EN MARZO … Comenzan as Festas do Viño!!!!!!!!!!

 

No Centro Interpretación Ribeira Sacra.

Imagen

Coñece o noso patrimonio artístico e natural cunha visita guiada ó Centro de Interpretación onde tamén poderá disfrutar dunha degustación de viño acollido á D.O Ribeira Sacra.

 Horarios de visita: De martes a domingo: 11.30h, 12.30h, 17.00h y 18.30h. Prezo: 2.50€/pax. 

Neste ambiente festeiro do carnaval, arrancamos celebrando este sábado 1 de marzo ás 11:00 h. no Centro do Viño a Festa do Viño Novo.

 Imagen

Participarán uns 16 adegueiros da D.O. Ribeira Sacra para presentarnos o resultado do esforzo nos nosos viñedos. Achégate de 11.00 a 14.00hrs e de 17.00 a 20.00hrs. 

Seguimos de Cata na….

 Imagen

XXXII Feira do Viño de Chantada os próximos 7, 8 e 9 de marzo.

Chantada forma parte dunha das cinco subzonas que hai na Ribeira Sacra.

A partires do vindeiro 7 de marzo as 20.00hrs inaugurarase a XXXII edición da Feira do Viño de Chantada. Ademáis da cata oficial que terá lugar o domingo día 10 as 11.00hrs os visitantes poderán disfrutar de diversas actuacións de charangas, a banda de música de Chantada e orquestas. É unha boa ocasión para degustar a nova colleita dos nosos adegueiros. 

E aproveita para desfrutar  das VI Xornadas do Cocido de Entroido da Ribeira Sacra   

 Imagen

Aproveita ata o próximo 8 de Marzo para comer o típico cocido nos numerosos establecementos acollidos ás VI Xornadas do “Estase Cocendo” Sempre feito con manxares da nosa terra: chourizos novos, cachucha, lacón, patacas cocidas, garbanzos grelos e repolo.

Hai prezos especiais en hoteis, pensións e casas de turismo rural.

Proba tamén as tapas de cocido nas diferentes e orixinais variantes que van preparar os nosos restaurantes e bares.

Non hai comida sen postre… As Orellas de Carnaval

 Imagen

Estas porcións de masa crocante e frita, recubertas dunha fina capa de azúcar glass teñen un aspecto irresistible. A súa forma é similar á das orellas do porco. Nos carnavales é habitual xunto cás filloas recheas de crema despois dun bo Cocido Galego.  Álvaro Cunqueiro dicía: “Para martes lardeiro, aparte de las filloas, se hacen flores y orellas, con masa de harina, huevos”.

Curiosidades…. As Barcas do Miño

Imagen

Fagamos unha viaxe imaxinaria ata o principal río de Galicia para coñecer de preto estas interesantes embarcacións. Polo xeral, non posúen quilla e caracterízanse por ter un fondo chan; a súa forma é rectangular e tanto a proa como a popa responden á mesma disposición. A configuración destas barcas está condicionada na súa totalidade pola orografía da Ribeira Sacra xa que este era o lugar onde desenvolvían a súa actividade. Estamos diante de naves monocasco aínda que tal afirmación cómpre engadir unha excepción, os barcos de dornas, embarcacións de dobre casco presentan dous flotadores. As barcas do Miño eran propulsadas a remo ou vara e o material co que os carpinteiros se valían para facelas era a madeira polo sistema de táboas a tope. Na súa construción primaba a facilidade de manexo e de elaboración polo que eran basicamente funcionais; exemplo do dito témolo no dato anteriormente reflectido de que non posúen quilla, aspecto que facilita en gran medida a carga e descarga dos produtos que transportaban.
O marco xeográfico destas embarcacións cinguíase ó tramo medio do río Miño e mostraban diversas tipoloxías dependendo de onde fosen construídas. 

Onde atopalas….Ecomuseo de Arxeriz

 Imagen

Situado en Fión (O Saviñao). O Ecomuseo intenta recuperar para a memoria todo o entramado do mundo rural, cunha actitude didáctica na defensa do patrimonio cultural- histórico e paisaxístico do interior galaico. 

