UN OBRADORIO DE COIRO PECHA OS SÁBADOS ARTESÁNS DO CENTRO DO VIÑO ESTE PRÓXIMO DÍA 30 DE AGOSTO.

Remata a Segunda Edición dos Sábados Artesáns que no Claustro do Centro do Viño se veñen desenvolvendo con grande éxito de público, dende o pasado día 2 de Agosto. O obradoiro que queda pendente para este sábado día 30 é o de Coiro. Dous artesáns de esta disciplina, Fernando Peña Novo e José Ramón Lleó serán os esncargados de ensinar como se traballa o coiro ao longo das demostracións que realizaran entre as 11 da mañá e as 2 da tarde no Claustro do Centro. Demostracións abertas ao público para que todalas persoas que estean interesadas poidan ver como os artesáns desenvolven a súa actividade.

DSC05945 DSC05944

Promover a artesanía e poñer en valor o Claustro do Centro do Viño, lugar no que desenvolven os distintos obradoiros programados, é o obxetivo principal desta iniciativa que promovida polo Centro do Viño en colaboración da Asociación de Artesáns Terra de Lemos e do concello de Monforte, financia a Deputación Provincial de Lugo.

Nesta segunda edición da actividade participaron unha decena de artesáns. Moitos deles da Ribeira Sacra pero tamén de outros puntos da provincia de Lugo. Arrancaban os “Sabados Artesáns” o día 2 de Agosto con taller téxtil, o día 9 de Agosto talla en madeira, o día 16 cerámica, o día 24 cestaría e rematan este próximo sábado día 30 de agosto con obradoiro de coiro.

Como complemento aos Sábados Artesáns o fin de semana pasado acolleu o Claustro do Centro do Viño, con grande éxito de público e ventas, a Feira de Artesanía que contou coa participación de unha decena de artesáns e a primeira fin de semana de setembro, pecharase a actividade cunha “palillada na rua”. Un encontro de palilleiras que desenvolverán a súa actividade o longo da rua do Comercio o sábado día 6 de Setembro. Ainda non está pecha a inscripción pero a Asociación de Artesáns Terra de Lemos, promotora da iniciativa. agarda xuntar máis de unha vintena de participantes.

Anuncios

Feira de Artesanía no Claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

A Asociación de Artesáns Terra de Lemos, en colaboración do Centro do Viño da Ribeira Sacra e do Concello de Monforte celebra esta fin de semana unha Feira de Artesanía no Claustro do Centro do Viño.

A Feira desenvolverase entre este venres día 22 e o domingo día 24. Hoxe de 7 a 9 da noite. O sábado de 10 a 14h e de 17 a 21 horas e o domingo de 10 a 14 horas.

Da feira participarán 10 artesáns dos cales 8 son da Comarca de Lemos.

Ademais da Feira de Artesanía, este sábado pola maña, seguindo coa programación dos “Sábados Artesáns”, haberá no Claustro do Centro do Viño un obradoiro de Artesanía a cargo de María Otero de Meira e Lola Tourón do Courel.

 cartel definitivo

Obradoiro de cerámica no Claustro do Centro do Viño da Ribeira Sacra.

As demostracións correrán a cargo de Otilia Arias e Amparo Scrich. Otilia traballa o torno baixo e realiza pezas da tradicional oleiría de Gundivós. Amparo, ainda que leva moitos anos afincada en Monforte, é da Comunidade Valenciana e utiliza para elaborar os seus traballos técnicas da súa comunidade de orixe. Ademáis das demostracións de artesanía en vivo, este sábado día 16 no salón de actos do Centro do Viño, Margarita Rodriguez Otero presentará o último libro que vén de publicar:Confidencial:Eliminar ó Rei. Acto que contará coa participación do escritor Lois Diéguez. E últimos días para ver a exposición de pintura de Ángeles Rodriguez Quiroga porque o martes día 19 inauguramos unha nova de grabado de Nando Vázquez.
 VARIAS 013 332

CATA DE BRANCOS NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA .

No Centro do Viño da Ribeira Sacra estamos a organizar unha cata de viños brancos galegos elaborados con variedades autóctonas: Godello, Albariño, Treixadura, Loureira, Caiño Branco, Branco Lexítimo e Dona Branca. O obxetivo é analizar a influencia da variedade nos distintos viños brancos que se elaboran en Galicia e as diferenzas que teñen eses viños dunhas denominacións a outras.

Brindámoslle a oportunidade de coñecer algo máis destas elaboracións e das distintas castes que se están a utilizar nesta Comunidade nunha cata dirixida polo xefe de enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Leiro, o enólogo Alfonso Losada Quiroga.

Coa iniciativa colaboran adegas de diversos puntos de Galicia que vinifican as distintas variedades brancas que temos nesta comunidade facilitando o viño que se vai catar no acto.

A cata será o próximo venres día 8 de Agosto e desenvolverase no salón de actos do Centro do Viño da Ribeira Sacra a partir das 8 da tarde.

O prezo da cata son 15 Euros e o prazo de inscipción, a realizar no Centro do Viño, pecharase cando se completen as 20 prazas que se ofertan.

 

 

ÓLEOS DE ANGELES RODRIGUEZ NO CENTRO DO VIÑO.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este venres día 1 de Agosto as 8:00 a inauguración da Exposición de pintura de Mª Angeles Rodríguez Quiroga.
Unha exposición de óleos que se poderán ver na Galería do Centro do Viño ata o día 16 de Agosto.
Ainda que naceu en Monforte, Mª Angeles Rodríguez Quiroga, vive en Ourense dende hai máis de 20 anos. Sempre lle gustou debuxar e pintar e con 15 anos recibiu dos seus pais como agasallo o seu primeiro caballete e os óleos cos que pintou o seu primeiro cadro.
Con 16 anos dubidada en estudar Belas Artes ou Traballo Social, optou polo segundo e de feito de traballadora social segue exercendo en Ourense. Aínda que nunca se afastou das artes plásticas pasou tempadas sen poñerse diante dun lenzo. Dende hai seis anos, retomou as inquedanzas pictóricas con máis madureza e serenidad aprendendo diversas técnicas no taller do pintor ourensá Moncho Souto.
Case todos os seus temas son plasmados do natural, fundamentalmente paisaxes, mariñas, flores e urbanos. A técnica que máis utiliza é o óleo e define o seu estilo como unha mestura entre impresionismo e realismo. Gústalle pintar todo aquelo que transmita emoción e últimamente a sua temática favorita é a figurativa. O seu novo reto son os retratos.
Nunca participou en ningún concurso e a maioria dos seus cadros están vendidos a particulares.
A primeira exposición que realizou da sua obra foi en xullo de 2013 no Espazo Xove de Ourense.