O CENTRO DO VIÑO COS CREADORES DA RIBEIRA SACRA.

No Centro do Viño da Ribeira Sacra inaugúrase este xoves día 9 de xullo ás 21:00 horas unha Exposición  Colectiva que leva por título: “Creacións Interiores:artistas da Ribeira Sacra”. 

Trátase da segunda edición dunha Mostra Multidisciplinar que se organiza no Centro co obxetivo de amosar o potencial creativo que hai neste espazo xeográfico do interior galego. A exposición, comisariada por Humberto Loureiro, que naceu con vocación de continuidade, acadara na primeira edición grande éxito, tanto por parte do público como polo número de creadores participantes que foran 12.

Nesta ocasión increméntase a cifra e expóñense traballos realizados por 17 artistas con variada temática e diferentes técnicas: pintura, escultura, fotografías, video creacións… traballos de creadores que teñen como nexo de unión pertencer ou residir na Ribeira Sacra. Novos valores da cultura contemporánea pero tamén recoñecidos artistas de amplo bagaxe.

Esta zona é berce de numerosos artistas e creadores en moi diversos ámbitos así que de novo queda fora da exposición xente con traxectoria e exitosos traballos. É preciso acotar polas propias características do espazo no que se monta a mostra, a galería do Centro do Viño, polo que o obxetivo é seguir organizando exposicións destas características no futuro.

Unha vez máis a selección vén dada pola proximidade, a amizade ou o traballo en común que moitos dos participantes realizan, que seguen convencidos de que hai que poñer en valor esta zona como importante centro de creación artística.

Un espazo xeográfico ben nutrido de creadores como se pode ver nesta exposición que se abre ao público este xoves día 9 de xullo e da que participarán os seguintes artistas:   HUMBERTO LOUREIRO, SOL OCAMPO, SARA ALVAREZ,  MANUEL VALCARCEL, SANTIAGO COVELO,  PEPE BARXA, PRIMITIVO LAREU, RANDOLFE VILARIÑO, ANTON LOPO, ARTURO CEIDE, BEA PEREZ,  CRISTYLANDIA, JUAN JOSE LOMARTI, MICHELIN RODRIGUEZ,  ANDREA RODRIGUEZ LOPEZ, RAMON CASANOVA,  OM RA (Ricardo dos Santos), GELÍN.

Coa finalidade de dar a coñecer o traballo de todos estes creadores móntase esta exposición na que conflúen no Centro do Viño da Ribeira Sacra distintos traballos artístico.

Esta mostra, que poderá ser visitada na Galería do Centro do Viño ata o 30 de agosto, amósanos a riqueza de formas de expresión que se dan por estas terras. Diversidade de técnicas, estilos e disciplinas en base os distintos autores participantes os que o Centro agradece a súa colaboración e participación.

cartel ARS 2015 copia 

Anuncios

PRESENTACIÓN DO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA NO ENCONTRO ARTESÁN DE AGOLADA.

Depois de ter representado a Monforte e ao resto da Ribeira Sacra na Feira de Turismo que o Eixo Atlántico organizou en Viana do Castelo, o pasado mes de xuño, o Centro do Viño prepárase para unha nova acción promocional, niste caso, no encontro Artesán de Agolada.

É a segunda vez que o Centro do Viño da Ribeira Sacra participa neste Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia “Corazón da Artesanía”, que se celebrará do 3 ao 5 de xullo nos Pendellos de Agolada. Un evento único, que vai pola cuarta edición , fiel as súas orixes, e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos oficios artesáns pero tamén da paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia. Participarán 35 artesáns e 46 empresas con presentación e showcookings de varios profesionais.

Nesta edición, o Centro do Viño participará este venres día 3 de xullo como ponente na zona de conferencias, catas e showcookings, presentando o proxecto que está a levar a cabo como eixo dinamizador do enoturismo na Ribeira Sacra. A presentación será as 12:30, xusto despois da inauguración do evento.

Servirá esta presentación para seguir poñendo en valor o patrimonio enoturístico da zona. Para dar a coñecer a actividade de difusión turística e cultural que realiza o Centro do Viño, tratando de contribuir a dinamización socioeconómica do entorno. Explicarase a función do Espazo Expositivo como lugar de achegamento á Ribeira Sacra, o papel do Centro do Viño como entidade organizadora de eventos que facilitan o contacto do público coa cultura do viño, pero tamén con outro tipo de expresións artísticas. E darase a coñecer a función comercial que realiza o Centro a través da “vinoteca”, a tenda especializada en viños da D.O. Ribeira Sacra. Tanto a tenda física como a páxina de venda “online”, e o papel que xoga como escaparate das adegas desta D.O. cara o resto do mundo.

A presentación rematará coa celebración dunha cata comentada de viños da D.O Ribeira Sacra tanto para o público en xeral como para o especializado que se achegue ao acto.

Máis información no seguinte enlace:<meta http-equiv=”X-Frame-Options” content=”DENY” />//

11230972_666833006781787_5012177285617588174_n[1]