Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra: “A influencia do Mestre Mateo no sur da provincia de Lugo”

Para el sábado día 11 de Abril tenemos programada en  el Centro del Vino una nueva conferencia dentro del ciclo “Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra”.  La historiadora Begoña González Aguiar, se encargará de hablarnos de ”La influencia del Maestro Mateo en el Sur de la Provincia de Lugo”  Trabajo de investigación por el que recibió un premio y sobre el que recuperamos los artículos publicados en La Voz de Galicia y El Progreso, parte de los cuales  reproducimos aquí o que podrán ver completos  a través de los enlaces que añadimos acompañando los respectivos artículos:

Su pasión por la Historia del Arte le llena de tal manera que después de acabar su carrera no cesa en su empeño de completar sus estudios. Uno de ellos, sobre la influencia del Maestro Mateo en las iglesias de la Ribeira Sacra, ganó el premio Conde de Pallares 2013.

Las iglesias románicas de la Ribeira Sacra atraen a miles de personas a lo largo del año por existir una gran concentración de ellas en un radio de pocos kilómetros. Para muchos expertos es la zona más relevante de España y de buena parte de Europa, aunque sobre esas consideraciones también hay sus disputas, pero nadie duda de la riqueza artística de los templos. Aunque fueron levantados hace siglos, todavía siguen siendo objeto de estudios y muchos de ellos inéditos, como el realizado por Begoña González Aguiar, nacida en el pueblo pantonés de Siós en 1983. Después de varios trabajos sobre el arte románico en la Ribeira Sacra ganó, con un estudio sobre la influencia del Maestro Mateo en las iglesias de la comarca, el sexto premio de investigación histórica Condado de Pallares 2013, dotado con 3.000 euros y la correspondiente publicación del trabajo.  Más información en: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/197494/beatriz-gonzalez-aguiar-la-influencia-del-maestro-mateo-esta-en-toda-la-comarca    Viernes 7 de Marzo de 2014 | X. L. Quiroga / El Progreso | Monforte

Tras las huellas del maestro Mateo en la Ribeira Sacra. Un estudio de la historiadora Begoña González resalta la importante influencia del románico compostelano en la zona. 

Anuncios

«Cos viños da Ribeira Sacra podes ir hoxe a calquera mesa do mundo» Entrevista de Luis Díaz, publicada en La Voz de Galicia, 21 de marzo de 20015

A adega Don Bernardino ampliará a exportación dos seus viños a novos países

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2015/03/21/span-langglcos-vinos-da-ribeira-sacra-podes-spanir-hoxe-calquera-mesa-do-mundo/0003_201503M21C4991.htm

Propietario do coñecido restaurante O Grelo, unha das referencias gastronómicas destacadas na Ribeira Sacra, Emilio Rodríguez formou parte tamén do grupo de viticultores que impulsou a denominación de orixe a comezos da pasada década dos noventa. Na súa adega familiar de Amandi sempre se vendera parte da colleita entre os clientes de toda a vida. Dificilmente podían pensar daquela na dimensión internacional que ían acadar estes viños. «Xa estamos vendendo en Estados Unidos, Suíza e tamén algo en China, pero queremos dar o salto a outros países», explica. Nese obxectivo xoga un papel importante o programa Dinamiz@ate, que promove a Deputación de Lugo e no que está Emilio Rodríguez coa súa adega Don Bernardino.

-¿Que importancia ten o viño no desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra? -Ribeira Sacra é o viño. Se funciona como destino turístico é porque sacamos adiante a denominación de orixe. Hoxe as zonas de ribeira están cultivadas e dispoñen duns accesos en condicións. Coas viñas abandonadas ao monte, a paisaxe non tería o mesmo atractivo para o turismo. Os monumentos tamén son importantes, pero ao final a xente que nos visita acaba nalgunha adega.

-¿Xa non supón un lastre o prezo dos viños nesta denominación de orixe? -No turismo e na comercialización do viño, a nosa oferta ten que ir destinada a un segmento medio-alto. Se a Ribeira Sacra está funcionando é porque as cousas se fan ben, empezando polos seus viños. Hoxe podes ir con eles a calquera sitio do mundo. Resisten as comparacións, poden competir nunha cata cos que se elaboran noutras zonas importantes. Iso é grazas a que teñen unha identidade, a que soubemos manter o noso estilo de viño. Logo hai que saber buscar os mercados, acertar a colocalos no seu sitio.

