Na Semana Santa……. “Marzo, marzal: de mañán inverno e de tarde verán”.

Comenzamos a Semana Santa … no Centro Interp. R. Sacra. Museo do Viño.

Coñece o noso patrimonio natural e monumental cunha visita guiada ó Centro de Interpretación onde tamén poderá disfrutar dunha degustación dun viño acollido á D.O Ribeira Sacra.

Horarios de visita: De martes a domingo: 11.30h, 12.30h, 17.00h y 18.30h. 2.50€/p.

 

1

 

Na Ribeira Sacra….

                            Feira do Viño de Amandi.

Un alto no camiño para achegarnos ata o concello de Sober onde se celebra a Feira do Viño de Amandi os días 12 e 13 de abril. Parada obligada para catar un mencía da subzoa de Amandi, representada por un importante número de adegas acollidas a D. O Ribeira Sacra.

ImagenImagen

Non esquecer outras dúas importantes citas: a Feira do Viño de Quiroga que se celebra os días 19 e 20 de abril. O día 20 de abril temos tamén unha cita co augardente de Portomarín.

De Venres Santo…

                           Na Procesión da Dolorosa e do Divino Ecce Homo.

Imagen

 

Na igrexa do Colexio de Nosa Sra. De Antiga atópanse as imaxes da Dolorosa e do Divino Ecce Home que o venres Santo sáen en procesión as 20:00 h. Procesión moi concurrida, solemne con mantillas e traxes entre os Cofrades con multitud de asistentes de toda a comarca.

De Damas e Cabaleiros…

                                      Na Feira Medieval.

Paseo, disfraz e disfrute na nosa Feira Medieval o 19 e 20 de Abril. Regresamos ó Monforte dos Cabaleiros e bufóns, das Damas e das taberneiras polas rúas do casco antigo da cidade. Postos de artesáns, de comida, tabernas e diferentes actividades para nenos e adultos conviven nestes dous días.

 Imagen

 

Na Semana Santa… máis peixe que chourizo. 

Imagen

Nestes días de Cuaresma apetece un saboroso prato de “polvo a feira” co seus cachelos e o seu pimentón picante; ou tamén unha boa “empanada” rechea de bacalao, de xoubas, de anguías….un pracer para os sentidos.

Imagen

Martes de Pascua…

                            Na Procesión da Virxe de Montserrat.

Procesión da Virxe de Montserrat, patroa da cidade, Renovación dos Votos e bendición dos Campos partindo da Igrexa de San Vicente do Pino. Como cada ano monfortinos e xente da comarca acuden a vela Virxe sair do templo de San Vicente acompañándoa na Misa e seguidamente no percorrido da procesión bendecindo os campos para unha boa colleita.

Imagen

Anuncios

A adega quiroguesa Atrium Vitis presenta novas elaboracións.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves  día 20 de Marzo a presentación  do viño  “Quinta Toucedo”. Será na vinoteca do Centro  a partir das 20:00 horas.

Da presentación encargaranse Ana María Gadín e Javier Mendoza en representación da ADEGA  elaboradora, Atrium Vitis.

Esta adega  da subzona de Quiroga – Bibei, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, preséntanos nesta ocasión un viño Mencía da colleita do 2012, criado en barrica durante 10 meses. 

Co asesoramento técnico do enólogo Luis Buitrón a adega Atrium Vitis foi pioneira, na Denominación de Orixen Ribeira Sacra, en sacar ao mercado un viño Alvariño, Pacio de Donas,  fermentado e criado sobre lías en barrica de carballo francés. Un viño que deron a coñecer  no Centro o pasado  mes de novembro.  Agora achegan outra novidade, o tinto de garda “Quinta Toucedo” e próximamente sorprenderánnos cun Mencía xoven  do que en primicia adiantarán  algo na presentación  deste xoves. 

