Seguimos presentando viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra no Centro do Viño.

 Este xoves días 28 de Novembro será  o mencía “Porvide”.  O acto terá lugar na vinoteca do Centro a partir das 20:00 horas.  Da presentación encargarase  o adegueiro Manuel Mondelo Rodríguez.

 O Mencía  “Porvide”  elabórase nunca ADEGA fundada en 1996, ainda que a familia producía viño de xeito tradicional dende moitos anos antes. Pertence a Subzona de Quiroga-Bibei, dentro da Denominación de Orixe Ribeira Sacra  e está situada na  localidade de Bendollo no concello de Quiroga. Posúe dúas hectáreas de viñedo situadas o carón  do río Sil , onde o microclima especial da zona  favorece a maduración e a calidade da uva.  Esta ADEGA conta cun bo número de premios e nos últimos anos diversifica a súa actividade sacando ao mercado un excelente aceite procedente das oliveiras que plantaron na zona.

 Manuel Mondelo Rodríguez  elabora  viño de garda e  branco godello  ademais do mencía PORVIDE que presentamos este xoves día 28 a  partir das 20:00 na vinoteca do Centro do Viño.

 Imagen

Anuncios

A vinoteca do Centro do Viño afiánzase cada vez máis como escaparate do viño da Ribeira Sacra.

Dende que o pasado mes de xuño se fixo cargo da xestión do Centro a empresa Rutas Sacras Nomar  lévanse vendido na tenda 5.900 botellas de viños desta D.O.   

Esta vinoteca é o establecemento que máis  viños  da Ribeira Sacra oferta  o público, a única vinoteca especializada nesta denominación,   tendo ao alcance  do consumidor  136 referencias comerciais. Son viños elaborados por   62  das 91 adegas  que vinificaron en Ribeira Sacra   na última colleita.  A previsión é  ampliar marcas e adegas a medida que estas vaian sacando o viño novo o mercado.

Das 136 marcas que oferta nestes entres a vinoteca,  32  saen referenciadas na última edición da Guía Peñín  con puntuacións que oscilan entre os  90  e os 95 puntos.

Para contribuir a promoción e facilitar que  o público teña un maior  coñecemento dos viños de esta Denominación de Orixe, dende a vinoteca do Centro   organizamos presentacións semanais dos mesmos.  Unha iniciativa que está sendo moi ben acollida polo público xa que se xuntan entre 30 e 40 persoas cada xoves nestes actos. Desenvólvense estas presentacións a partir das 20:00 horas, fora de horario laboral, para facilitar a participación de todolos que estén interesados. Polo de agora  14 adegas aceptaron o convite e levan presentado os seus viños  neste espazo. A inicativa está aberta a outros productos que elaboren adegas de esta Denominación de Orixe e neste sentido foi moi ben acollida, o pasado mes de outubro, a presentación da xenebra “Ana”  de Adegas Moure.

Imagen

No que resta de ano quédannos por presentar os viños “Don Ventura”, será a presentación o xoves día 28, “Viña Cazoga” o 5 de decembro e “Moure tradición” o día 12 .

Noutro orde de cousas, dende esta mesma semana  a páxina web do Centro do Viño ,  www.centrovino-ribeirasacra.com, incorpora tamén un “Catálogo de viños” con todalas referencias que a vinoteca ten a venda e antes do Nadal estará en marcha a tenda  on- line para mercar  estes viños a través da rede.

Unha alta porcentaxe do viño que se vende na vinoteca do Centro do Viño mércano os turistas que visitan a zona polo que dende este establecemento se oferta tamén servizo de envíos gratuítos a calquera punto da península  a  partir de 12 botellas  e combinadas segundo o gusto do cliente.

 Imagen

A viticultura heroica que se practica na Ribeira Sacra acada en Cividade a súa máxima expresión.

    Si hai unha viña na Ribeira Sacra que sexa exemplo de viticultura heróica esa é a que o adegueiro José Ramón Verao Pérez ten na entrada os Cañons do Sil. Esta viña esta situada nunha das zonas máis abruptas da Ribeira Sacra. Unha zona de moi difícil acceso e de moita pendente.  O máis sinxelo é acceder á viña en barca e esta é a fórmula que se utiliza para sacar as uvas na vendima.  Antigamente sacábanas  en cestos, ao lombo, tardando o porteador hora e media en chegar ao lugar de carga máis próximo e tendo que parar en cada viaxe  ata tres veces para descansar.  O lugar chámase Cividade é este é o nome elexido polo adegueiro como marca comercial para os seus viños.

 Imagen

    O Mencía Cividade é  o viño que presentamos este xoves día 21 de novembro na vinoteca do Centro do Viño. O acto será a partir das 20:00 horas  e contará coa participación de representantes da ADEGA para que nos conten algo máis do producto que elaboran e das viñas que traballan noconcello de Sober,  na Subzona de Amandi, da Denominación de Orixen Ribeira Sacra. Unhas 2,5 hectáreas de  viñas nas  que teñen Godello, Mencía, Treixadura, Brancellao e Loureira.

     A  ADEGA de José Ramón Verao Pérez foi fundada en 1991. Ten capacidade para 22.000 litros aínda que na actualidade elaboran 10.300 litros de Mencía e 300 litros de Godello, cun 90% de uva propia e o resto mercada, sempre, polo propio adegueiro o mesmo viticultor.   

    O traballo realizado tanto en viña como en ADEGA  ten a súa recompensa e “Cividade” conta con numerosos premios  recibidos a nivel local, autonómico, nacional e internacional.

    Este xoves día 21 de novembro a partir das 20:00 horas quenes se acheguen o Centro do Viño da Ribeira Sacra terán ocasión de degustalo e coñecer algo máis do mesmo.                                                         

  Imagen

    

ALTA INTENSIDADE AROMÁTICA PARA O PRIMEIRO ALBARIÑO PASADO POR BARRICA QUE SE COMERCIALIZA NA D.O. RIBEIRA SACRA: “PACIO DE DONAS”.

As adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra  seguen  traballando en innovación para facerse un  oco no mercado con  cousas novidosas.  É o caso do viño que presentamos este xoves día 14 de Novembro as 20:00 horas,   no Centro do Viño da Ribeira Sacra.  Un  viño Albariño  fermentado e criado  sobre lías en barrica de carballo francés. É o  primeiro viño de garda  desta  variedade que sáe o mercado nesta denominación.Imagen

 No acto intervirá Ana Gadin, en representación da ADEGA  elaboradora, Atrium Vitis,   e o Sumiller do restaurante A Cabana de A Coruña, Manuel Casal. Estarán acompañados polo enólogo da ADEGA Luis Buitrón.

 A ADEGA Atrium Vitis propónnos “Espertar  Sabores”, cunha  maridaxe entre o Albariño que elabora, Pacio de donas,  e unha variedade de pinchos que eles mesmos seleccionaron para disfrutar  do producto que presentan, un viño  con finas notas de crianza e matices de froitas.

 Imagen

Unha oportunidade única para coñecer de primeira man o traballo  desta ADEGA ubicada en Toucedo, Quiroga,  na subzona de Quiroga –Bibei da D.O. Ribeira Sacra. Creada no 2012 aglutina a tradición familiar   de varias xeracións no cultivo da vide e a elaboración  de viño, profesionalizando técnicas para  conseguir unha maior calidade e conservando a esencia do artesán.

Imagen

 Partindo de variedades de uva branca autóctonas: treixadura, loureira, godello e en maior proporción albariño,  elaboran os viños que estan empezando a comercializar con grande éxito  e que o público interesado poderá degustar  este xoves día 14 as 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño da Ribeira Sacra.