ARTESANÍA EN MOVEMENTO NO CENTRO DO VIÑO.

   O Espazo Museístico do Centro do Viño da Ribeira Sacra acollerá este venres día 30 de Maio, a partir das 8 da tarde, un desfile de moda. A iniciativa forma parte da liña de colaboración aberta entre o Centro e os artesáns dende que en xuño do pasado ano a empresa Rutas Sacras Nomar se fixo cargo da xestión do Centro. Colaboración da que participa o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo que patrocinou os “Sábados Artesáns” celebrados no Claustro do Centro do Viño o pasado verán.

   Nista ocasión a idea do desfile partiu da artesá Pilar Rodríguez Gonda que quere celebrar a boa acollida que está tendo a tenda En Lá que abriu no Campo de San Antonio o pasado mes de agosto.

   Á idea da artesá é agasallar co desfile á clientela da citada tenda e dende o Centro colaboramos con esta iniciativa porque con ela se pretende tamén dar a coñecer pezas de artesanía de forma diferente.

   O desfile converterase nunha exposición de “Pezas en Movemento” de “Pura Artesanía”, que é o nome do evento, para gozar doutro xeito do traballo de 13 artesans que prestan mostras dos seus traballos para que poidan ser visualizados no defile.

   Da iniciativa participan:

-Pisa Verde, con zapatos e bolsos

-Ramón Álvarez, pezas de tear

-Carmen Frieiras, cestaría

-Obradoiro, con xoias de prata

-Elena Ferro, zocos e marroquinería

-Loli López, pintura téxtil

-Coiros, marroquinería

-Liñart, moda en liño

-Chocolats, bolsos téxtil

-Juan Ferreira, bisutería cerámica

-Centro de recuperación de cultura popular Castelo do Sobroso, con reproducións de pezas rexionais (bisutería artesá)

-Nela Diseñote, decoración téxtil

-En Lá, pezas elaboradas en lá e seda

   Para pasalas pezas destes artesáns convertiránse en modelos ocasionais 13 veciñas e veciños de Monforte que voluntariamente se prestaron para que o desfile fose posible. De peitear e maquillar os participantes encargarase “Peluquería Princes’s”.

O desfile empezará as 8 da tarde e son 45 os pases preparados para desfilar. Algunhas das pezas son de fantasía, en homenaxe os viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra, con representacións de vides, acios, uvas e viño.

 Imagen

  

 

Anuncios

11 LUGARES ENCANTADOS DA RIBEIRA SACRA.

Falará deles o escritor  Lois Diéguez  este sábado día 24 de Maio as 18H no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

O propio autor  explicaba deste xeito como vai sela conferencia: “Máis que conferencia en si vai ser unha proxección de imaxes comentadas arredor de 11 lugares encantados da Ribeira Sacra. Serán aqueles onde un recibe ese imán que ten a terra, que hoxe ou noutro tempo mantén un encanto especial que comunica connosco, co sensíbel. Máis que monumentos en si son espazos, ruínas, contidos dalgunha igrexa mesmo, feitos da natureza ou paisaxe, lendas ou segredos que no humilde compìten cos grandes monumentos porque inciden no noso corazón e nos emocionan. Esa é a beleza escollida por min, dun xeito subxectivo, logo, nese mundo encantado que forma a Ribeira Sacra. San Xoán Degolado, Candeda, Lobios, o río Sil, Cadeiras ou Marce serán algúns dos espazos que recollen ese corazón agachado pero aberto a quen queira recibilo”. – Lois Diéguez.

Imagen

Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro Mencía. Espectáculo de narración oral sobre o viño.

Presenta o narrador lucense Lois Pérez  este  monólogo  como un ” percorrido literario e sentimental polos contos e historias en que o viño é quen toma as decisións”.  Sobre isto Lois Pérez monta o espectáculo que este xoves día 22 de Maio poderemos disfrutar  no salón de actos del Centro del Vino a partir de las 20H.  O mesmo narrador preparou esta sipnose da obra:

Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro Mencía.

O viño, sexa un Mencía ou un Godello (que ten certo parecido co francés aquel, o bordelés do Médoc), sexa de Chantada ou de Monforte, non naceu para ser contado: naceu para ser bebido. E precisamente o único que supera a ledicia do bebedor é a ledicia do propio caldo alcohólico ao cabalgar pola gorxa abaixo de quen o bebe. Ou alomenos iso dicía Baudelaire, que ten nome de embalse: Baudelaire, Belesar, que máis ten? Tomarlle outra. Un vaso de viño facilita a dixestión e axuda a se repoñer das anemias; dous erguen o espírito e con máis de tres, lume a feito.

O viño é unha forma de vida (e unha forma bebida), e tamén a mellor forma da vide, que xa coa súa feitura parece dicir que a terra estivo inspirada. Beber ou non beber? Esa é a cuestión. Pero a polémica (shakesperiana ou treixadura, non lembro)vén de lonxe: xa na Grecia se discutía se conviña beber para que as musas voasen máis baixo. Dicía San Paulo que o viño é obra de Deus e a bebedeira obra dos homes.

Sexa como for, contan que un día entraron á taberna de Parada de Sil a avisar a un dos de Yravedra, que xa non remexía a lingua, de que se perdera seu fillo de oito anos e non volvera á casa. E o home, sen deixar de beber, ergueu o vaso, e campanudo dixo o brindis: “Pois deixádeo ir! Buena suerte, Miguelito!”

Historias do viño: da Muller Uva ao Cabaleiro de Mencía é un percorrido literario e sentimental polos contos e historias en que o viño é quen toma as decisións. A beleza, o medo, o amor, a morte. E a risada.

