En maio e abril…..rutas mil…

En Maio e Abril ……………

                                 Rutas Mil.

Comezamos….

No Centro Interpretación Ribeira Sacra

Imagen

Coñece o noso patrimonio artístico e natural cunha visita guiada ó Centro de Interpretación máis unha degustación de viño mencía acollido á D.O Ribeira Sacra.

Horarios de visita: De martes a domingo: 11.30h, 12.30h, 17.00h y 18.30h.

Prezo: 2.50€/pax.

Festa do Viño……. En Vilachá.

Imagen

Ambiente festeiro na XXIII Feira do Viño de Vilachá de Salvadur (A Pobra de Brollón) os días 3 e 4 de mayo.  Arrancamos con Música e Chourizada na tarde do sábado e Misa, Pregón e Gaitas no domingo. Importante proba-los novos caldos das terras de Brollón gardados nas famosas adegas centenarias de pedra e madeira en Vilachá de Salvadur.

Imagen

A construcción das adegas de Vilachá comezou a mediados do S. XIII, cando os os monxes do Mosteiro de Montederramo se trasladaron ó Mosteiro de San Martiño de Piñeira, hoxe desaparecido, para facerse cargo das posesións, terras e cultivos que lle foran doados. Estes monxes tiñan un especial interese pola rotutación de novas terras e a implementación da vide en zonas pouco apropiadas para outros cultivos, como foi no caso da ribeira de Vilachá.

Un meandro sobre o Sil…. A Cubela.

Imagen

Xusto en frente de Vilachá, no outro lado do río atopamos unha fermosa vista dende o meandro da Cubela.

Si subimos dende a beira do río cara a montaña atoparemos a igrexa de Santa María de Torbeo, o Camiño de Inverno e esta característica curva do río Sil na lugar da Cubela en Ribas de Sil.

Máis Festa……. IX Feira do Viño e Cereixas de Belesar.

Imagen

Despois de Vilachá arrancamos cara Belesar o fin de semana do 25 e 26 de mayo para disfrutar da Feira do Viño e das Cereixas no fermoso pobo pesqueiro de Belesar á beira do río Miño. Inauguración ás 12:00 e degustación destes productos, música, pasacalles e verbena; para apuntala na axenda.

Dende Belesar e despois dun soboroso xantar estamos preprarados para facer a ruta de sendeirismo dos “Codos de Belesar”. Ruta que parte de aquí conducíndonos a través das vides e socalcos por parte dunha antiga calzada romana que chega ata a fermosa igrexa románica de Diomondi.

Para os máis atrevidos camiñantes temos tamén a posibilidade de descubrir e percorrer unha parte “Do Camiño Sur ou Camiño de Inverno”  cunha paisaxe sorprendente a cada paso do río Miño.

Parada no tempo….. en Santo Estevo de Ribas de Miño.

Imagen

Un dos máis emblemáticos monumentos da Ribeira Sacra e a igrexa de Santo Etevo de Ribas de Miño no Saviñao. Construído a finais do S. XII está vinculado ó traballo do Mestre Mateo. Fermosa portada decorada con imaxes de músicos e grandioso rosetón con cristal de cores que reflexa a luz no interior do templo.

Dende Santo Estevo a panorámica que temos sobre os bancais da ribeira do Miño, o río e a presa de Belesar e magnífica.

Santo Estevo foi declarado BIC y Monumento Nacional en 1931.

Durante a Semana Santa unhas 500 persoas pediron información turística no Centro do Viño sobre Monforte e resto da Ribeira Sacra.

A oficina de turismo do Concello de Monforte, ubicada no Centro do Viño, no número 6 da Rúa do Comercio, atendeu dende o pasado martes día 22 ata o luns día 28 a 486 persoas que se achegaron pedindo información  sobre monumentos e lugares de interese a visitar en Monforte e no resto da Ribeira Sacra.

Respecto o Espazo Museístico do  propio Centro do Viño, esta semana foi visitado por 125 persoas.