A sala de “viticultura tradicional” acolle os elementos materiais e explicativos do cultivos e transformación tradicionais, propios da economía de subsistencia, hoxe desaparecida.

 Imagen

 Asemesmo ofrece ós seus visitantes a posibilidade de coñecer o barco de dornas. É outra tipoloxía de barca desaparecida na segunda metade do S. XX, actualmente recuperado grazas a reconstrucción realizada pola Fundación Xosé Soto de Fión (Ecomuseo de Arxeriz).

Imagen

Este barco consta de dous cascos, flotadores construidos a partir de troncos de madeira excavados, que reciben o nome de dornos o dornas, sobre os que se asenta unha plataforma construída con tablas. No seu momento se e xtendeu dende Belesar ata A Guarda.

Son algúnhas recomendacións para disfrutar da Ribeira Sacra pero….queda moito máis por descubir!

Anuncios

Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra este sábado día 1 de Marzo.

Este sábado día 1 de Marzo celebramos no Centro do Viño  a  primeira edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra.

Imagen

O viño  é o tesouro destas terras así que ese  tesouro chegará o Centro  escoltado  por lexionarios romanos.  A comitiva partirá as 11 da maña da Explanada da Compañia, pasando pola Rua Cardenal, ata o Centro do Viño onde 16 adegas presentarán no Claustro do Centro a Colleita do 2013.

Ás 12 do mediodía, Xosé Mouriño Cuba, quen foi xefe do servizo de control de calidade agroalimentaria e industrias, da Conselleria de Medio Rural e Mar,  realizará a apertura oficial da festa. Deseguido actuarán Os Amigos da Pandeireta.

Pola tarde seguirá a festa coa actuación de grupos de gaitas.

Ven a provar a última colleita da Ribeira Sacra!  Poñeranse á venda por 3 euros tikets para 4 degustacións.

A festa está organizada por Rutas Sacras Nomar, empresa xestora do Centro do Viño, en colaboración do Concello de Monforte e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Foi presentada este xoves polo alcalde de Monforte, Severino Rodriguez, e José Ramón Martínez Mareque, en representación da empresa xestora.

Imagen

CURSO DE CATA NO CENTRO DO VIÑO OS DÍAS 7 E 8 DE MARZO.

Dende o Centro do Viño da Ribeira Sacra  seguimos  fomentando  a cultura do viño  cun novo curso de cata. Unha nova experiencia enolóxica  para internarse no mundo do viño  de xeito  sinxelo e didáctico.

 Niste caso serán duas xornadas de formación. A primeira o venres día 7 de Marzo en horario de tarde de 17:00 a 20:00 horas e o sábado día 8 en horario de maña de 10:00 a 13:00.  O curso será  impartido por Julio Ponce, enólogo  de  adegas  de diversos puntos de Galicia incluidas varias da Denominación de  Orixen Ribeira Sacra e integrante tamén do panel de cata do propio Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra  así como do panel de cata do Ribeiro. 

Julio Ponce empezará o curso ensinando os participantes a diferenciar sabores como dulce, salado, ácido e amargo para introducilos logo nos principios básicos da cata e rematar catando viños  brancos e tintos.

ImagenImagen 

O obxetivo é que os participantes aprendan a disfrutar do viño ampliando coñecementos  sobre o mesmo.  Que saiban como   apreciar diferencias e particularidades  unha vez que descubran colores, aromas e sabores.

 O prezo do curso son 30 euros e as prazas son limitadas. Os interesados deben inscribirse no Centro do Viño da Ribeira Sacra  e o  prazo de inscripción remata o  mércores día 5 de Marzo.  

Os primeros pasos … cara o Patrimonio da Humanidade.