Viño da casa, pan e postre.

© Lois Pérez

Imagen

DATOS BIOGRÁFICOS DE LOIS PÉREZ.

LOIS PÉREZ

Lois Pérez é narrador oral e contador de historias. Ocasionalmente actor da súa propia película (e dalgunha outra). Lois Pérez é un crooner rural con certo atractivo. Quen é Lois Pérez? Só sabemos que naceu o 2 de xuño de 1979, o mesmo día no que Maradona marcaba o seu primeiro gol con Arxentina no Hampden Park (Escocia), detalle irrelevante doutra banda.

Foi futbolista profesional, soldador, pintor (de paredes), mestre e virxe até que a Natureza decidiu por el. Comezou a escribir historias de pequeno e despois para o programa de Quico Cadaval na Radio Galega “A boca da noite”. Gañou o Premio da Audiencia do II Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico da Radio Galega, editado por Xerais en libro-cd, pola súa obra Saltimbanqui (título patético doutra banda), interpretada polo propio Cadaval, Xan Cejudo e Xosé Olveira “Pico”. Nun certame literario do Corgo gañou un estoxo con pinturas. Foi un día feliz.  Gañador de certames literarios de Segunda e incluso de Primeira… Rexional, que agora non veñen ao caso (toda a mala literatura é honesta).
Como dramaturgo colabora con el mesmo e co colectivo teatral Pinchacarneiro da Fundación Anade, para persoas con diversidade funcional.

Preparando exposición!!!!!

Inauguramos “Crystilandia” na Galeria do Centro este xoves día 15 de Maio as 20H. 
A propia autora Cristina Vázquez define a súa obra: 
     “PINTAR! ILUSTRAR! ADORNAR! DECORAR! ILUSIONAR! Llámale Post-expresionismo o Realismo Mágico, llamarle como queráis, pero no trata de lo imposible… Solo pretendo iluminar con un reflejo el elemento mágico que existe en la realidad, soy una Magicorealista-cómica cuya máxima se resume en esta frase de Alicia: ” Ningún bogavante espera imposibles”. Esta es solo mi segunda exposición, pero he venido para quedarme!”  – Deste xeito presenta a  pintora a súa obra.

Imagen

Con  Cristina Vázquez  seguimos para coñecer algo máis da súa historia:

“Agosto, año 73, Barcelona. La pequeña Crystilandia (Así me llamaba mi madre) está convencida de que le regalarán un león si se termina toda la comida, o un caballo alado si aprueba las mates. No encuentra ningún inconveniente a lo pequeño del piso ni le importa lo más mínimo la estupefacción de los vecinos. Además! Solo será por un tiempo, en cuanto sea mayor se irá a vivir a Galicia, donde podrá andar descalza y subirse a lo árboles rodeada de animales y otros seres amables, reales o no… Mientras tanto la Ciudad ofrece grandes avenidas y callejuelas estrechas en las que perderse, cafés con músicos locos, lecturas en el metro, mimos en las Ramblas… Quería ser modelo pero tenía sentimientos de artista, quería se poeta pero le daba la risa… Así que se hizo “Patronista-Escaladora de Moda” y estuvo dos años en la Escuela de Artes, pero: RINGG! Cumplió los 18 y lo prometido es deuda. Se sacó el carnet de conducir y se marchó a Galicia…

Y ya en Galicia y como dice el genio: “Ni es oro todo lo que reluce, ni todo Caballero que anda errante está perdido”.

Restauración (Museo Etnografico de Arxeriz) , Decoración ( Proyecto Casas de Turismo Rural del Eume)… Pero alergia a los productos químicos y adiós a la Restauración, alergia a los desplazamientos y adiós a la Decoración.

Así empezó mi Periplo por el “Emprendimiento”: Compré una casa en ruinas para convertirla en Apartamentos Turísticos y como los permisos tardaban tanto abrí una tienda de ropa o como yo lo llamaba ” Un Espacio de Moda” … en plena crisis: Ruina total: Voragine Personal: Trabajar de Camarera: Montar un bar o como yo lo llamaba “Quintaesencia- Vinoteca- Tapería -Café-Conciertos- Pero me duele la espalda no aguanto a la gente…”: Ruina parcial: Otra vez Camarera: Paro: Pintar!  Ahora.. Pintar! ”

…. lembramos que poderemos ver os seus cadros a partir deste xoves día 15 de Maio na Galeria do Centro do Viño.

O Centro do Viño acolle este xoves día 8 de Maio a presentación de “Preanes”.

Será no Claustro do Centro a partir das 20:00 horas. Trátase dun Tínto Mencía Edición Limitada a 1799 botellas, elaborado pola adega Preanes no lugar da Eirexe, Mourelos, O Saviñao.

Unha adega posta en marcha por iniciativa  dun grupo de amantes da viticultura que se xuntaron baixo a dirección técnica do enólogo e viticultor Roberto Regal para manter viva a tradición vitícola de terreos que só coñeceron o cultivo da vide ó longo da historia.

Os viñedos cos que conta esta Sociedade son o Preanes e As Oubenzas, situados nas Ribeiras de O Saviñao, na parroquia de Pesqueiras, onde as pendentes  acadan o 70% de inclinación. Complexa e diversa orografía, típica da viticultura heróica que se practica  na Ribeira Sacra  e  que pretenden lle  outorge o producto final distintos matices organolépticos que se poderán descubrir na cata deste xoves día 8 de Maio no Centro do Viño as 20H. Nun acto no que participará un dos promotores da adega, Juan Rois e  o enólogo  Roberto Regal.

DSC04997