Imagen

O que máis interese suscitou foron as viaxes en catamarán polos Canóns do Sil, seguido do románico pero a xente séguese interesando polas adegas que son visitables, por rutas de sendeirismo,  e outras actividades que se poidan realizar na zona. 

Asturias, País Vasco e Madrid, son as comunidades de procedencia da maior parte dos visitantes, seguidos de Andaluces, Catalanes, Comunidade Valenciana, Valladolid, Salamanca, Ávila, Segovia, Burgos, Soria, Zaragoza,  Cáceres, As Palmas, Zamora e León.

Aproveitaron tamén galegos de  A Coruña e Pontevedra para pasar nesta Semana Santa uns días de descanso na Ribeira Sacra, mentras que de Lugo e Ourense, foron moitos os que se achegaron a pasalo día, sobre todo o sábado por mor da Feira Medieval celebrada en Monforte, pero sen pernoctar.

Achegáronse  á  oficina de turismo a pedir información xente que estaba aloxada nos Paradores, o de Monforte e Santo Estevo, no Balneario de Augas Santas e tamén en casas de turismo rural da zona.  A estanza media  sitúase entre dous e catro días.

Segue sendo tamén moi utilizada a área de estacionamento de auto caravanas que hai no concello de Monforte.

Quedou así mesmo rexistrado na oficina o paso de peregrinos que se dirixian a Santiago polo Camiño de Inverno, entre eles, como curiosidade, un italiano que comenzou ruta en Quiroga e unha parella  Asturiana que empezou a facer o camiño en Monforte.

O goteo de visitantes extranxeiros á Ribeira Sacra é tamén constante e nesta Semana Santa  pasaron a pedir información ingleses, franceses, portugueses, italianos, suizos, brasileiros, turistas rusos e tamén de Malta. 

Respecto o Espazo Museístico do  propio Centro do Viño, esta semana foi visitado por 125 persoas.

 

 

HELENA VILLAR JANEIRO PRESENTA O SEU ÚLTIMO POEMARIO NO CENTRO DO VIÑO

O Centro do Viño da Ribeira Sacra  súmase a celebración do Día Internacional do Libro, este mércores día 23 de Abril, acollendo a presentación do último libro de poemas que vén de publicar a escritora Helena Villar Janeiro, “Remontar o río”.

Imagen

No acto de presentación do poemario, este mércores as 20:00 horas, a autora estará acompañada da ilustradora  Luz Darriba, da poeta Marica Campo e da concelleira de cultura do Concello de Monforte, Pilar López.

Neste orixinal libro con formato despregable a autora remonta o río do tempo. Volve dende o seu participar outono á primavera e ilustra esta volta coa visión artística de Luz Darriba. Unha edición de luxo de 500 exemplares numerados  que forman parte do proxecto literario “TIRAR DO FÍO” e que  presentamos no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra este mércores día 23 de Abril as 20.00H para celebralo Día do Libro. 

REMONTAR O RÍO

Remontar o río é un poemario naonato, pois a motivación e os primeiros apuntes xorden abordo mentres a autora subía o Danubio desde Budapest a Linz. O feito de que o barco fose contra a corrente suscítalle a idea de remontar o propio río do tempo, volver deste o seu outono á primavera onde a estarán agardando o vals e a rosa. Nos poemas veranse reflectidos elementos da paisaxe evocada: os soutos, os prados, a chuvia, a area das ribeiras… E tamén das marxes por entre as que transita: o propio río, os mosteiros e as campás, o castelo de Dürnstein, as abas do val de Wachau, o palacio Schönbrunn… Son tamén obrigadas as referencias a personaxes ligados ao espazos do río que se ascende: A Kaiserin Elisabeth, Richard Coeur-de-Lion e o seu amante Blondel.