   O Centro do Viño segue coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra  co obxeto de contribuir a posta en valor do patrimonio cultural deste espazo xeográfico.  Niste caso,  este sábado día 22 de Febreiro,  un técnico da Diputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera Capón, director de Fondos Europeos no organismo provincial,  repasará os pasos  que se están dando para conseguir que a  Ribeira Sacra sexa declarada Patrimonio da Humanidade

 A charla será este sábado día 22 as 6 da tarde no salón de actos do Centro do Viño. Aberta  a todos os que estean  interesados.

 Imagen

 

O Centro de Interpretación da Ribeira Sacra ofrece actividades especiais para os escolares.

Que os estudantes coñezan  os recursos patrimoniais, naturais e artísticos das ribeiras do río Sil e o río Miño, a través do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, é o principal obxetivo dos talleres que para os estudantes  se estan a  desenvolver no Centro dende este pasado luns.

Preténdese introducir ós rapaces na historia e xeografía da Ribeira Sacra.  Fálaselle da riqueza románica, da paisaxe e tamén da viticultura, tendo enconta que é unha das principais actividades económicas da zona. Teñen ocasión de coñecer as diferentes variedades de uvas que se cultivan nos tradicionais bancais que dan forma a esta denominación de orixe.

As actividades  a realizar nos obradoiros que se plantexan dende o Centro, incluen tamén  dar a coñecer os diferentes oficios que xurdiron ó redor das Ribeiras destes dous  ríos.  Coñecer a flora e a fauna que  hai entorno as mesmas e en definitiva, fomentar o interese dos  pequenos  polo patrimonio natural, cultural  e artístico da  comarca.

Ofértanse  diversos talleres en función da idade dos nenos e nenas participantes. O propio persoal do Centro de Interpretación da Ribeira Sacra, dirixe os rapaces, acompañados por mestres de cada un dos colexios que aceptaron a iniciativa.  A actividade comenza coa visita o museo e complétase coa realización de Fichas Didácticas  por parte dos pequenos  en relación  as explicacións recibidas na visita guiada.  Para os rapaces de máis curta idade organízanse xogos educativos tendo tamén como referencia os elementos do museo.

A actividade é gratuita para os alumnos de todolos colexios  da Ribeira Sacra que queiran participar.

Este venres quenes visitaron os Centro foron 22 alumnos de 5º e 6º de Primaria, da Fundación Educativa Torre de Lemos. 

Imagen

“Adegas e viñedos Lareu” presenta este xoves as súas elaboracións no Centro do Viño.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle  estes xoves día 20 de Febreiro a presentación dos viños Sabatelius da adega Lareu.  Será  na vinoteca do Centro a partir das 20.H e da presentación  encargarase  o adegueiro Manuel Primitivo Lareu e o enólogo Roberto Regal.  

Presentarán  viños feitos con uvas que recollen en tres viñedos diferentes na ribeira dereita do río Miño, en zona  excepcional de cultivo. Mestúranse cepas  vellas, con máis de 50 anos,  con modernas plantacións  de Mencía, Garnacha, Brancellao, Godello e Treixadura, variedades coas que Primitivo Lareu elabora viño tinto, branco e viño de garda.  Este último  repousa en madeira de carballo antes de saír o mercado.

Imagen

Son viños que contan con numerosos recoñecementos, elaborados nunha adega tradicional, a construcción orixinal data do século XVIII e sempre pertenceu a mesma familia. Está  situada en Fondo de Vila, Sabadelle, na Subzona de Chantada da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Nun entorno de castiñeiros e semienterrada proporciona as condicións  idóneas de temperatura para que nestes  viños  resalten as características máis específicas.  Poderano comprobar quenes se acheguen a degustalos este xoves día 20 de Febreiro a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño.

Imagen

Moito que disfrutar neste mes de Febreiro!!!!!!!

ESTASE COCENDO…….

         UNHA DE ENTROIDO

 

Comeza O Entroido no…

Centro Interp. R. Sacra. Museo do Viño.Imagen

Coñeza o noso patrimonio natural e monumental cunha visita guiada ó Centro de Interpretación onde tamén poderá disfrutar  dun viño da D.O Ribeira Sacra.

