Este xoves día 26 de Decembro non temos presentación de viño, como facemos habitualmente os xoves, no seu lugar organizamos  un curso de cata, dirixido polo sumiller Bruno Lobelle, finalista no Concurso Nariz de Ouro de España 2013.  A cata farase con viños das distintas subzonas que forman a D.O Ribeira Sacra. Explicaránse os princicipios da cata e características dos viños de esta denominación.

O curso desenvolverase no salón de actos do Centro do Viño. Comezará as 20:00 H. e  terá unha duración aproximada as duas horas. 

Image

Anuncios

“Creacións Interiores” no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Unha mostra multidisciplinar que pretende amosar o potencial creativo dunha dúcia de artistas da Ribeira Sacra.

A exposición inagúrase no Centro do Viño este xoves día 19 de Decembro as 20:00 horas  e poderá ser visitada na Galeria do Centro ata ó 16 de Xaneiro.

 “Creacións Interiores” é unha exposición de arte colectiva que ten coma  “lei motiv”  que tódolos artistas e creadores que participan dela  pertencen ou residen na Ribeira Sacra, no “interior profundo” de Galicia   Monforte e os seus arredores  son berce de artistas e creadores de moi diversos ámbitos. Novos valores da cultura contemporánea ou recoñecidos artistas de amplo bagaxe. Esta exposición pretende ser unha pequena mostra do potencial creativo que por aquí temos. 

Un proxecto co que se pretende ensinar as múltiples formas de expresión e distintas  disciplinas artísticas que desenvolven xentes da zona, xente  que coñecemos e coa que convivimos pero da que moitas veces descoñecemos o seu traballo.

Coa finalidade de dalo a coñecer móntase esta exposición na que confluen distintos traballos artísticos no Centro do viño da Ribeira Sacra. Comisariada por Humberto Loureiro, esta mostra vainos amosar a riqueza de formas de expresión que se dan por estas terras.  Diversidade de técnicas,  estilos e disciplinas en base os distintos  autores participantes.  

Non están na mostra tódolos artistas que hai na Ribeira Sacra polo que agardamos seguir organizando exposicións destas características no futuro.  Niste caso a selección ven dada pola proximidade, a amizade ou o traballo en común que  moitos dos participantes realizan, convencidos de que hai que poñer en valor  esta zona como importante centro de creación artística. Un espazo xeográfico ben nutrido de creadores ainda que moitos deles descoñecidos, como poderemos ver nesta exposición que abrimos o público este xoves e da que  participarán:

       -Santiago Cobelo, pintura

       -Pepe Barxa, escultura

       -Sara Alvarez Otero, pintura

       -Miguel Angel Rodríguez, stencil

       -Doa Ocampo, artes gráficas

       -Primitivo Lareu, pintura

       -Gelín MF, pintura

       -Manuel Valcarcel, fotografía

       -Antón Lopo, fotografía

       -Randolfe Vilariño, pintura

       -Humberto Loureiro,pintura

       -Jacobo Hernández, creación sonora

Jacobo coa súa música encargarase de amenizar o acto inagural aberto a todos aqueles que desexen coñecer algo máis das inquedanzas artísticas que se moven pola Ribeira Sacra.

       

Carballiño, Portomarín e Taboada estarán ben ASOLAGADOS este decembro!!!

Coa auga ó pescozo

Pensabades que en decembro non iamos falar máis do documental? Pois se tiñades esta idea estabades ben equivocados. A xira de #Asolagados continúa 🙂 Collede papel e lapis, móbil… ou gravádeo directamente na cabeza:

ASOLAGADOS Proxeccións Decembro

CARBALLIÑO: este próximo venres 13, invitados polo ‘Cineclube Carballiño’, no Auditorio Municipal, por partida dobre: 20:00 e 23:00horas. Os que saian tarde de traballar non teñen escusa, porque ó segundo pase chegan de sobra.. hehe.

– PORTOMARÍN: a próxima fin de semana: sábado 21 de decembro ás 18:30 horas na Casa da Cultura (convidáronnos para presentar o documental dentro das ‘Xornadas sobre a Historia de Galiza’.)

– TABOADA: a última fin de semana do ano, o sábado 28 de decembro ás 18:00 horas no Bar ‘Mario’.

Ver la entrada original 167 palabras más

Este xoves día 12 de Decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra presentamos o Mencía Don Bernardino. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro.