A poeta pensou desde os inicios que sería un libro especial, porque o consideraba a súa manda poética, e debía estar complementado cunha visión artística. E decidiu que a persoa que debía interpretalo non podía ser outra que Luz Darriba, a amiga artista á que se sente moi próxima nos afectos, nas ideas e na concepción estética. A artista elixida desenvolveu un proxecto moi orixinal arredor dos textos, simbolizando o río co formato dun libro despregable no que a poesía flúe pola unha marxe, a dereita, e a ilustración en augada sobre negro vai acompañándoa pola esquerda. O conxunto conforma un libro artesanalmente singular, co papel dunha soa peza, pregado, que fai del un obxecto de arte integrada moi atractivo. A edición consta exclusivamente de cinconcentos exemplares numerados e forma parte do proxecto literario TIRAR DO FÍO.

Imagen

AS AUTORAS:

Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá (Lugo) en 1940.

Cursou Maxisterio e foi mestra no mundo rural, ao mesmo tempo que cursaba por libre a carreira de Filosofía e Letras –Sección de Pedagoxía- e empezaba a escribir poesía.

Finalizou a carreira profesional no ensino medio en Santiago de Compostela (Lingua e Literatura Galega).

É poeta, narradora, articulista de prensa e traductora. Ultimamente cultiva tamén a fotografía, feito que lle permite traballar a integración texto e imaxe.

Formou parte do colectivo de renovación poética Cravo Fondo (1977), recibiu premios pola súa obra, coordinou varias coleccións de poesía e foi presidenta da Fundación Rosalía de Castro (2005-2012).

Colaborou en numerosas obras colectivas e escribiu varios libros de poesía para a infancia.

Poemarios anteriores a Remontar o río:

Alalás (1972)

O sangue na paisaxe (1980)

No aló de nós (1981)

Rosalía no espello (1985)

Cabeleira de pedra, (edición en galego-castelán-francés-inglés-alemán, 1993)

Festa do corpo (1994)

Álbum de fotos (1999)

Nas hedras da clepsidra (1999)

Pálpebra azul (2003)

Luz Darriba, artista multidiciplinar, filla da diáspora, naceu en 1954 en Montevideo, Uruguai. Viviu dende 1970 a 1990 en Bos Aires (Arxentina), onde estudou Filosofía e Letras e Belas Artes. En 1990 regresa a Galiza na procura das súas raíces. Na actualidade vive entre Lugo, Bruselas, e Bos Aires. Como artista plástica realizou máis de 250 exposicións colectivas, 50 individuais e 36 macro proxectos urbanos, entre os que destacan:

CUMULUM, muralla de libros (659.000 libros en torno á Muralla Roman de Lugo, 2000)

Alcalá, una puerta hacia la cultura (envolvemento con 80.000 da Porta de Alcalá de Madrid, 2001)

Libres avec des livres (10.000 libros instalados sobre paredes e teitos da Maison de l´UNESCO, París, Francia, 2001)

Patchwork, farrapos contra a violencia de xénero (alfombra de 8000 metros cadrados, Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela, 2004)

Cuestión de género (instalación de 500 prendas femininas contra a Trata e o Tráfico de Mulleres para a súa explotación sexual, Praza de Maio, Bos Aires, 2009)

Moitas de súas obras atópanse en Museos e coleccións privadas do mundo. Traballou en todos os campos da arte e na actualidade fixo tamén incursión na literatura. Colaborou coa Revista Virtual Foeminas, primeira publicación de xénero en Galicia, preside a Fundación CUMULUM e é a delegada para Europa do TFAP (The feminist art projet).   

 

CATA COMPARATIVA DE MENCÍA E ALBARÍN

O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza unha cata comparativa de viños.  Utilizaranse  8 viños tintos  elaborados coa variedade Mencía e cataranse tamén 5  viños Brancos niste caso elaborados coa variedade Albarín.

Para a cata comparativa de Mencías utilizaránse 8 viños de outras tantas Denominacións de Orixe. Son viños da Ribeira Sacra, Ribeiro, Valdeorras, Monterrey, Rías Baixas, Bierzo,Cantabria e Asturias. 

Imagen

Para a comparativa de Albarín cataránse 5 viños: 2 de Asturias e 3 de León.