Na casa de Emilio Rodríguez sempre se elaborou viño para autoconsumo. Como era tradición en Amandi, unha pequena parte destinábase á venta na propia adega. As uvas procedían dunha viña de media hectárea, que aínda cultiva na actualidade. A produción de Don Bernardino rolda as 50.000 botellas e a superficie de viñedo anda polas seis hectáreas. A adega ten dous empregados e contrata máis persoal durante a vendima.

¿Que papel xoga Internet ante os novos retos de comercialización nas adegas?

-Internet xoga hoxe un papel fundamental en todo. O viño non é a excepción. Unha páxina web é unha porta aberta a todo o mundo. Cun ordenador, alguén pode ter toda a información sobre a túa adega en Estados Unidos ou Australia sen necesidade de moverse do sitio. Na Ribeira Sacra, é unha ferramenta moi importante para que fóra se coñeza a nosa singularidade. Vender esa imaxe diferente que fai que os nosos viños sexan tan apreciados. É algo no que sempre insisten os nosos importadores. Cando os levas á viña sempre din que este viños deixan de ser caros se es capaz de transmitirlle ao consumidor o que costa facelos«Cos viños da Ribeira Sacra podes ir hoxe a calquera mesa do mundo»// // //

¿Funciona o enoturismo na Ribeira Sacra?

-Para que haxa un turismo do viño ten que existir unha infraestrutura axeitada, con hoteis e restaurantes de bo nivel. A xente quere ir a sitios bonitos, pero tamén estar cómoda neles. Ter unha boa sinalización, non perderse. Penso que aquí o estamos conseguindo.

-No mundo da restauración, ¿cambiaron máis os viños ou os clientes?

-Nos dous casos houbo cambios importantes. No restaurante levo vinte e seis anos, e cando comecei a xente pedía branco ou tinto. Hoxe os clientes piden denominacións, variedades. Coñecen as marcas máis rebuscada e falan de viño moito tempo durante a comida.

-¿Nótase a crise na venta de viños en sala?

-Véndense menos os viños máis caros, os que están por riba dos trinta euros. Tamén baixaron os reservas e grandes reserves, pero neste caso penso que é máis cuestión de estilo. Os clientes prefiren viños máis frescos, máis fáciles de beber. Non quere viños fortes nos que se note demasiado a barrica.

«Cos viños da Ribeira Sacra podes ir hoxe a calquera mesa do mundo»// // //

-¿En que pode axudar á adega o programa Dinamiz@te?

-Hai dous aspectos que nos interesan moito. Dun lado está a posibilidade de mellorar o posicionamento en Internet, tanto na venta directa como na promoción da imaxe da adega. Se tes unha web para darte a coñecer, o ideal é poder vender a través dela. Pero neste programa tamén hai un estudo de mercados no estranxeiro que ten moita utilidade para nós para entrar en países como México, Alemaña, Holanda ou Noruega

Más información de la bodega en http://www.donbernardino.com/

Este xoves día 19 de Marzo presentámolo viño “Viña Peón”

A partir das 8 da tarde cata comentada da nova colleita e presentación da nova etiqueta que para “Viña Peón” elaborou Roberto Rodriguez Gómez, que acompañará o adegueiro na presentación deste  xoves.

Trátase dun viño da D.O. Ribeira Sacra, elaborado por Ernesto Rodríguez Pérez, en Figueiroá, no concello de Sober, na Subzona de Amandi.

Un proxecto vitícola que naceu no ano 2.002 e que elabora entorno os 6.500 litros de viño. Vinifican uvas da variedade Mencía procedentes de viñedos, propiedade da adega, situados na  zona de Chanteiro, Amandi e Santiorxo.

presentacion vino peon

Segunda Edición das Xornadas de promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra no Centro do Viño.

O Centro do Viño quere contribuir a posta en valor do patrimonio cultural da Ribeira Sacra organizando, por segundo ano consecutivo, charlas que axuden a ampliar o coñecemento da riqueza que agocha este espazo xeográfico.

Animados pola boa acollida que tivo o ciclo programado o pasado ano, repetimos experiencia nesta primavera para seguir divulgando a extensa riqueza da zona.

