UN ANO DE ACTIVIDADE NO CENTRO DO VIÑO.

Cando a empresa Rutas Sacras Nomar UTE se fixo cargo da xestión do Centro do Viño da Ribeira Sacra, despois de gañar o concurso que para tal fin convocou o concello de Monforte, marcábase como obxetivo contribuir o desenvolvemento turístico da zona. Tiña claro que era imprescindible colaborar co sector vitícola sen perder de vista a potenciación de outros sectores e fixouse como reto dinamizalo Centro organizando actividades de toda índole para poñelo en valor.

Un ano despois os obxetivos vánse cumprindo e queremos agradecer á boa acollida que neste tempo tiveron todas as nosas propostas. Agradecemento especial a todos aqueles que colaboraron connosco e fixeron posible que o Centro do Viño da Ribeira Sacra se teña convertido nun espazo de referencia non só pola súa contribución ao fomento da cultura do viño si non tamén pola organización de outras actividades culturais e artísticas. Iniciativas realizadas co fin de poñer en valor este histórico edificio e axudar á súa vez á promoción da Ribeira Sacra en todolos seus ámbitos.  Para facer balance deste ano de xestión no Centro do Viño da Ribeira Sacra  por parte da empresa Rutas Sacras Nomar, compareceron en rolda de prensa os representantes da empresa Noelia Iglesias e José Ramón Martinez, acompañados do alcalde de Monforte Severino Rodriguez.

Imagen

O Centro é un punto de encontro coa cultura do viño.

O sector vitícola, ademáis de ser un dos eixos fundamentais da economía da zona, é unha peza crave para potenciar o sector turístico galego e faise imprescindible no caso da Ribeira Sacra. Para facilitar un mellor coñecemento das adegas e do viño que estas elaboran, dende o Centro organizamos presentacions semanais cunha participación media de 35 persoas, chegando con estes actos a máis dun millar de persoas. Presentáronse, neste ano de xestión, 65 viños pertencentes a 31 adegas pero tamén outros productos como a xenebra Ana elaborada por Adegas Moure que se encargou de combinar o Barista Damián Seijas e o vermú Nordesía en cuia elaboración participa a adega Via Romana e que nos axudou a descubrir David Neira nunha velada que amenizaron musicalmente os integrantes de Paquita la Maniática.

 A vinoteca do Centro, onde se realizaron a maioria das presentación, é o mellor escaparate que teñen os viños desta Denominación de Orixe. Neste último ano vendéronse nesta tenda 10.170 botellas de viño e 880 unidades de outros licores.

En ningún outro lugar podemos atopar xuntas tantas marcas de viños da Ribeira Sacra con 200 referencias para escoller. 163 son marcas de viño e o resto de licores que elaboran adegas da zona. 58 son marcas de viño da Subzona de Amandi, 37 de Ribeiras de Miño, 23 de Ribeiras de Sil, 27 de Chantada e 18 da Subzona Quiroga – Bibei. Un catálogo de viños con servizo a domicilio, sin custo adicional para o cliente, a calquera punto de España, cun pedido mínimo de 12 botellas. Através deste servizo vendéuse máis dun 10% do viño despachado nesta vinoteca..Máis dun millar de botellas que se entregaron en 63 localidades diferentes. Coa próxima posta en marcha da tenda “on line” agardamos incrementar de xeito sustancial esta porcentaxe.

Ademais de tratar de fomentala cultura do viño coas presentación, organizamos tamén tres cursos de cata de viños, unha cata de uvas, unha cata de viños ás cegas, unha cata de viños da Ribeira Sacra premiados ou destacados ao longo do 2013 en diversos concursos ou guías vitícolas e unha cata comparativa de viños elaborados coas variedades mencía e albarín, non só de Galicia se non tamén de comunidades próximas, como León, Asturias e Cantabria. 140 persoas participaron destas actividades.

 Imagen

Co fin de contribuir a promoción dos viños desta Denominación organizouse tamén dende o Centro a I Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra coa participación de 16 adegas. Unha lexión romana foi a encargada de portar ata o Claustro do Centro unha mostra da nova colleita que deste xeito se presentaba oficialmente nunha cerimonia que oficiou Xosé Mouriño Cuba, xefe do servizo de control de calidade agroalimentaria e industrias da Conselleria de Medio Rural e do Mar, que se encargaron de amenizar a Asociación de Amigos da Pandeireta, e o gaiteiro Emilio Estévez da banda de gaitas do concello de Monforte.

Imagen

Actividades culturais

O viño é o resultado final de moitas horas de traballo entre viticultores e adegueiros, traballos que teñen o seu punto álxido na vendima que dende o Centro do Viño quixemos inmortalizar organizando un Taller de Fotografía que se desenvolveu en dous fins de semana, adicando un deles ás Ribeiras do Sil e outro as Ribeiras do Miño. Obradoiros dirixidos polos fotógrafos Nacho Gómez e Manuel Valcárcel e dos que participaron unha quincena de persoas.