A cata será o sábado día 26 de Abril a partir das 11:30 da maña  e estará dirixida polo enólogo Luis Buitrón, enólogo de adegas de varias das Denominacións de Orixe Vitícolas de Galicia, pero tamén de viños das  terras do Bierzo, León, Asturias e Cantabria. Luis Buitrón é ademais Vicepresidente  da Asociación Galega de Enólogos.

O prezo de inscripción para a cata é de 15 Euros  e un máximo de 20 persoas.  

Os participantes terán a oportunidade de catar e comparar  viños  que  coa mesma variedade se elaboran en distintos puntos da xeografía galega e outras comunidades  próximas para analizar diferencias entre unhas elaboracións e outras e os rasgos máis distintivos que se poden atopar nestas variedades  en función da procedencia.

A Mencía  é a variedade preferente  na D. O. Ribeira Sacra, pero tamén noutros puntos do Noroeste Peninsular e trátase coa cata de establecer diferenzas e similitudes entre os mencías de unhas denominacións con outras.

O mesmo no caso dos viños brancos elaborados coa variedade Albarín. Unha variedade autóctona de Asturias  que se adaptou moi ben na zona de León e coa que están elaborando viños que gañan cada vez máis espazo nos mercados polo que pretendemos nesta cata que tamén se coñezan  vinificacións diferentes de zonas próximas  e que teñen moi boa aceptación.

 Imagen

Os que desexen participar nesta cata comparativa teñen de prazo para inscribirse ata o venres día 25. As prazas son  limitadas. Para máis información dirixirse o Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 303.

“MONCHA POMBO”, VIÑO CON SENTIMENTO DAS TERRAS DO SAVIÑAO.

 Séguense abrindo adegas ao abeiro da D.O. Ribeira Sacra  e con elas váise ampliando o catálogo de viños desta Denominación de Orixe.

Este xoves día 17 de Abril no Centro do Viño preséntase  nova adega e nova elaboración. Trátase do viño Mencía MONCHA POMBO da adega Beli da  Subzona de Ribeiras do Miño, no Saviñao.

Imagen

No acto de presentación intervirán en representación da adega Belisario Montes  e o enólogo Roberto Regal. O acto será no Claustro do Centro do Viño e para tan especial ocasión os promotores da adega organizaron unha velada musical coa actuación do cantautor Emilio Rúa e a Charanga Verdes Retoños.

As viñas das que proceden as uvas que se utilizan para a elaboración deste  tinto estan situadas en Asperón, nas ribeiras miñotas do Saviñao, entre A Cova e  Belesar. Viñas das que  venderon as uvas para outras adegas da D.O. Ribeira Sacra ata que  nesta última campaña decidiron  vinificar o seu propio producto e a familia Montes Pombo creou a súa propia adega.

 

     Esta é a primeira colleita que sacan o mercado  cunha produción que  ronda as 3.200 botellas e que poderemos  catar e degustar este xoves día 17 de Abril do 2014 as 20:00 Horas no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Un viño que serve para homenaxear  a matriarca da familia a MONCHA POMBO.

 

O centro do Viño acolle este xoves a presentación de “Malcavada”.

Segue crecendo o número de adegas na Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Niste caso  ponse en marcha unha nova no Concello de Sober. As viñas téñenas situadas na zona de Amandi ainda que a adega construírona en Rosende. O nome é Malcavada e así se chama tamén o viño que sacan a partir deste xoves ao mercado. Poñen a venda  unha edición limitada de 2.200 botellas que sairán numeradas.  A presentación oficial será este xoves día 10 de Abril do 2014 as 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño.

En representación  da adega encargarase da presentación Sonia Seijas que estará acompañada do enólogo Luis Buitrón e do sumiller Bruno Lovelle.

Con “Malcavada” a familia elaboradora inicia un novo proxecto vitícola na D.O Ribeira Sacra. Ainda que tiñan participado en experiencias anteriores embárcanse agora en solitario nesta iniciativa poñendo en marcha unha nova adega, “Malcavada”, na que por agora só se elabora viño tinto que se vai comercializar co  mesmo nome da adega. Un Mencía que se presentan este xoves a partir das 20H na vinoteca do Centro onde se poderá catar e comentar.

