustacións por 4€. A primeira degustación será gratuita. De elaborar os cócteles, encargarase  o recoñecido barista Damián Seijas, Campión Nacional e participante no Campionato Mundial  celebrado recentemente en Niza.  Preparará para a ocasión 1 Gin Fizz,  2 Gintonic e 1 Sorbete de Xenebra.

 Contaremos con animación musical e o acto servirá como colofón  da ampla axenda de actividades que estivemos desenvolvendo o longo de este verán e para dar  por iniciada   a nova tempada. De feito vimos de estrear o horario de inverno. O  Centro do Viño permanece aberto de 10 a 14 horas polas mañas e de 16:30 a 20:00 horas polas tardes. As visitas guiadas o Espazo Museístico son as 11:30, 12:30 , 17:00 e 18:30.

 

 

 

 

Diversificar produción para ampliar mercado é a filosofía da adega Don Ramón que presenta este xoves no Centro os tres viños que elabora.

O centro do viño da Ribeira Sacra  prepara para este xoves a presentación  dos viños da Adega Don Ramón. Será este xoves día 12 de setembro as  20:00 horas na vinoteca do propio Centro.

Da presentación  encargaranse o adegueiro, José Ramón Casanova Aira  e o enólogo da adega Julio Ponce.

A adega Don Ramón pertencente a Subzona Quiroga Bibei  e parte dunha longa tradición vitícola  familiar. Antigamente elaboraban o viño nunha das adegas do Conxunto Etnográfico de Vilachá de Salvadur pero o incorporarse a Denominación  de Orixe Ribeira Sacra  crearon unha moderna instalación de vinificación e embotellado no lugar de Rubín, na parroquia de Rozabales do concello de Monforte. 

As uvas que vitifica son de produción propia en viñas que a adega posue no Concello de Pobra do Brollón, nas riberias do Val do Frade.

Co nome da adega saen o mercado tres viños diferentes, un Mencía xove, un Albariño e un tinto de barrica.  

Imagen

Elaboran entorno as  20 mil botellas de viño Mencía, unhas 4.000 botellas de branco da variedade Alvariño, e seleccionando  as mellores uvas das cepas máis  vellas, tras envellecer 10 meses en barrica nova de carballo francés, sacan o mercado unas 2.500 botellas de viño de garda.  Dos tres  viños  falarán no acto deste xoves, aberto o público e que inclue degustación dos mesmos.  

Noutro orde de cousas, lembrar que segue aberto o prazo para que se inscriban quenes esten interesados en participar da cata de uvas que se vai desenvolver no centro do viño  próximamente. O obxetivo é ampliar coñecementos sobre as principais características das distintas variedades que teñen as uvas que se colleitan na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.  A inscripción está aberta no Centro do Viño ou no teléfono 982 105 303.

– Unhas 3.300 persoas pasaron pola oficina de turismo do concello de Monforte durante o mes de agosto.

  Un 80% das persoas que pasan pola oficina de turismo do Concello de Monforte, ubicada no Centro do Viño,  achéganse a visitala  Ribeira Sacra  atraídas polos Cañons do Sil e interesadas no Románico pero descoñecendo  todalas  potencialidades turísticas que temos por estas terras. É a principal conclusión a que chega  o persoal que atende a citada oficina unha vez rematado o mes de agosto. Un mes no que foron atendidas 3.256 persoas.   

  Moitos son os que veñen coa idea de que a ruta do románico é unha ruta de sendeirismo e sorpréndese de que neste espazo xeográfico teñamos tantos lugares de interese  que fan preciso dispor de varios días para coñecelos todos.  Por ese descoñecemento seguen sendo moitos os que veñen de paso preguntando como pasalo día. Respecto os que veñen con aloxamento, a estadía  media  se situa entre 3 e 4  días.  Esto na segunda quincena porque na primeira  a estancia  foi maior oscilando entre a semana e os quince días.

  Na primeira quincena visitounos sobre todo  xente que tiña familiares en Monforte e comarca e houbo días nos que se atenderon a máis de 200 persoas.  Na segunda quincena recuperamos visitantes que non tiñan ninguna relación coa zona, que viñeron para descubrir  novos lugares, atraídos pola Denominación de Orixe Vitícola ou porque souberon da Ribeira Sacra nalgunha feira de turismo, ou por coñecidos que xa visitaran a zona.

  No mes de  agosto pasaron pola  Ribeira Sacra sobre todo xente do País Vasco, de Cataluña,Madrid, Andalucia, Murcia, Comunidade Valenciana, Aragón e Extremadura.  Respecto o turismo extranxeiro, sobre todo franceses e ingleses pero tamén Alemans, Holandeses, Belgas, Irlandeses e mesmo Australianos, tamén americanos.

  Son precisamente os extranxeiros os que máis utilizan a autocaravana para os seus desplazamentos e entorno as 200 persoas das que pasaron pola oficina de turismo, utilizaron este método.  

   Os Paradores de Turismo, tanto o de Monforte como o de Santo Estevo, xunto co Balneario de Augas Santas, son os lugares preferidos polos turistas para aloxarse. Na segunda quincena incrementouse o número de aloxados en casas de turismo rural.  

 Imagen

   No Centro do Viño da Ribeira Sacra  ademais da oficina de turismo, atópase o Espazo Museístico que visitaron en agosto 353 persoas, (865 dende o pasado mes de xuño) e tamén a vinoteca que serve de exposición e venta para os viños da Denominación de Orixe. 

   Nos tres meses que a empresa “Rutas Sacras” leva xestionado este Centro, vendéronse na tenda unhas 4.000  botellas de viño, 2.545 foron vendidas no mes de agosto. 321 licores elaborados por adegas da Ribeira Sacra, 233 no último mes. 104 productos de “merchandising” do  Consorcio  Turístico e 119  artigos de outros  productos típicos da zona. 

 Imagen

No Centro do Viño seguimos promocionando viños da Denominación de Orixen Ribeira Sacra. Este xoves día 5 de setembro presentamos “Viña Vella”

“Viña Vella” é o único  branco da Ribeira Sacra medalla de ouro na 21 edición do Concurso Internacional de Viños de Montaña celebrado en Aosta (Italia), organizado polo Cervim.

Da presentación encargarase o adegueiro Juan Carlos Varela Aguiar e o enólogo da adega Julio Ponce. 

 “Viña Vella” está elaborado na adega S.A.T. Virxen dos Remedios, situada en Diomondi, no concello do Saviñao. Pertence a subzona de Ribeiras do Miño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.  Posue 4 hectáreas de viñedo repartidas en pequenas parcelas, en bancais de elevada pendente que fai obrigatorio o cultivo manual.

O viño que nos presentan este xoves, a partir das 20:00 horas na vinoteca  do Centro do Viño é un  blanco  plurivarietal ( un  60% de Godello, un 20% Albariño e un 20% de Treixadura).

Lembra, este xoves día 5 de setembro a partir das 20:00 horas presentamos “Viña Vella”!

Imagen