   Trátase dun viño Mencía  elaborado pola  ADEGA de Emilio Rodríguez Díaz en Santa Cruz de Brosmos, Sober, na Subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra.  Unha ADEGA  que apostou pola Denominación de Orixe dende os inicios estreándose no  mercado en 1992 con 2.000 botellas. A antiga edificación de pedra na que se habilitou esta ADEGA, e na que se facía viño dende tempos pretéritos,  foise ampliando  e modernizando  ata  ter capacidade  para  producir    60.000  mil litros de viño.  A modernización e ampliación da ADEGA  foi proceso paralelo o incremento de superficie  cultivada que pasou de media  hectárea a  dez, controlando outras 5 máis  de pequenos viticultores da zona.

   Co  producto que sae de estas viñas, Emilio Rodríguez Díaz comercializa coa marca “Don Bernardino”  mencía, godello  e  viño de  garda que  introduciou  xa no mercado en 1997. Agora estrea  unha  segunda marca  “EL  OTRO”. Elabora tamén  augardentes e licores  que comercializa  co nome de “Docesono”. O traballo realizado é recompensado  con numerosos galardons que recibe, tanto a nivel local como autonómico, nacional e internacional, ano tras ano.

    Esta ADEGA ven de ser noticia recentemente por estrenar nova etiqueta para o viño  de barrica deseñada especialmente  polo pintor Antón Patiño.                    

    Sobre esta e outras curiosidades da ADEGA teremos ocasión de coñecer máis datos na presentación de este xoves a partir das 20:00 H na vinoteca do Centro do Viño.   Acompañarannos  Emilio Rodríguez Díaz e Juan Angel Fernández Martínez.

Image

A OFICINA DE TURISMO DO CONCELLO DE MONFORTE E O ESPAZO MUSEÍSTICO DO CENTRO DO VIÑO LEVAN RECIBIDO EN SEIS MESES PRETO DE 9.400 VISITAS.

A oficina de turismo do concello de Monforte, ubicada no Centro do Viño, atendeu a 7.690 persoas nos seis meses que leva xestionada pola empresa Rutas Sacras Nomar. Esta é a cantidade de xente atendida  entre o 1 de xuño e o 30 de novembro. Cifra a que hai que sumar as 1.692 persoas  que neste tempo se achegaron o Centro para visitar o espazo museístico polo que o  total de visitantes foi de  9.382.

No mes de Xuño atendéronse 605 persoas na oficina de turismo e  324 visitaron o museo. O número de consultas atendidas en Xullo foi de 1.325, máis 216 visitas o museo. Atendéronse en Agosto unas 3.300 persoas as que hai que engadir 356 visitas o museo, espazo que en Setembro recibiu 229 visitantes mentras que pola oficina de turismo pasaron a pedir información 1.050 persoas. En Outubro o número de visitantes  atendidos na oficina de turismo foi de 756 os que hai que engadir 259 que visitaron o museo.

Rutas Sacras Nomar  cumpliu medio ano de xestión no Centro do Viño este pasado mes de novembro, mes no que pasaron pola oficina  de turismo 700 persoas. Unha boa parte delas estiveron aloxadas no Balneario de Aguasantas e no Parador de turismo de San Vicente e en menor medida  nalgunha das casas de turismo rural da zona ou nalgun dos hoteles monfortinos.

ORIXE DOS VISITANTES

Este pasado mes visitaron a Ribeira Sacra  maioritariamente Asturianos, seguidos de Coruñeses e Pontevedreses. Seguen sendo fieis a esta zona os Catalans e os Madrileños  pero o outono foi tamén a  época elexida por Murcianos, Andaluces, Extremeños, Vascos, Cántabros, Navarros, e Rioxanos para coñecer algo máis de estas terras. Pasou xente de Canarias e das Baleares e tamén, ainda que en menor medida, de Soria, Burgos, Valladolid, Salamanca, Ávila, Segovia, Toledo, León, Zamora, Cuenca, Zaragoza e Albacete. Variada procedencia nacional e tamén internacional. A Ribeira Sacra segue recibindo sobre todo  turistas ingleses e franceses pero ata  aquí  chegou  xente de Alemania, Portugal, Holanda, Irlanda, Suiza, Hungría, Rusia, Bélgica, Italia, Estados Unidos, de varios países de América Latina e ata unha parella Australiana.  