A primeira das conferencias programadas será este sábado día 14 de Marzo. A partir das 18:00 horas, no salón de actos do Centro, Elia Rodríguez Montero, Historiadora da Arte pola UNED, falará do Colexio da Nosa Señora da Antiga : “Un paseo por el arte: El Escorial Gallego” é o título da charla.

Graduada en Historia da Arte e Técnica Superior en Axencias de Viaxes esta conferencia corresponde, en gran parte, co seu traballo de fin de carreira e que a propia autora explica deste xeito:
…..”Para entender la construcción del Colegio de Monforte es necesario remontarse a Juan de Herrera, a la época de Felipe II y a la construcción del Monasterio del Escorial. Entendiendo al mismo tiempo la relación existente entre la cultura y el arte con los Condes de Lemos, grandes Mecenas de la tierra de Lemos. Y por supuesto, detenernos en la construcción del Escorial Gallego.
Objetivos de la conferencia:
• Conocer la figura de Juan de Herrera.
• La importancia del Monasterio del Escorial en la construcción del Colegio de Nuestra Señora de la Antigua de Monforte.
• La relación de los Condes de Lemos con las artes y la cultura.
• Construcción del Escorial Gallego.”

patrimonio rs 2015 copia

As seguintes conferencias programadas servirán para coñecer algo máis do Ecomuseo de Arxeríz e dos resultados das excavacións arqueolóxicas alí realizadas o pasado verán, tamén das que se fixeron na necrópole de Parada de Sil, da presenza do Mestre Mateo nos monumentos que temos pola zona ou da presenza do mundo clásico no mundo do viño a través dos nomes que reciben algúns viños ou algunhas adegas.

BODEGUEIROS CATALÁNS APOSTAN POR RIBEIRA SACRA.

Cada vez son máis os enólogos e adegueiros de outras denominacións que apostan por facer viños na Ribeira Sacra. Un exemplo é “Tolo do Xisto”, o viño que se vai presentar no Centro do Viño o próximo xoves día 12 de Marzo. Un novo proxecto enolóxico que nace na Ribeira Sacra da man da adega catalá “Coca i Fitó” da D.O. Montsant e a enóloga galega Andrea Obenza.

Impresionados pola zona e convencidos da singularidade do producto que aquí se pode facer, decidiron embarcarse nesta empresa e intentan transmitir no viño que elaboran o esforzo e o amor que aseguran é preciso facer e ter para elaborar viños nas escarpadas ladeiras da Ribeira Sacra.

Etiqueta Tolo do Xisto

“La etiqueta es un homenaje al punto de “locura” que entraña la viticultura en los cañones del Sil y también un guiño a la peculiar mineralidad de sus vinos” – asegura Toni Coca, que xunto co seu irmán Miquel rexentan unha adega na comarca do Montsant. Elaboran tamén viños en Terra Alta e no Ampurdán e asesoran adegas do Priorat. Toni Coca é ademais profesor na escola de enoloxía de Falset.

Da súa primeira visita a Ribeira Sacra lembran a impresión que lles causou a vertixinosa paisaxe das ladeiras de Doade, paisaxe que consideran máis impactante que a do Douro ou mesmo a do Priorat. Coa aposta que fan por Ribeira Sacra, queren ofrecer ao consumidor novas sensacións que aseguran, non se encontrán nos outros viños que elaboran.

Iniciaron o proxecto na D.O. Ribeira Sacra no 2013, nunha adega de Vilachá de Salvadur, e vinifican uvas da variedade Mencía procedentes de viñedos situados na zona de Vilachá e na de Amandi.

Con 3.700 botellas “Tolo do Xisto” saíu á venda en Decembro e tras unha primeira cata realizada en Barecelona, os elaboradores farán a presentación oficial este xoves día 12 de Marzo no Centro do Viño a partir das 20:00 horas. Acto aberto a todos os que estean interesados.

TOLODOXISTO

Con 3.700 botellas “Tolo do Xisto” saíu á venda en Decembro e tras unha primeira cata realizada en Barecelona, os elaboradores farán a presentación oficial este xoves día 12 de Marzo no Centro do Viño a partir das 20:00 horas. Acto aberto a todos os que estean interesados.