Imagen

 

A empresa xestora do Centro do Viño, Rutas Sacras Nomar, pretende que sexa tamén un Centro de referencia cultural e por elo, entorno a galería do edificio, facílitase a instalación de exposicións e son 6 as realizadas neste ano de xestión.

                     – de Carteleria da Feira do Viño de Amandi.

                     – de Fotografías da Ribeira Sacra de Nacho Gómez.

                     – Colectiva de Artistas da Ribeira Sacra: “Creacións Interiores”

                     – de Fotografía, “Coma silvas que comen muros” de Iván Merayo

                     – de Humor Gráfico adicado ao mundo do Viño,”Viño e Viñetas”

                     – de pintura “Crystilandia”

Unhas 180 persoas participaron nas inauguracións.

Convencidos de que todolos veciños poden ser axentes promocionais do territorio organizamos unas “Xornadas de promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra.” Plantexouse este ciclo de charlas co fin de fomentar entre a poboación un mellor coñecemento deste espazo xeográfico e impartíronse 5 conferencias as que asistiron unhas 200 persoas:

-“Románico da Ribeira Sacra”, Carola Casal da As. O Sorriso de Daniel.

-“Entroido Ribeirao”, con escenificación incluida a cargo de Juan Carlos González Pérez, presidente da As. Amigos do Entroido Ribeirao

-“Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade”, Pablo Ribera Capón, técnico da Deputación provincial de Lugo

-“O viño na Historia e na Arte” da historiadora Manuela Sáez

-“11 lugares encantados da Ribeira Sacra” do escritor Lois Diéguez.

Tamén se pensou nos estudantes organizando obradoiros para os Centros de Ensino con unidades didácticas, acordes as idades dos cativos, sobre os diversos aspectos que conflúen na Ribeira Sacra a nivel xeográfico, paisaxístico, monumental e natural. Todo elo para que os rapaces teñan un mellor coñecemento do entorno. Participaron da iniciativa 300 rapaces repartidos en 10 grupos, sete de colexios de Monforte e tres de fora da comarca.  

Imagen

A literatura tamén tivo o seu oco no Centro do Viño e aproveitámos a celebración do Día Internacional do Libro para que a escritora Helena Villar Janeiro, acompañada da tamén escritora Marica Campo e da artista Luz Darriva, presentase o seu último libro de poemas, “Remontalo Río”, ante 25 persoas.

Imagen

A tradición oral tamén tivo a súa cita no Centro do Viño e historias precisamente relacionadas co viño foron contadas por Lois Pérez no monólogo que ante   62   persoas ofreceu no Centro o día 22 de Maio. Estreaba neste lugar unha narración que contrataron xa noutros puntos vencellados a zonas vitícolas do país.

 Imagen

Promoción da artesanía

A artesanía é outro dos sectores polos que traballa a empresa Rutas Sacras Nomar dende o Centro do Viño. Un edificio histórico como é este convírtese no lugar axeitado para divulgar este tipo de actividade e esta foi a filosofía coa que se promoveron os “Sábados Artesáns” que no Claustro do Centro se desenvolveron o pasado verán con demostracións de cestaría, oleiría, talla en madeira e téxtil e que agardamos repetir e ampliar este ano coa colaboración do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación de Lugo e a Asociación de Artesáns Terra de Lemos. “

Imagen

Iniciativas para promover o traballo feito a man que tivo o seu prato forte co desfile de moda artesán “Pura artesanía. Pezas en Movemento”, que de roupa, calzado e complementos se desenvolveu con grande éxito no museo do Centro o pasado 30 de maio ante unhas 120 persoas. Desfile no que se exhibiron pezas feitas por 14 artesans. Unha actividade que serviu para que moito do público que acudiu a velo descubrise por primeira vez o Espazo Museístico do Centro do Viño. Un Espazo que celebrou o pasado mes de abril 5 anos de vida e que foi visitado neste tempo por casi 17.935 persoas.

Dende Rutas Sacras Nomar non quixemos que pasara desapercibida esta efeméride polo que, para seguir poñendo en valor este recurso turístico e celebralo quinto aniversario da inauguración do mesmo, organizamos unha mesa rendonda na que participaron quenes idearon o proxecto. En representación do Concello de Monforte a tenente alcalde e concelleira da área de turismo , Maria Xosé Vega. En representación de quenes traballaron na rehabilitación do edificio o arquitecto que dirixiu a obra, Xosé Lois Otero e en representación da empresa Escena Turística encargada do deseño museístico, o arquitecto Santiago Pérez. Destacar que entre o medio cento de asistentes este acto estiveron os alumnos e un profesor do ciclo de turismo do IES Río Cabe que plantexaron a súa asistencia como unha oportunidade única para ver como se crea e pon en marcha unha iniciativa turística destas características.