O VIÑO, O MELLOR ESCAPARATE DA ZONA

O sector vitícola afiánzase como atracción turística e entre a xente que aquí se achega son cada vez máis os que se amosan interesados en visitar adegas. Os éxitos que o viño de esta Denominación de Orixe está acadando no resto de España, e mesmo no extranxeiro, esperta curiosidade sobre a zona e axuda a dar a coñecela. Nestes intres son a mellor promoción que hai deste espazo xeográfico que aspira a ser  Patrimonio da Humanidade. Un espazo do que o turista destaca e aprecia  a espectacularidade  da paisaxe e a boa gastronomía.

Quenes acuden a oficina de turismo a pedir información sobre a zona valoran de xeito moi  positivo iniciativas como as visitas guíadas polos monumentos románicos ou polo  propio casco bello de Monforte  e consideran primordial, para un bó desenvolvemento turístico deste territorio, que se incremente e desestacionalize este tipo de ofertas.

Na oficina de turismo ofrécese información sobre os monumentos e  lugares de interese para visitar en Monforte e no resto da Ribeira Sacra, información sobre os catamaráns e sobre o románico. Achégase tamén a oficina moita xente interesada en rutas de sendeirismo e constatamos o crecente interese que esperta o Camiño de Inverno, de feito, todolos meses rexistramos o paso dalgun peregrino. O pasado mes de novembro unas 40 persoas se acreditaron como tales.

ESTADÍA.

A excepción do mes de agosto, no que a estadía dos visitantes foi  máis longa, no resto dos meses, máis da metade da xente que por aquí pasa  non para máis de dous ou tres días e son moitos tamén os que de paso cara algunha das grandes ciudades galegas, como Santiago, Coruña, Ourense ou Vigo, adican a zona un só día.

Nos meses de Outubro e Novembro as estadías máis longas, entre 8,10,12 e mesmo 15 días, son as  dos maiores que participan dos programas do Inserso nos que está incluido  o Balneario de Pantón e os do programa de termalismo que ten en marcha a Deputación de Lugo no que se inclue tamén a instalación pantonesa que colabora  na promoción da zona facilitando os clientes que  así o desexen  excursións  para visitar monumentos e outros  lugares de interese.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA RIBEIRA SACRA.

Respecto as casi 1.700 visitas feitas o espazo musealizado do Centro do Viño, 308 foron no mes de novembro que xunto con agosto foron os meses nos que mais visitas recibiu o museo. Un museo con catro visitas guiadas diarias, de martes a domingo, e que non deixa indiferente a ninguén. Preséntase como un Centro de Interpretación da Ribeira Sacra  no que dá a coñecer o que se pode atopar o visitante nos diversos ámbitos que abrangue a zona, a nivel paisaxístico, monumental e vitícola entre outro patrimonio. Un espazo museístico valorado moi positivamente polos visitantes.

Image

A ADEGA VIÑA CAZOGA PRESENTA NO CENTRO DO VIÑO O MENCÍA BARRICA “DON DIEGO”

Este xoves día 5 de Decembro no Centro do Viño da Ribeira Sacra presentamos o viño  “Don Diego”. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro.

Trátase dun Mencía barrica elaborado pola ADEGA  Viña Cazoga na Subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra  Unha ADEGA  centenaria  de carácter familiar situada nunha construcción que data do século XVIII. Os xestores actuais son a cuarta xeración da mesma familia dedicada á produción vitícola.

Imagen

Traballan unhas 4 hectáreas de viñedo nos bancais do  Río Sil, no corazón de Amandi, nun paraxe de difícill acceso e onde o desnivel acada un 70%.  Deste lugar saen as uvas coas que  elaboran uns 7.000  litros de viño, entre Mecía e Godello, que sacan ao mercado co nome da  viña e da adega, “Viña Cazoga” ,a excepción de 900 litros de Mencía barrica que  comercializan co nome de “Don Diego”. Este é  precisamente  o viño que nos vai presentar este xoves o adegueiro Jorge Enrique Carnero Fiuza que estará acompañado polo enólogo da ADEGA, Enrique Pérez  Fernández.

Unha boa ocasión para degustar e coñer algo máis sobre este viño elaborado no concello de Sober  cun 95% de Mencía e completando o 5% restante con Merenzao e Tempranillo.

Imagen

                                                      

  

Para visitar, MONFORTE

Un paseo por….

 Image

Conjunto Monumental de San Vicente del Pino.