Unha oportunidade única para coñecer de primeira man  as novas elaboracións    desta ADEGA ubicada no lugar que dá nome o Mencía Barrica, en Toucedo, Quiroga. E que empezou a funcionar no 2012 co fin de non deixar perder  a tradición familiar   de varias xeracións adicadas o cultivo da vide e a elaboración  de viño.  Sen perder a esencia do artesán, profesionalizan técnicas para  conseguir unha maior calidade, algo que estan dispostos a demostrar na cata presentación deste  xoves día 20, na vinoteca do Centro a partir das 20H.

 Imagen

 

OS VIÑOS DA ADEGA AS OUBENZAS SERÁN PRESENTADOS NO CENTRO DO VIÑO.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 13 de Marzo de 2014 ás 20:00, o acto de presentación dos viños Quinta de Albarado Mencía e Quinta de Albarado Branco da adega As Oubenzas.

Da presentación encargaranse Mª Jesús López Alvarado en representación da adega e o enólogo da mesma  Roberto Regal.

Imagen

A adega As Oubenzas púxose en marcha no 2006. Os actuais propietarios recuperaron a tradición vitícola  familiar, de varias xeracións, habilitando unha antiga construcción do século XVIII no lugar de O Pacio, na parroquia de San Pedro de Líncora, no concello de Chantada, onde elaboran entorno os 4.000 litros de viño, entre branco e tinto.

Pretenden achegar o consumidor viños de gran potencial varietal e con matices que recollan as singularidades características dos viñedos da Ribeira Sacra e a coidada elaboración que se merecen.

O proxecto vitícola no que se embarcaron vese recompensado con premios que en diversos ámbitos teñen colleitado xa estes viños que se catarán e comentarán este xoves día 13 a partir das 20 H na vinoteca do Centro do Viño acompañados de queixo de Queserias Prado.

 

 

 

 

 

Seguen no Centro do Viño as Xornadas de Promoción do Patrimonio Cultural da Ribeira Sacra.

Do viño a través da Historia e da Arte  falará  este sábado día 15 de Marzo, a partir das 18:00 horas,  no salón de actos do Centro do Viño, a historiadora  Monfortina Manuela Sáez González.  

Esta charla forma parte das Xornadas de Promoción do Patrimonio Cultural da Ribeira Sacra  que está  desenvolvendo o Centro do Viño  co obxeto de contribuir  a posta en valor do patrimonio cultural, artístico e paisaxístico da Ribeira Sacra.   

As orixes do viño remóntanse os albores da nosa civilización. Tamén na Ribeira  Sacra  foi e segue sendo testemuño imprescindible  de celebracións,  festas e rituais. Compañeiro sustancial de comidas, alentador de tertulias, fonte de inspiración para moitos… a investigadora monfortina  afondará no que representa o viño para a historia e a arte nun acto aberto a todo o público que estea interesado.

Imagen

Os viños “Condado de Sequeiras” serán presentados no Centro do Viño.

Este xoves día 6 de Marzo  no Centro do Viño da Ribeira Sacra  preséntanse os  viños  “Condado de Sequeiras”  do Grupo Peago. Será  na vinoteca do Centro a partir das 20:00 horas.

Da presentación encargarase  o enólogo Aarón Rey Calvo, en representación da adega. Estará acompañado polo sumiller chantadino, Bruno Lovelle Fernández. Presentarán Condado de Sequeiras Mencía, Condado de Sequeiras Branco e Condado de Sequeiras Barrica. O cociñeiro Damián Seijas encargarase de presentar unha selección de tapas para  “maridar” con estes viños.

 Imagen

Esta adega  foi fundada no 2.003. Está situada en Sequeiras, na subzona de Chantada da D.O Ribeira Sacra.  A maior parte dos viñedos dos que proceden as uvas coas que elaboran os viños están formados por cepas de máis de 80 anos. Viñas de Mencía, Treixadura e Godello, situadas na márxen esquerda do Río Miño.

Concienciados en elaborar un producto de calidade, o esforzo vese recompensado cos numerosos premios  que teñen acadado estes viños dende que apareceron no mercado.

Viños  que  se  comentarán e  cataran  na presentación deste xoves día 6 de Marzo a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro.