11 LUGARES ENCANTADOS DA RIBEIRA SACRA.

Falará deles o escritor  Lois Diéguez  este sábado día 24 de Maio as 18H no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

O propio autor  explicaba deste xeito como vai sela conferencia: «Máis que conferencia en si vai ser unha proxección de imaxes comentadas arredor de 11 lugares encantados da Ribeira Sacra. Serán aqueles onde un recibe ese imán que ten a terra, que hoxe ou noutro tempo mantén un encanto especial que comunica connosco, co sensíbel. Máis que monumentos en si son espazos, ruínas, contidos dalgunha igrexa mesmo, feitos da natureza ou paisaxe, lendas ou segredos que no humilde compìten cos grandes monumentos porque inciden no noso corazón e nos emocionan. Esa é a beleza escollida por min, dun xeito subxectivo, logo, nese mundo encantado que forma a Ribeira Sacra. San Xoán Degolado, Candeda, Lobios, o río Sil, Cadeiras ou Marce serán algúns dos espazos que recollen ese corazón agachado pero aberto a quen queira recibilo». – Lois Diéguez.

Imagen

Deja un comentario