CATA DE UVAS NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA

Facilitar un mellor coñecemento das variedades que temos na Denominación de Orixe Ribeira Sacra é o obxetivo da cata de uvas que se vai celebrar no Centro do Viño, na rua do Comercio nº 6 de Monforte de Lemos, o venres día 19 de Setembro. Repetimos experiencia despois do éxito da cata celebrada o pasado día 12.

CATA DE UVAS EN EL CENTRO DEL VINO DE MONFORTE

A cata estará dirixida de novo polo enólogo Alfonso Losada  da Estación de Viticultura de Leiro e desenvolverase a partir das 20:00 horas  no salón de actos do Centro. Ó prezo de inscripción é de 10 euros e as prazas limitadas a 20.

As uvas que se van a catar son:

Uvas brancas: Alvariño, Dona Branca, Godello, Loureira, Torrontés e Treixadura e Branco Lexítimo.

Uvas tintas: Mencía, Brencellao, Merenzao, Caiño Tinto, Garnacha Tintoreira, Mouratón e Sousón .

No acto explicaranse as principias características de cada unha destas variedades, como diferenciar unha variedade de outra, que aporta cada unha delas o producto final, como se seleccionan en función do  tipo de viño que se vaia a elaborar ou que diferencia  unha uva de mesa da que utilizamos para facer viño ou como se realizan os controis de maduración e que parámetros se deben ter en conta para fixala data da vendima.

Agora que empeza a campaña da vendima, trátase dende o Centro do Viño, de ofertar  os interesados información básica sobre un dos principais recursos da zona e orixe dunha importante fonte de ingresos para moitas familias.

Os que estean interesados en participar poden inscribirse ou ter máis información no propio Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 303.

Anuncios

Nos tres meses de verán vendéronse na vinoteca do Centro 4.633 botellas de viño acollido a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

O incremento en ventas superou o 18% con respecto o mesmo período do pasado ano. Vendéronse 177 viños diferentes o que convirte a esta vinoteca no mellor escaparate dos viños desta Denominación de Orixe. Cabe sinalar tamén que entre os 15 viños máis vendidos hai viños das 5 Subzonas da Denominación.

Os viños premiados en distintas catas ou mellor puntuados en guías recoñecidas a nivel nacional e internacional son os que máis se venden. Hai 12 marcas en concreto das que se venderon nos tres meses máis de un cento de botellas, de cada unha delas, superando nalgún caso as 300.

Medio millar das botellas vendidas foron enviadas a 33 puntos diferentes a través do servizo que con porte gratis para os clientes ten establecido a vinoteca dende que abriu as súas portas fai algo máis de un ano.

Incrementouse a venda de viño a medida que se foi afianzando a propia tenda e aumentando nela as referencias, non só de viño si non tamén de licores. Destes últimos vendéronse 370 botellas de 32 marcas diferentes, rexistrando os últimos tres meses un incremento de casi un 15% con respecto o mesmo período do pasado ano.

A vinoteca do Centro do Viño oferta tamén productos típicos. 200 unidades de 40 productos diferentes. Neste caso o que máis de vendeu foi aceite de Quiroga, oleiría de Gundivós e Mel da zona.

Cando en xuño do pasado ano a empresa Rutas Sacras Nomar Ute se fixo cargo da xestión do Centro do Viño a vinoteca levaba varios meses pechada. Dende a súa reapertura rexistrou incremento xeral nas vendas consolidándose como o establecemento de referencia para os que queren mercar viños acollidos a Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Amplía vendas a medida que incrementa o catálogo de viños grazas tamén a confianza que na empresa xestora do Centro depositan os adegueiros desta Denominación.

 Imagen 033

A oficina de turismo de Monforte atendeu nos tres meses de verán máis de 6.100 persoas .

Durante o mes de agosto pasaron pola oficina de turismo do Concello de Monforte, situada no Centro do Viño, 3.641 persoas, 385 máis que no mesmo mes do pasado ano. O Espazo Museístico do Centro foi visitado por 460 persoas, incrementándose a cifra con respecto ao ano anterior en 107 visitantes.

 DSC05733

No mes de xullo foron atendidas 1.796 persoas e rexistráronse 466 entradas no Museo mentres que en xuño solicitaron información turística 664 turistas e houbo 375 visitas ao Museo. Tamén nestes dous meses se rexistrou incremento de visitantes con respecto ao pasado ano tanto na oficina de turismo como nas entradas o Museo situándose ese incremento entre un 12 e un 18%.

 DSC05724

En total entre o 1 de xuño e o 31 de agosto foron atendidas na oficina de turismo máis de 6.100 persoas e o museo tivo 1.301 visitas.

Neste mesmo periodo entorno a 70 peregrinos do Camiño de Inverno selaron no Centro a súa Credencial.

Incremento no tempo de estanza.

Con respecto o pasado ano incrementouse tamén o tempo de estanza dos turistas con tres, cuatro días de media e subindo tamén a cifra dos que se quedan pola zona entre unha semana e dez días ainda que segue sendo zona de paso hacia outros lugares de Galicia, sobre todo hacia as zonas costeiras tanto Rías Altas como Rías Baixas.

O mes de agosto segue traendo a zona sobre todo turismo familiar mentres que en xuño e xullo a maioría dos que se achegaron a pedir información a oficina de turismo non tiñan vinculación ningunha coa Ribeira Sacra.

Achéganse á oficina de turismo preguntando qué facer e visitar durante os días que permanecen na zona. As viaxes en catamarán, sobre todo o dos Canons do Sil, as visitas as adegas e os monumentos románicos así como as rutas de sendeirismo son o que máis interesa.

Sorprende tamén os visitantes a cantidade de monumentos e museos visitables que hai no propio concello de Monforte. Votan de menos máis rutas organizadas ainda que valoran moi positivamente as existentes polo románico e mesmo as visitas guiadas polo casco vello monfortino.

Orixe dos visitantes.

Visitáronnos xente de practicamente todas as comunidades sobre todo de Madrid e Cataluña seguidos de Valencianos e Andaluces. Respecto os galegos, os que máis visitan a Ribeira Sacra son os coruñeses.

Segue incrementándose tamén o turismo internacional. Recibimos nestes tres meses de verán a xente de numerosas nacionalidades. Os máis numerosos os franceses, con casi 200 atendidos e algo máis de un cento de ingleses tamén moito americano e sudamericano, sobre todo de Brasil e Arxentina e como curiosidade atendéronse na oficina de turismo a 2 Xaponeses e varios Australianos. Alemania, Italia, Bélgica, Holanda, Suiza, Finlandia, Polonia, Canadá e a República Checa destacan tamén como orixe de moitos dos visitantes. Turismo extranxeiro que valora moi positivamente o feito se ser atendidos en inglés ou francés idiomas nos que se realizan tamén visitas ao Espazo Museístico do propio Centro.