Seguimos no Centro do Viño coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra.

Dentro deste ciclo de conferencias temos unha programada para este venres día 22 de Maio ás 20 horas. Baixo o título “El Vino habla latín. La influencia del Mundo Clásico en el Vino” a investigadora María Luz Husillos García, licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Valladolid, dará a coñecer nesta charla o traballo que está a desenvolver sobre presenza do legado clásico no mundo do viño.

Considera María Luz Husillos o viño unha expresión cultural dende as súas orixes tendo enconta que un idioma, para moitos morto, como é o Latín, segue sendo utilizado para dar nome algunhas adegas e a numerosos viños. Boa mostra desto son os máis de 6.000 nomes de viños que en máis de 60 países localizou María Luz Husillos con referencias á cultura clásica. No caso de España ten rexistradas 896 marcas de viño en Latín das que unha decena delas corresponden á D.O Ribeira Sacra como : Ora et Labora, Via Romana, Vía Imperial,… ou adegas como: Atrium Vitis, Regina Viarum, …etc. A autora deste estudo vincula á cultura clásica denominacións como Summum e ata o mesmo nome da Denominación: Ribeira Sacra. Esta investigadora está convencida, e así o abordará na conferencia deste venres, de que o viño forma parte da nosa identidade cultural ademáis de ser un instrumento social cargado de simbolismo. Por elo, asegura, María Luz Husillos, “a la hora de lanzar al mercado un vino es fundamental que su nombre sea un elemento diferenciador, algo que sirva para definir su contenido y su personalidad. En este sentido, la etiqueta del vino ocupa un lugar privilegiado, sirviendo tanto para seleccionar, designar y distinguir, como para personalizar y embellecer el producto, siendo la tarjeta de identidad del vino y canal de comunicación entre el consumidor y producto por esto se busca el prestigio de lo clásico para dar al producto valor añadido”

Convencida da importancia que para unha sociedade teñen as raíces da súa base cultural, para que se valoren os elementos que a conforman, cree necesario difundir as manifestacións que nos tempos actuais se conservan do todo o Clásico, niste caso no mundo do viño ou relacionado con este, para que quede tamén constancia da súa importancia.

De todo esto falará María Luz Husillos na conferencia que este venres día 22 de Maio pronunciará no Centro do Viño a partir das 8 da tarde.

Anuncios

CÓDIGO QR, VÍDEO E TENDA ONLINE

No Centro do Viño temos  en marcha unha nova iniciativa de promoción da zona de producción dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Trátase dun código QR que colocamos a todalas botellas que se venden na tenda do Centro.

qr imprimir

A través deste código, calquera persoa, dende o seu dispositivo móbil, terá acceso a un vídeo da Ribeira Sacra cunha pequena mostra da paisaxe e do patrimonio que agocha este territorio. Unha ferramenta máis para seguir afondando nun maior coñecemento do traballo que realizan os viticultores e adegueiros da zona. A singularidade da mesma foi condensada en 50 segundos de imaxes nun traballo realizado pola productora Némesis Creaciones.  A  paisaxe é un valor engadido ao viño e deste xeito a través do Código QR e o audiovisual facilítaselle, a quenes merquen unha botella, a posivilidade de coñecer o territorio do que procede o producto que merca.

O vídeo  serve tamén de introducción á  plataforma “de venta on line” de viños da Ribeira Sacra que ten en marcha no Centro. Un novo escaparate para os viños desta Denominación de Orixe que esperamos repercuta en beneficio de todos, axude a melloralas ventas, e serva para darlle máis proxección tanto as adegas da denominación como o propio territorio.

Unha páxina de venta electrónica, http://centrovino.es/video/, con máis de 180 marcas de viños da D.O Ribeira Sacra, ademáis de augardentes e licores.

Novas fórmulas para darlle maior proxección as adegas e o propio territorio e facilitar a apertura de novos mercados aos viños desta Denominación de Orixen.