CATA DE AUGARDENTES NO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA.

Esta aberto o prazo para que se inscriban os que queiran participar nunha cata de Augardentes que se vai desenvolver no Centro do Viño da Ribeira Sacra o xoves día 5 de Marzo. A cata realizarase entre as 6 e a 8 da tarde e estará dirixida por Hixinio Rodeiro, técnico do Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia.

Servirá a cata para que os participantes coñezan a singularidade e as características de cada un dos productos amparados polo Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia, augardente de bagazo, augardente envellecida, augardente de herbas, licor de herbas e licor café, e as características de cada un deles.

O tipo de copa a utilizar e a forma e temperatura de servizo máis adecuada, serán outros dos asuntos que se analizen nesta cata. O obxetivo da mesma é facilitar, a quen poida estar interesado, un maior coñecemento dun producto moi típico de Galicia e ao que non se lle dá a categoría que merece en relación a outras bebidas alcohólicas.

O acto servirá tamén para presentar o Consello Regulador e as súas funcións, os productos que ampara e o traballo que realiza para garantir a calidade destes. Control da orixe, promoción e mesmo problemática do producto que se comercializa sen etiqueta co fin de concienciar sobre a importancia da etiquetaxe tamén neste tipo de bebidas.

A elaboración de augardentes e licores é un valor engadido para moitas adegas. Na D.O Ribeira Sacra hai media dúcia delas que ademais de viño comercializan este tipo de bebidas que pretendemos axudar a poñer en valor coa celebración desta cata con prazas limitadas e inscrición gratuita.

AGUARDIENTES-WEB

Anuncios

ACTIVIDADES PROMOVIDAS POLO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA NO 2014.

O longo do 2014 presentáronse en total 44 viños pertencéntes a 18 adegas incluida a presentación do vermú Nordesía. Realizáronse 9 catas, entre as de iniciación e as de perfecionamento, cata de viños da D.O. premiados no 2013, cata de brancos, catas de uvas e cata de escumosos, ademáis da “Cata de viños Patrimonio Ribeira Sacra”.

DSC06585

I Edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra.

DSC04213

“Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra” con 7 charlas.

1 espectáculo de Narración oral sobre o viño. Monólogo.

9 Exposicións.

Desfile de moda “Arte en Movemento”

IMGP3471

Actos de celebración do 5º aniversario do Centro con Mesa Redonda sobre o mesmo.

“Sábados Artesáns” con demostracións en vivo de diversos oficios artesáns todolos sábados de Agosto.

Feira de Artesanía no Claustro do Centro.

5 presentacións de libros

12 Talleres para escolares

BALANCE 2014 DA OFICINA DE TURISMO E DA TENDA DO VIÑO

Vendéronse na tenda ao longo do 2014 11.426 botellas de viño.

926 licores.

529 unidades de outros productos.

(De xuño 2013 a xuño 2014 vendéranse 10.170 botellas de viño e 880 unidades de outros licores)

150 envíos a diversos puntos de España.

11.682 persoas foron atendidas na oficina de turismo o longo do 2014.

109 peregrinos selaron no Centro as credenciais.

Visitaron o museo 3.413 persoas

DSC06438

A EXPOSICIÓN ‘GALIZA. UN PAÍS DE FESTAS. RITOS FESTIVOS SINGULARES’, QUE AFONDA EN SEIS FESTIVIDADES HISTÓRICAS DO SUR DA PROVINCIA DE LUGO, CHEGA AO CENTRO DO VIÑO DE MONFORTE

Aproveitando a época do Entroido na que estamos esta mostra estará centrada nas dúas principais celebracións destas características existentes na zona: o Entroido Ribeiro (Chantada) e o Oso de Salcedo (A Pobra do Brollón). Ao acto de inauguración, que se celebrará este xoves día 12 de febreiro partir das 20 horas no Centro do Viña da Ribeira Sacra, asistirán o responsable de Cultura e Turismo do organismo provincial, o nacionalista Mario Outeiro; o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez; a concelleira local de Cultura, Pilar López; e Carme Pernas, comisaria da exposición.

Convite_expo_Entroido

‘Galiza. Un país de festas. Ritos festivos singulares’ é unha investigación dirixida por Carme Pernas Bermúdez que afonda en seis festas que se celebran no sur da provincia de Lugo, ao abeiro do programa de Recuperación do Patrimonio Inmaterial impulsado pola Área de Cultura da Deputación de Lugo. Ademais dos dous entroidos, tamén se estudaron e analizaron as Fachas de Castelo (Taboada), os Agucios de Vilelos (O Saviñao), as Danzas da Cervela (O Incio) e o Meco e Pampónigas da Ermida (Quiroga).

Este proxecto ten como obxectivo salvagardar o patrimonio inmaterial do sur da provincia, dinamizando e consolidando estes seis ritos festivos senlleiros, buscando ademais conservar e revitalizar os seus espazos xeográficos, castigados en todos os casos polo grave despoboamento sufrido nos últimos tempos.

Coas persoas que participaron nesta investigación, comandadas por Carme Pernas, participaron activamente dende o primeiro momento as asociacións que cada ano se encargan de sacar adiante as celebracións. Trátase da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao (Chantada), Asociación de Veciños de Salcedo (A Pobra do Brollón), Asociación Culturas As Fachas (Castelo, Taboada), Asociación de Veciños San Martiño de Vilelos (O Saviñao), Asociación Xuvenil e Cultural Os Turulecas (A Cervela, O Incio) e Asociación Cultural Souto do Val (A Ermida, Quiroga).

