CATA DE ESCUMOSOS, CAVAS E CHAMPAÑAS NO CENTRO DO VIÑO.

O Centro do Viño da Ribeira Sacra organiza unha cata degustación de viños escumosos, cavas e champañas. Será o sábado día 27 de Decembro a partir das seis da tarde.

Con esta iniciativa dende o Centro do Viño preténdese facilitar os interesados a posibilidade de incrementar coñecementos sobre estas bebidas cuxo consumo se incrementa sustancialmente nesta época do ano.

Explicaránse as técnicas de elaboración e os distintos métodos que se aplican. As variedades de uvas que se utilizan e como diferenciar uns doutros. O papel que xogan os carbónicos e os azucres ou que nos indican as burbullas. Así como as distintas catalogacións que reciben estas bebidas que están entre as alcohólicas máis consumidas do mundo xunto co viño e a cervexa.

En definitiva, un achegamento ás principais características dun champán francés, un cava catalá e os viños escumosos que se elaboran en distintos puntos de España. Entre eles os galegos que dun tempo a esta parte aparecen cada vez con máis forza e variedade no mercado. Por iso, aproveitarase tamén o acto para que os participantes poidan afondar nas diferenzas existentes entre os escumosos que se elaboran en distintos puntos de Galicia.

Esta cata estará dirixida por Alfonso Losada Quiroga, xefe de enología da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega).

As prazas son limitadas e o prezo de inscripción é de 20 €.

Para máis información os interesados deben dirixirse ao Centro do Viño da Ribeira Sacra ou no teléfono 982 105 303.

cata escumosos

Premios da Cata – Concurso de viños “Patrimonio Ribeira Sacra”.

Dende o Centro do Viño estamos moi agradecidos a todalas adegas que aceptaron o convite e participaron na cata concurso  de viños que celebramos os días 21 e 22 de Novembro.

Catáronse 110 viños de 54 adegas resultando premiadas as seguintes adegas:
-TINTO 2013:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra “: Regina Viarum e Viña Cazoga.
“Patrimonio Ribeira Sacra”:Adega Ferreiro, Casa Noguedo, Cruceiro,
Finca Cuarta.
BRANCOS 2013:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra”: Peza do Rei
“Patrimonio Ribeira Sacra “: Algueira Cortezada, Don Ramón, Viña Garoña
TINTOS BARRICA E OUTRAS AÑADAS:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra” : Finca Cuarta e Peza do Rei.
“Patrimonio Ribeira Sacra”: Bancales Olvidados de Ponte da Boga,
Don Bernardino e Guímaro -Meixemán.
BRANCOS BARRICAS E OUTRAS AÑADAS:
“Gran Patrimonio Ribeira Sacra”: Via Romana 2012
“Patrimonio Ribeira Sacra”:Barbado e Finca Cuarta.

Copia de DSC06692

BETERNA. UN NUEVO TINTO DE FINCA MÍLLARA

La bodega “Finca Míllara” está situada en el lugar de A Míllara en el Ayuntamiento de Pantón y pertenece a la Subzona de Ribeiras de Miño dentro de la D.O. Ribeira Sacra. Funciona desde el año 2007  y “Beterna” es la tercera marca que sacan al mercado. Un nuevo tinto mencía con seis meses en barrica. Un vino que envejecen en barrica francesa nueva, buscando, dentro de la complejidad de este tipo de madera, una nueva “expresión frutal” que distinga esta nueva elaboración de las otras que ya tienen en el mercado. De BETERNA la bodega “Fínca Míllara” sacará al mercado 5000 botellas.

De la presentación de este vino se encargará el enólogo Roberto Mosteiro que estará acompañado de José Alfonso Luna, en representación de la bodega. El acto será  este jueves día 11 de Diciembre a las 20H  en la vinoteca del Centro del Vino. Cata comentada de “Beterna”  y de los otros dos vinos que  elabora esta “Finca Míllara:

FINCA MÍLLARA

La cosecha del 2007 fue el primer Finca Míllara en el mercado, con 91 puntos Parker.
Vino 100% Mencía, con 13,5º de alcohol.
Pasa 12 meses en barrica nueva de Roble Francés y doce meses en botella.
Es un vino complejo en aromas con notas de frutos rojos compotados y rasgos florales. Sedoso y goloso en su entrada, con suaves y dulces tañimos muy integrados, buena acidez. Gran persistencia en el final. Es un vino de guarda con muy buena longevidad.

LAGARIZA

100% Mencia, con 13º de alcohol.
Lagariza es un vino que después de permanecer seis meses en depósito de acero, se embotella y reposa cuatro meses en la Bodega antes de su salida al mercado. 100% Mencia en el que prevalece la fruta muy integrada con el alcohol y una acidez equilibrada, color roja picota y a pesar de su juventud, es suave y goloso.  Procede de cepas más jóvenes, con rendimientos bajos.

DSC06762

SEGUE CRECENDO A D.O. RIBEIRA SACRA. NACE UNHA NOVA ADEGA EN QUIROGA: “LAR DE RICOBAO”

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este xoves día 4 de Decembro o acto de presentación dos viños da Adega “Lar de Ricobao”. Será a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro. Acompañaranos en representación da adega Julio Quiroga Zarauza e o enólogo Luis Buitrón.

Lar de Ricobao é unha adega de recente creación con capacidade para producir ata 15.000 litros de viño. Está ubicada no Parque Empresarial de Quiroga, e estréase no mercado do viño coa colleita que están a comercializar nestes entres e que presentarán este xoves no Centro do Viño. Está acollida a Denominación de Orixe Ribeira Sacra e pertence a Subzona Quiroga Bibei.

Trátase dun proxecto empresarial froito do empeño dun grupo de emprendedores vinculados á zona. Apostan por desenvolver a súa actividade co máximo respecto ao medio, aplicando técnicas sostibles nos labores do campo e utilizando sistemas de aproveitamento das enerxías renovables para o traballo na adega. Un proxecto innovador co obxetivo de trasladar ao consumidor o mellor da terra na que se asentan contando con varios viñedos situados nos concellos de Quiroga e Ribas de Sil.

Elaboran tintos e brancos vinificando distintas variedades de uvas como Mencía, Brancellao, Merenzao, Sousón, Caíño, Garnacha, Treixadura e Godello. Disto saen viños diferentes que se poderán catar e comentar este xoves día 4 de Decembro a partir das 20:00 horas na vinoteca do Centro do Viño.

images