Comenzamos nuestra visita en la Torre del Homenaje, la más alta y de las mejores conservadas de Galicia con 30 m de altura y construida entre los siglos XIII y XIV.

En su interior, interesante Museo con la historia de Monforte a lo largo de sus 4 pisos además de parte del legado de Xan de Forcados. Desde lo alto de la Torre, una bonita panorámica del Valle de Lemos.

Al lado de la Torre del Homenaje, se encuentra situado el Monasterio Benedictino de San Vicente  y el Palacio Condal, hoy en día Parador de Turismo.

Horarios de visita:

Sábados, domingos y festivos: de 11.00 a 13.00hrs y de 16.00 a 18.30hrs.

1.55€ por persona

Barrio de ámbito judío. Desde la Torre del Homenaje, descendemos por la antigua ciudad amurallada, en donde se conservan amplios tramos de muralla (S. XIII al XV), varias Torres y tres Puertas de acceso a la villa: Alcazaba, Nova y de la Cárcel Vieja, así como casas que pertenecieron a familias judías como la de los Gaibor.

 Una degustación en…

Image

 

  Centro de Interpretación Ribeira Sacra. Museo del Vino.

Conoce nuestro Patrimonio natural y monumental con una visita guiada al Centro de Interpretación donde también podrá disfrutar de una degustación de un vino acogido a la D. O. Ribeira Sacra.

Horarios de visita:

De martes a domingo: 11.30hrs, 12.30hrs, 17.00hrs y 18.30hrs

2.50€ por persona 

Un momento divino en…

  Image

 Museo de las MM. Clarisas.

Un mecenas, el VII Condes de Lemos, nos dejó como legado importantes piezas de arte sacro reunidas hoy en día en el Museo de las MM. Clarisas. Está considerado uno de los más importantes de España dentro de los conventuales con piezas de artistas como “El Cristo Yacente” de Gregorio Fernández.

Horarios de visita:

De lunes a sábado: visitas guiadas 11.00-12.00- 16.00-17.00.

Domingos y festivos: 12.00-16.00-17.00.

4€ por persona

Un pequeño “Escorial”

Image

 

Colegio de Nuestra Señora de la Antigua.

Conocido como el “Escorial gallego” y habitado actualmente por los PP. Escolapios. Podremos hacer  una hermosa visita guiada a su peculiar escalera monumental, el claustro, iglesia renacentista y a la pinacoteca que alberga importantes cuadros renacentistas, entre ellos dos de Doménikos Theotokópoulos, EL GRECO.

Horarios de visita:

De lunes a sábado: visitas guiadas 12.00 y 16.30hrs

Domingos: 12.00hrs

3€ por persona

Un viaje al pasado por…

 Image

Pazo Molinos de Antero

Curioso Pazo en Monforte de Lemos propiedad de un recaudador de rentas de tabaco y otros impuestos para la Corte, por lo cual conserva un ingenioso sistema de seguridad además de una interesante decoración pictórica de Juan Bernardo Pérez de Castinande.

Horarios de visita:

Todos los días de 11.00 a 13.00 (último acceso a las 12.30hrs) y de 16.30 a 19.00hrs (último acceso a las 18.30hrs)

3€ por persona

Un viaje en tren por… 

 Image

Museo del Ferrocarril

El Museo está situado en las antiguas instalaciones del depóstio de tracción vapor, uno de los más importantes del Norte de España en su época. Las instalaciones del Museo cuentan con una gran colección de locomotoras y vagones en estado operativo, lo que permite su uso en trenes históricos que circulan por la red viaria gallega.

 Horarios de visita:

De lunes a viernes de 10:00 a 14:00 h. y de 15:30 a 19:00 h. Previa reserva telefónica. Viernes tarde cerrado.

3 € por persona

 

 Un Palacio Rural en…

 Image

 Pazo de Tor.

Situado en una elevación que le sirve de mirador sobre el Valle de Lemos en la parroquia de San Xoán de Tor.

Tenemos la posibilidad de conocer una de las más importantes muestras de aquitectua palaciega gallega del S.XVIII.

Salas y dependencias con mobiliario original y colecciones artísticas que la familia fue atesorando con el paso de los siglos, y siendo hoy en día parte de la res Museística Provincial de Lugo.

Horarios de visita:

De martes a domingo: visitas guiadas a las 11:00 -12:30 -16:30 -18:00 h.

Lunes cerrado.