Imagen

Estréanse polo tanto neste acto adega e viño  que  será maridado con xamón de Porco Celta do Incio, da Sociedade Cooperativa Galega, contando para a ocasión cun cortador de xamón profesional. 

 

Actividades do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

O Centro é un punto de encontro coa cultura do viño  e por elo todalas semanas se realizan actividades relacionadas  co sector vitícola. Todolos xoves hai presentacións. Fixéronse 27 cun total de 41 viños.

Imagen

 A  vinoteca é o mellor escaparate dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, o lugar no que máis marcas desta D.O. se poden atopar.  Hai nestes intres 196 referencias das cales 159 son marcas de viños e o resto de licores que elaboran adegas da D.O. Ribeira Sacra. 55 son  marcas de viños da Subzona de Amandi, 36 de Ribeiras de Miño, 23 de Ribeiras do Sil, 27 de Chantada e 18 da Subzona  Quiroga – Bibei. Un catálogo de viños  con servizo a domicilio sin custo ningún para o cliente, en calquera punto de España, cun pedido mínimo de 12 botellas.

Imagen

A maiores das presentacións dos viños, este Centro acolleu a  presentación da Xenebra Ana de Adegas Moure e este sábado día 55 foi presentado o vermú Nordesia de Vinigalicia con música en directo a cargo do grupo “Paquita la maniática”.

Imagen

Imagen

 Dende o Centro do Viño promóvense  cursos de cata e son 3 os que se levan realizado, nos últimos meses,  unha cata de uvas e unha cata de viños da D.O. Ribeira Sacra premiados no 2013.

 Imagen

 Para contribuir a promoción dos viños desta denominación organizouse tamén dende o Centro a Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra con participación de 16 adegas.

 Imagen

 A empresa xestora do Centro do Viño, Rutas Sacras,  pretende que sexa tamén un  Centro de referencia  cultural  e por elo, entorno a galería do  edificio, facílitase a instalación de exposicións  e son 5 as realizadas nos últimos 10 meses:

                      –  de Carteleria da Feira do Viño de Amandi.

                      –  de Fotografía da Ribeira Sacra de Nacho Gómez.

                      – Colectiva de Artistas da Ribeira Sacra, “Creacións Interiores”

                      – de Fotografía de Iván Merayo

                      – “Viño e Viñetas” Humor Gráfico adicado ao mundo do Viño, esta pódese ver ata o 24 de abril.

Promoveuse a realización dun Taller de fotografía sobre  as vendimas  e organízanse obradoiros para os Centros de Ensino.

Imagen

Imagen

Dentro das actividades culturais que se desenvolven no Centro están as Xornadas de promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra. Impartíronse dentro deste ciclo 4 charlas: “Románico da Ribeira Sacra”, “Entroido Ribeirao”,  “Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade”, “O viño na Historia e na Arte”.

Imagen

Leváronse tamén a cabo Obradoiros de artesania: “Sábados Artesans” con demostracións de cestería, oleiría, talla en madeira  e textil.

O Centro do Viño  colaborou  coa Mostra de Cine de Monforte do Cineclube a Calexa e con actividades do Museo  do Ferrocarril.

Son algunhas das actividades desenvoltas nos últimos 10 meses neste Centro que cumple 5 anos de historia.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra celebra 5 anos de vida.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra celebrou este pasado venres día 4 de Abril  o quinto aniversario da súa inauguración coa celebración  dunha mesa redonda na que se repasou como foi a recuperación do edificio e a posta en marcha do Centro. En representación do Concello de Monforte  interviu a tenente alcalde e concelleira da área de turismo, María Xosé Vega. En representación de quenes traballaron na rehabilitación do edificio falou o arquitecto que dirixiu a obra, Xosé Lois Otero e en representación da  empresa Escena Turística encargada do deseño museístico,  interviu  o arquitecto Santiago Pérez.

