O Recendo da Ribeira Sacra

Boa acollida tivo onte a conferencia da Dra. Sol Zamuz no Centro do Viño sobre o Recendo da Ribeira Sacra. Os resultados da súa investigación sobre os compostos vexetáis biosaudábeis presentados dun xeito moi divulgativo a un público que mostrou un notable interese polo tema.

DSCF0486

Este proxecto pretende, por unha banda, crear unha linea de produtos cosméticos, perfumes e de ambientación e, por outra banda, darlle un valor engadido aos produtos agroalimentarios potenciando aqueles compostos naturais (aromáticos, fenólicos e aceites esenciais) que lle aporten unhas características saudábeis; ademáis, ofrecer un servicio de análises bioquímicos ás empresas do sector agroalimentario dos seus produtos. A finalidade última, é crear a marca de calidade Recendo da Ribeira Sacra, que aspire a converterse nun sinal de identidade da zona, non só para os produtos elaborados senón tamén para todos aqueles previamente existentes e para todas aquelas iniciativas que teñan como obxectivo a dinamización da Comarca de Lemos e a promoción da súa paisaxe, da súa natureza e do seu valor patrimonial.

A doutora explicounos de un xeito moi claro o porqué de elexir estes compostos, da súa importancia nos vexetais e dos beneficios que producen na nosa saúde.

o recendo da ribeira sacra

Anuncios

Presentada a 2ª Edición da Festa do Viño Novo da Ribeira Sacra que se vai celebrar no Claustro do Centro este sábado día 18 de Abril.

O longo da xornada poderase catar viño elaborado por 15 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

As 11:30 unha comitiva de carrexadores  partirá do Parque dos Condes acompañados do grupo de gaitas Merenzao e as pandereteiras da Asociación de  Amigos da Pandeireta,  e do público que os  desexe acompañar, cara o Centro do Viño  onde ás 12 comenzará a Festa.

Ademáis das pandereteiras actuará o cantautor Emilio Rua.

Pola tarde a ambientación musical correrá a cargo do grupo “Paquita la maniática”.

Para  probar os viños da Ribeira Sacra que participen do evento poñeranse á venda por 3 euros tikets para 4 degustacións  máis  fianza de 2 € polo cataviños.

FESTA DO VIÑO NOVO 2015 peq

O pasado ano a Festa fóra adicada  aos romanos e nesta ocasión servirá para homenaxear a cultura fluvial relacionada coa viticultura e por elo, en colaboración do Ecomuseo de Arxeriz,  será colocada unha barca de pouso na rúa  do Comercio, diante do Centro.

De  presentar todalas actividades da Festa do Viño Novo  encargáronse  hoxe José Ramón M. Mareque,  en representación da empresa xestora do Centro do  Viño  e Pilar López,  concelleira  de cultura do concello de Monforte que se referiu ao Centro do Viño como”lugar de referencia para visitantes e Monfortinos, como un espazo de dinamización cultural de toda a  comarca”. O Xerente do Centro lembrou que “este é un acto máis de promoción e posta en valor do viño da Ribeira Sacra co fin de que se valore máis e  se coñeza mellor”.

DSC07458

Día 18 de Abril no .

Para coñecer mellor a importancia das barcas na Ribeira Sacra recomendámoslle a lectura de:

http://elprogreso.galiciae.com/noticia/373158/barcas-os-carros-da-ribeira-do-mino