Nesta primeira parte do traballo de investigación poderanse ver as especiais particularidades do Entroido Ribeirao e do Oso de Salcedo, dúas festividades que chegaron ata os nosos días practicamente sen cambios, coas mesmas características que nas súas respectivas orixes e sen caer na artificialidade e na introdución de elementos comerciais. O primeiro celebrase nas parroquias chantadinas de Santiago de Arriba e Nogueira de Miño, mentres que o segundo ten no lugar na parroquia de Salcedo, pertencente ao concello da Pobra de Brollón.

O Entroido Ribeirao celebrábase antigamente en todas as parroquias da Ribeira do Miño ao seu paso por terras de Chantada, O Saviñao e Pantón, manténdose na actualidade a tradición de entroido singular, enxebre, rural e galego só en Santiago de Arriba e Nogueira de Miño, grazas ao traballo que desenvolve dende o 2001 a Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao.

Personaxes do Entroido Ribeirao e actos

Unhas das súas particularidades máis salientables son as personaxes que participan do mesmo: os Volantes, o, os Mecos, o Peliqueiro ou Maragato e as Corozas. Asemade, o Ribeirao pasa por ser o entroido máis longo de toda a provincia, xa que conta con actos durante máis de dúas semanas, semellándose aos seus irmáns ourensáns. Comeza co Domingo Lambedoiro, ao que segue o Domingo Corredoiro e o Domingo de Antroido, pechando o ciclo o Martes de Entroido, no que se celebra a tradicional Despedida do Pucho, que serve para dicirlle ata o vindeiro ano á festividade.

Mentres tanto, o Oso de Salcedo tamén se caracteriza pola súa enxebridade e singularidade e, ao igual que o Entroido Ribeirao, despois dunhas décadas de decadencia colleu forzas grazas ao nacemento no ano 1997 da Asociación de Veciños de Salcedo. Coa súa implicación lograron promocionar internacionalmente unha das figuras máis sobranceiras do seu entroido, o Oso, que traspasou as fronteiras galegas coa visita de antropólogos e etnógrafos do estranxeiro. No 2009 foron recoñecidos co ‘Premio Pedra do Destino’ da Asociación de Amigos do Museo de Galicia, en recoñecemento ao labor de salvagarda do Oso.

Este entroido ten o seu clímax nos catro días grandes da festa, aínda que antano tamén contaba con Xoves de Comprades, Xoves de Comadres e Domingo Corredoiro. O sábado, o domingo, o luns e o martes de Entroido sucédense numerosos actos que se poden aglutinar en tres ritos: o Oso, o morrión e o teatro. O luns celébrase o rito do Oso, que se converte no rei do pobo, perseguindo e enfeluxando á xente nunha especie de catarse, mentres que o resto dos días sae o morrión polas rúas de Salcedo e a veciñanza representa varias obras de teatro, con gran éxito de participación. O morrión consiste nun percorrido polas principais rúas salcedás, onde participan as Madamas e os Danzantes, acompañados dun grupo musical. Xunto ao morrión tamén saen os Disfraces de campo, que fan representacións mímicas cómicas, e a Banda parroquial de música de Salcedo.

Nova promoción para os viños da Riberia Sacra. Vídeo promocional e venta “on line”.

No Centro do Viño poñemos en marcha unha nova iniciativa de promoción da zona de producción dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Trátase dun código QR que levarán a partir de agora todalas botellas que se vendan na tenda do Centro do Viño.
CODIGO VIDEO
A través deste código, calquera persoa, dende o seu dispositivo móbil, terá acceso a un vídeo da Ribeira Sacra cunha pequena mostra da paisaxe e do patrimonio que agocha este territorio. Unha ferramenta máis para seguir afondando nun maior coñecemento do traballo que realizan os viticultores e adegueiros da zona. A singularidade da mesma foi condensada en 50 segundos de imaxes nun traballo realizado pola productora Némesis Creaciones. Ana Belén Fernández, integrante da citada productora, acompañou na presentación a Noelia Iglesias Losada e José Ramón Martínez Mareque, responsables da empresa Rutas Sacras Nomar, xestora do Centro do Viño.

DSC06992
O vídeo realizado serve tamén de introducción á nova plataforma “de venta on line” de viños da Ribeira Sacra que poñemos en marcha no Centro. Un novo escaparate para os viños desta Denominación de Orixe que esperamos repercuta en beneficio de todos, axude a melloralas ventas e serva para darlle máis proxección tanto as adegas da denominación como o propio territorio.

Unha páxina de venta electrónica, http://centrovino.es/video/, con máis de 180 marcas de viños da D.O Ribeira Sacra, ademáis de augardentes e licores.

Apostando por axudar a manter as tradicións.

Celebramos o Entroido no Centro do Viño da Ribeira Sacra este sábado día 7 de Febreiro.

Preparámosche unha cita co Entroido tradicional da man dos seus persoaxes máis singulares que serán presentados por Felipe Castro López da Asociación de Veciños de Salcedo e Juan Carlos González Pérez da Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao.
Agardámoste ás 5 da tarde este sábado día 7 de Febreiro.

cartel ENTROIDO copia