Imagen

 Imagen

Ademais da mesa redonda, coincidindo co 5ª aniversario da inauguración do Centro, este pasado venres  día 4 foi xornada de portas abertas con visitas guiadas as 11:30, 12:30 e 17:00 horas. Houbo a maiores outra visita guiada para os asistentes a mesa redonda que guiou de xeito excepcional Santiago Pérez, o representante da empresa  que deseñou o Espazo Museístico, «Escena Turística». 

Imagen

O Centro do Viño ideouse como punto de encontro coa Ribeira Sacra en todolos aspectos, tanto para os veciños da zona como para quenes nos visitan. O que máis chama atención do Centro é o espazo expositivo pola singular e novidosa montaxe realizada, conxugando o propio deseño  do espazo, cos audiovisuais que se proxectan,  con textos e fotografías. Nos cinco anos que leva funcionando este museo lévano visitado 17.311 persoas.

 Imagen

 Ademais do museo, o Centro do Viño é sede da oficina  municipal de turismo de Monforte que nos últimos 10 meses, dende que se fixo cargo da xestión do centro a empresa Rutas Sacras Nomar, leva atendido  a 10.213 consultas.

 Imagen

As adegas da Ribeira Sacra apostan pola innovación e colaboran en proxectos novidosos.

Vía Romana participa na elaboración de Nordesía. Vermú roxo elaborado a partir de viñoo da variedade mencía e  branco feito con albariño.  Unha elaboración da factoría Nordés,  que ten xa no mercado xenebra feita a partir de albariño e vodka de patacas galegas.. De presentar  Nordesía encargarase o enólogo Oscar González Rizo. David Neira encargarase de preparalos combinados e amenizará a sesión vermú o grupo «Paquita la maniática:

http://youtu.be/QrCZVKiL_KE
http://youtu.be/yea6xUK8pbo

Imagen

Algueira presenta no Centro do Viño o Mencía de garda en carballo galego e o plurivarietal Cortezada.

O Centro do viño da Ribeira Sacra acollerá este xoves día 3 de Abril do 2014 o acto de presentación do viño Mencía “Algueira Carballo Galego“ e o branco  “Algueira Cortezada”. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro. 

Son viños elaborados pola adega Algueira, situada en Doade, nunha das zonas máis representativas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a subzona de Amandi, no concello de Sober. Unha adega que apostou dende os seus inicios pola innovación e a investigación e bó reflexo diso son as distintas elaboracións que teñen no mercado.

Apostan por variedades autóctonas para facer viños  moi persoais e basean a súa produción exclusivamente en uva procedente dos seus propios viñedos ubicados nas ladeiras do  Río Sil  en zonas tan espectaculares como “Carballocovo”.

Do Mencía Algueira Carballo Galego é a segunda colleita que comercializan. Un crianza que empezaron a elaborar de  forma experimental en barricas de carballo galego, dentro dun proxecto de investigación que iniciaron en colaboración da Universidade de Santiago de Compostela e a de Castilla la Mancha e que agora é continuado de xeito independente pola adega. O obxetivo é demostrala indoneidade do carballo autóctono para a elaboración de viños de garda. O resultado considérase moi satisfactorio como se poderá comprobar na cata presentación deste xoves. Acto no que se vai facer unha cata vertical de Algueira Carballo Galego coas dúas únicas anadas que sacaron, 2009 e 2011, para que se poda vela evolución deste viño ó longo do tempo. É a primeira  cata vertical que se vai realizar no Centro do Viño.

 Imagen

Os responsables da adega, Fernando González e Ana Pérez,  presentarán tamén este xoves día 3 as 20H a nova anada do Cortezada 2012, un branco plurivarietal  elaborado con Godello, Albariño e Treixadura.

 Imagen

Os viños da adega Algueira, unha das  adegas que máis referencias ten no mercado de toda a D.O. Ribeira Sacra,  acadan sempre nas catas excelentes notas e contan con numerosos premios tanto a nivel local e autonómico como nacional e internacional. Este xoves serán catados e comentados na vinoteca do Centro do Viño a partir das 20H, elaboracións que os expertos califican como “excelentes”.