Entrega de premios do Taller de fotografía: Vendimas na Ribeira Sacra

Este xoves día 31 de Outubro de 2013  ás 20:00 horas, no Centro do Viño, daremos a coñecer o fallo do concurso do taller de  fotografía “Vendimas na Ribeira Sacra”.  O taller desenvolveuse en duas xornadas. O sábado día 5 de outubro polas Ribeiras do Sil  e  o día 12 polas do Miño. 

Plantexouse a actividade entre a Ruta do Viño da Ribeira Sacra e o Centro do Viño, co fin de poñer en valor o traballo da vendima. Da actividade participaron 14 persoas que estiveron dirixidas na primeira xornada polo fotógrafo Manuel Valcárcel (Piro) e na segunda por Nacho Gómez.

 Ademais de fallar o concurso e entregalos premios os gañadores, inauguramos unha exposición  de fotografías da Ribeira Sacra do fotógrafo Nacho Gómez. Son fotografías que pertencen os fondos do propio Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra  e que permanecerán expostas no Centro do Viño ata o día 15 de novembro. A exposición fotográfica poderá ser visitada de 10 a 14 horas polas mañas e de 16:30 a 20:00 horas polas tardes.

 

Anuncios

Este xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra presentamos o Mencía Peza do Rei

   No Centro do Viño da Ribeira Sacra presentamos este xoves día 24, a partir das 20 Horas, o viño Peza do Rei. Da presentación encargaráse o adegueiro César Enríquez que estará acompañado do enólogo  Julio Ponce.

    O viño “Peza do Rei” está elaborado por Adega Cachín. Unha adega situada no lugar de Abeleda, no concello de A Teixeira, pertencente a Subzona de Ribeiras do Sil da D.O. Ribeira Sacra. 

  Adega Cachín é unha adega familiar  fundada en 1992  e con capacidade para elaborar ata  50 mil  litros de viño.  Co nome de “Peza do Rei” comercializa tinto, branco e viño de garda.

 Cultiva 8 hectáreas de viñedos en ladeiras das que xa na Idade Media saían uvas coas que se satisfacían os “diezmos” que reclamaban os Reis de Castela.  Viñas nas que colleita sobretodo  Mencía  e Godello pero tamén  outras variedades autóctonas como Caiño e Merenzao.

   “Peza do Rei” é un viño premiado e recoñecido tanto a nivel nacional como internacional. A comenzos deste mes de Outubro foi o viño elexido para servir na Cea de Gala da Hispanidade que anualmente se celebra en Washington e da que participa o  máis selecto da sociedade americana incluido o presidente da Nación, así que este ano, entre quenes tiveron ocasión de degustar Peza do Rei, estivo  Barack Obama e a súa dona  Michel.  Esta Gala é un  dos acontecementos sociais  máis importantes  de cantos se celebran na capital de EEUU  e foi a primeira vez que na mesma  se serviu un viño tinto galego. Un bó lugar  para promocionar a ADEGA elaboradora  pero tamén o resto da Denominación de Orixe.

 Este xoves a partir das 20 horas  no Centro do Viño da Ribeira Sacra, contaránnos adegueiro e enólogo  como é o viño elexido para tan relevante cita americana e  teremos  tamén ocasión de degustalo.

 ImagenImagen

 

ADEGA DO MOLLÓN PRESENTA ESTE XOVES DÍA 17 DE OUTUBRO, NO CENTRO DO VIÑO O TINTO “POMBARES”

O Centro do Viño da Ribeira Sacra  acolle este xoves día 17 de outubro a presentación do viño  “Pombares”.  O acto será as 20:00 horas.  Da presentación encargaráse  o adegueiro Antonio Calleja Lameiras responsable de “ ADEGA do MOLLÓN”  na que se elabora  o citado  viño.

Esta   ADEGA creóuse en 1999 e está situada na parroquia de Viñoás, no concello de Nogueira de Ramuín, na provincia de Ourense. Pertence a Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a Subzona de Ribeiras do Sil.