 Horarios de visita: De martes a domingo: 11.30h, 12.30h, 17.00h y 18.30h. 2.50€/p.  

Charla: “Entroido Ribeirao”. Centro do Viño. Neste ambiente de festa arrancamos celebrando no Centro do Viño unha charla sobre o Entroido Ribeirao dirixida por Juan C. González Pérez da Asoc. de Amigos do Entroido Ribeirao. Acompañado de Volantes, Mecos e Peliqueiros ensinarán o ritual co que perecorren, en tempos de entroido, as ribeiras Chantadinas.

 

Festa rachada do ….”Entroido Ribeirao”. 16-23/02/14, 02-04/03/14. Santiago de Arriba. Chantada.Imagen

En canto ós personaxes típicos do Entroido Ribeirao cabe destacar “os volantes” que portan sobre a súa cabeza os famosos “puchos” grandes gorros aos que lle serven de base pesadas estructuras que poden chegar ata os 15 kilos de peso. Sobre ela colgan numerosas cintas ou “colonias” de moita anchura e lonxitude, de grande colorido. Sobre o “pucho” colócanse tamén bonecas e frores que antigamente confeccionaban as mulleres das distintas parroquias. Entre outras cousas, da súa rechamante vestimenta, destaca o cinto de coiro, do que colgan  24 campaíñas chamadas “machos”, as de son grave e “femias” as de son agudo.  

 

É para comer…. 

                            Unha de Cocido.

Imagen

 

Despois de tanta festa entra a fame, e que mellor que disfrutar cun soboroso cocido galego, feito con manxares da nosa terra: un fabuloso cocido con chourizos novos, cachucha, lacón, patacas cocidas, garbanzos, grelos ou repolo nun dos numerosos establecementos acollidos as xornadas gastronómicas “Estase Cocendo” da Delegación Sur da Asociación Provincial de Hosteleria. Proba tamén as tapas de cocido nas diferentes e orixinais variantes que neste mes preparan restaurantes e bares da Ribeira Sacra. 

 

Aterece de medo co….

“ Oso de Salcedo”. 03/03/14. Luns de Entroido. Salcedo. A Pobra de Brollón.

“¡Correde, correde que aí vén!”.

Imagen

En Salcedo o luns de Entroido o amo da festa non é outro que o temible Oso, unha figura ancestral que abandona a cova onde hiberna todo o inverno ata a chegada da primavera. Na súa saída, acompañado dos fieis criados que se encargan de “buscar víctimas”, enzoufa a todo o que se lle poña por diante.

Horario: Lúns de Entroido. A partir das 16:00 ¡empeza a troula!

 

Un descansiño en….

Parada de Montes. A Pobra de  Brollón.

Imagen

 

Despois de disfrutar do ancestral ritual do  Oso de Salcedo podemos dirixirnos cara a algún dos hermosos lugares que agachan as terras do Courel, como por ejemplo Froxán, Seceda ou mesmo Parada de Montes. Aldea de gran valor etnográfico esquecida no tempo coas súas tradicionais casas de pedra unidas polo tellado e con curiosos corredores para axudar os veciños a sobrevivir ós nevados invernos e a baixada do lobo.

 

Festa, festa e máis festa nas….

Comparsas de Entroido en Monforte de Lemos. 04/03/14. Martes de Entroido.

Imagen

Ímonos de Comparsas despois de gozar de compadres e comadres nos respectivos xoves. O martes de Entroido Monforte énchese de música e sobre todo de cores cos disfraces do Desfile de Comparsas. Asociacións, colexios,…veciños deste e outros concellos disfrutan deste grandioso espectáculo que discorre  polas rúas  de Monforte.

 

No descanso do guerreiro apetece…

Imagen

… un rico chocolate con churros, unhas filloas ou as afamadas Orellas de Entroido.

Non podemos rematar ben a festas sin probar un destes doces, tan tradicional destas datas, nalgúns dos bares, restaurantes ou pastelerías  da  Comarca. Bo proveito e moita festa para todos!