Premios da Cata – Concurso de viños “Patrimonio Ribeira Sacra”.

Dende o Centro do Viño estamos moi agradecidos a todalas adegas que aceptaron o convite e participaron na cata concurso que celebramos esta fin de semana. Grazas pola vosa colaboración e parabéns a todolos premiados:

-TINTO 2013:

“Gran Patrimonio Ribeira Sacra “: Regina Viarum e Viña Cazoga.

“Patrimonio Ribeira Sacra”:Adega Ferreiro, Casa Noguedo, Cruceiro,
Finca Cuarta.
BRANCOS 2013:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra”: Peza do Rei

“Patrimonio Ribeira Sacra “: Algueira Cortezada, Don Ramón, Viña Garoña
TINTOS BARRICA E OUTRAS AÑADAS:

“Gran Patrimonio Ribeira Sacra” : Finca Cuarta e Peza do Rei.

“Patrimonio Ribeira Sacra”: Bancales Olvidados de Ponte da Boga,
Don Bernardino e Guímaro -Meixemán.

BRANCOS BARRICAS E OUTRAS AÑADAS:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra”: Via Romana 2012
“Patrimonio Ribeira Sacra”:Barbado e Finca Cuarta.

Entregaremos os galardóns nun acto que  temos previsto celebar o sábado día 29 de novembro as 12 da maña no propio Centro do Viño e aberto o público.

As catas son sempre esto, uns gañan e outros quedan as portas. Niste caso foron numerosos os viños que quedaron as portas e con poucas décimas de diferenza cos que sí acadaron algún dos premios en xogo o que reflexa o esforzo que día a día viticultores e adegueiros da Ribeira Sacra están facendo por sacar o mercado producto  de calidade.

Ainda que evidentemente foi un concurso, a idea de quen xestionamos o Centro do Viño, Rutas Sacras Nomar, non era involucrar as adegas nunha competición senon poñer en marcha unha nova iniciativa de promoción dos viños desta Denominación. Que se falase dela, da Ribeira Sacra, e creo que o conseguimos pola repercursión que o acto tivo nos medios de comunicación: xornais, radios, televisión e plataformas dixitais varias.

Neste sentido, queremos tamén agradecer o Consorcio Turístico e o Consello Regulador, que nos axudaron a financiar a emisión, este sábado en directo dende o Centro do Viño, do programa  da Radio Galega, “Coñecer Galicia”, que foi tamén unha boa plataforma de difusión do producto que aquí temos, viño e turismo.

A celebración deste acto non houbese sido posible sen a colaboración de todolos profesionais que formaron o panel de Cata e por suposto da Asociación Galega de Enólogos. Agradecemos tamén a colaboración da Xunta, a través da Estación de Enoloxia e Viticultura de Leiro, da Deputación Provincial de Lugo e do concello de Monforte.

Ainda que evidentemente agora uns nomes soarán máis que outros, a nosa intención e o noso desexo é que gañe o conxunto, e agardamos que esto sexa unha contribución máis o traballo que temos  que seguir facendo unidos se de verdade cremos no que temos e no que estamos facendendo.

De novo moitas grazas pola confianza que depositades en nós e por prestarvos  a colaborar con todas as iniciativa que dende o Centro vos formulamos. Agardamos seguir contando coa vosa colaboración.

10420172_560468444084911_4527301317554016259_n

Anuncios

NOVA CATA DE PROMOCIÓN DOS VIÑOS DA RIBEIRA SACRA.

O Centro do Viño pon en marcha unha nova iniciativa de promoción dos viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra co obxectivo de recoñecer o traballo e o esforzo dos viticultores e adegueiros desta Denominación. Nace o evento co fin tamén de axudar a potenciar as ventas nas datas de Nadal que se aveciñan. Pretendemos realizar os días 21 e 22 de Novembro unha Cata Concurso dos viños que temos á venta na tenda do Centro.

Nestes momentos contamos cunhas 170 referencias de viños acollidos a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e todos serían susceptibles de participar na Cata, sempre que así o desexe o adegueiro, polo que abrimos prazo de inscripción para os que queiran participar.

Habitualmente as catas realízanse no primeiro semestre do ano, cando o viño novo esta saíndo o mercado. Niste caso, propoñemos facela co ano a piques de rematar para someter os nosos viños a unha nova prova de calidade e analizar como evolucionan co paso do tempo e catando viños que estan na tenda, a disposición do consumidor, en vez de mostras solicitadas as adegas, como se fai habitualmente.

Dende que Rutas Sacras Nomar se fixo cargo da xestión do Centro do Viño, realizamos ó longo do ano diversas accións promocionais para a difusión dos Viños da Ribeira Sacra: presentacións, cursos de cata, catas comentadas, Festa do Viño Novo, … agora decidimos organizar esta Cata Concurso, “CATA DE VIÑOS RIBEIRA SACRA PATRIMONIO DA HUMANIDADE”, como un evento máis, que entendemos pode ser beneficioso para todos. Co nome preténdese tamén contribuir á campaña de promoción da zona cara á tan desexada declaración de protección.

O panel de cata, o xurado deste concurso, estará formado polos enólogos que man con man cos adegueiros, axudan a mellorar ano tras ano os viños da nosa Denominación para que valoren tamén eles mesmos o resultado final do esforzo que realizan nas adegas desta D.O. na seguridade de que esta acción será beneficiosa para todos.

A cata, será aberta o público e a Radio Galega emitirá un programa en directo, especial sobre a Ribeira Sacra, dende o Centro do Viño o día 22, no que xa se darán a coñecer os premiados.