Adega do Mollón, posue  catro hectáreas de viñas das cales 2,5  están en plena produción. As viñas estan situadas nas ladeiras do Río Sil e nelas cultivan Mencía, Garnacha e Tempranillo para a produción de viño tinto e Godello, Treixadura e Alvariño para o blanco. 

A produción da ADEGA está orientada a viños xóvenes  ainda que nunca embotellan as elaboracións antes dos  6 ou  9 meses, segundo sexa blanco ou tinto, buscando asentamento e equilibrio no producto final e despois de ser sometidas as uvas  a un proceso de fermentación controlada  para poder extraer todalas propiedades aromáticas da froita.

O resultado é un viño de autor aromático, suave e  afroitado.

Ademais  de viño blanco e tinto, que comercializan co nome de POMBARES, esta ADEGA  vende tamén, coa mesma marca comercial,  augardente, licor  café e licor de herbas. 

O  viño mencía que Adega do Mollón  nos presenta este xoves as 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño  é  un viño de autor elaborado fundamentalmente  con uvas da variedade Mencía producidas en viñedos propios e ten acadado varios premios.  

O acto de presentación está aberto o público. A todos aqueles que desexen seguir coñecendo os  viños que elaboran as adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Este é o obxetivo que se marcou con esta actividade a empresa xestora do Centro do Viño, Rutas Sacras. Comenzáronse a facer presentacións o día  4 de xullo  e despois de telas suspendido nas últimas tres semanas por mor das vendimas  recuperámolas estes xoves coa presentación de POMBARES.

Imagen

Ata o de agora temos presentado nove viños de todalas  Subzonas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra  e a xenebra Ana.

 

Rematado o taller de fotografia sobre as vendimas na Ribeira Sacra.

Valoración moi  positiva  a que nos deixan os participantes do  taller de fotografía que sobre as vendimas na Ribeira Sacra se desenvolveu os días 5 e 12 de outubro. 

O día 5 os participantes, acompañados do fotógrafo Nacho Gómez,  recolleron imaxes  nas Ribeiras do Sil. O día 12, dirixidos por Manuel Valcárcel, fixeron fotografías polas Ribeiras do Miño.  

ImagenImagenImagenImagen 

O obxetivo da iniciativa  é poñer en valor o traballo que viticultores e adegueiros realizan estes días polas ribeiras. Recóllen o resultado do esforzo de todo un ano de traballo e dende aquí desexámoslle unha moi boa colleita.Imagen

 

Todolos participantes do taller demostraron ser grandes profesionais polo que o xurado vaino ter complicado para seleccionar as mellores fotos. O faio do concurso darémolo a coñecer nos próximos días.  Forman parte do xurado os dous fotógrafos que  dirixiron o taller, un representante da Ruta do Viño da Ribeira Sacra e outro da empresa Rutas Sacras Nomar Ute,  xestora do Centro do Viño de Monforte.  Iremos informando e grazas a todolos que fixeron posible que puidéramos desenvolver este taller. GRAZAS!

 

Seguimos ensinando fotos dos participantes no taller de fotografía: “Vendimas na Ribeira Sacra”.

Este sábado segunda xornada do “Taller de fotografía: Vendimas na Ribeira Sacra”.  Ata este venres día 11 está aberto o prazo de inscripción.  A actividade estará dirixida polo fotógrafo Manuel Valcárcel, Piro, e desenvolverase polas Ribeiras do Miño, na zona de A Cova, Belesar e ribeiras Chantadinas.  O xantar será na Rectoral de Castillón e visitaremos Adegas Moure ademais de fotografiar vendimas.  Agardando novas fotos, seguimos ensinando as que nos mandan os participantes do taller do sábado pasado. Fotos niste caso de José Camilo López Pérez.

Imagen Imagen

 

ImagenImagenImagen