 Imagen

Información turística.

O Centro do Viño ideouse como punto de encontro coa Ribeira Sacra en todolos aspectos, tanto para os veciños da zona como para quenes nos visitan. Ademais da vinoteca e do museo, o Centro do Viño é sede da oficina municipal de turismo de Monforte que nos últimos 12 meses, dende que se fixo cargo da xestión a empresa Rutas Sacras Nomar, leva atendido 12.052 consultas. 10.367 de procedencia nacional e consulta individual. 815 de procedencia nacional en distintos grupos e 870 extranxeiros.

O Espazo Museístico do Centro do Viño foi visitado por 2.883 persoas. Ademais de en galego e castelán fixéronse visitas en inglés, 101 persoa, e en francés, 87. Houbo “Xornadas de portas abertas” en tres ocasións.

Entre a xente que pasa polo Centro do Viño hai cada vez máis peregrinos, 122 foron atendidos no último ano. Algúns deles integrantes de grupos, outros que de xeito individual se achegan a Santiago através do Camiño de Inverno. Recollemos datos e rexistramos credenciais en colaboración da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra tratando de acadar canto antes a oficialidade desta ruta.

Colaboracións con outras entidades.

Ademais de iniciativas propias o Centro do Viño colaborou coas promovidas por outras entidades como o Museo do Ferrocarril, a Asamblea de Cineclubes e a Mostra de Cine de Monforte do Cineclube a Calexa, ou coa Asociación Provincial de Empresarios de Hosteleria acollendo no salón de actos do Centro a presentación do “Cume Tapas” ou do “Estase cocendo”. Participamos tamén activamente na ambientación da Feira Medieval acadando un segundo premio no concurso de escaparatismo convocado polo concello.

O salón de actos do Centro ven sendo utilizado de xeito habitual por diversas entidades e asociación para desenvolver actividades. Reunións de traballo, roldas de prensa, charlas….entre as máis concurridas a proxección do documental “Las Maestras de la República” que promoveu Fete-UGT,ou o Torneo de Xadrez de Monforte, puntuable para o Circuito Galicia Central, con 150 participantes de diversos puntos desta comunidade e que encheron salón e Claustro.

Un ano de actividade propia ou facilitando as de outros para contribuir a dinamización cultural pero sobre todo turística de Monforte e resto da Ribeira Sacra.

As novas tecnoloxías, paxina web e facebook que xa había, e a conta no twitter e o blog que creamos nós tras facernos cargo do Centro do Viño da Ribeira Sacra, servíronnos neste primeiro ano de xestión, para seguir dando a coñecer o Centro e todolas actividades que nel organizamos e coas que movilizamos a máis de 3.000 persoas. Agradecidos tamén os medios de comunicación convencionais por ser transmisores de todo o traballo realizado contribuindo deste xeito o éxito das distintas convocatorias que fixemos.

 

Anuncios

Nueva imagen corporativa para los vinos elaborados por Adegas Guímaro.

Es sábado día 7 de Junio a las 12:00 de la mañana en el Claustro del Centro del vino de la Ribeira Sacra, situado en Monforte de Lemos en la calle Comercio nº 6, tendrá lugar la presentación de la nueva imagen corporativa de los vinos elaborados por Adegas Guímaro.

Imagen

Este cambio está pensado para los nuevos objetivos de mercado, destinados al consumo nacional, así como a la exportación ya asentada en países como EEUU, Japón, UE, Canadá o Australia, entre otros países.

Nueva etiqueta para vestir vinos que siguen recogiendo alabanzas de numerosos especialista de renombre nacional e internacional. Valoración muy  positiva de los expertos  que facilitan el gran  auge internacional que está adquiriendo Guímaro pero también otros vinos de la Ribeira Sacra.

En la presentación se realizará la cata de las nuevas añadas de los vinos de  fincas de Adegas Guímaro.  En el acto intervendrá el bodeguero, Pedro Manuel Rodriguez Pérez, que estará acompañado del  autor de la nueva etiqueta, Raúl Suárez y del enólogo Luis Buitrón.

Imagen

Guímaro lleva años cosechando buenas críticas  como exemplo :

http://rumbovino.blogspot.com.es/2012/11/guimaro-una-joya-en-la-ribeira-sacra.html

Recordamos, que Guímaro luce nueva etiqueta y que la nueva imagen de esta marca se presenta oficialmente est sábado día 7 de Junio a las 12 de la mañana en el Claustro del Centro del Vino de la Ribeira Sacra.