CATA DE UVAS DE VARIEDADES TINTAS E DE VIÑOS ELABORADOS CON ELAS.

Aproveitando a época de vendimas na que nos atopamos,e tendo enconta a boa acollida que sempre tivo esta actividade, por terceiro ano consecutivo, o Centro do Viño da Ribeira Sacra prepara unha nova cata de uvas. A diferencia das anteriores, esta será unha cata especial xa que ademáis de catar uvas, catarase tamén o viño monovarietal que se elabora con cada unha das variedades seleccionadas e que nista ocasión serán todas variedades tintas.

A cata farase con uvas das variedades Mencía, Merenzao, Brancellao, Garnacha, Sousón, Caiño e Tempranillo. Como ademáis das uvas, a proposta deste ano pasa por ir catando tamén os viños que se elaboran tras vinificar cada unha das variedades citadas, seleccionáronse para este acto, viños representativos de cada unha delas, e de case todalas zonas vitícolas de Galicia, incluida por suposto a Ribeira Sacra.

Elaboracións moi coidadas e mimadas polos adegueiros. Algunhas case experimentais. A maioría viños de producción limitada, viños exclusivos, de alta gama, polo que esta cata se presenta como unha ocasión única para degustalos e coñecer mellor as características de cada un deles así como da uva coa que foron elaborados. Unha boa maneira de comparar a orixe do producto e o resultado final.

Selecciónáronse para a cata as variedades de uvas tintas máis empregadas para elaborar viño en Galicia co fin de profundizar no seu coñecemento. Algunha moi coñecida como a Mencía, pero outras non tanto por elo, co fin de aprender a distinguilas e aprecialas mellor, con cada uva que se analize catarase un viño desa mesma variedade para deste xeito, comprobar o resultado da súa vinificación e os cambios que se producen nese proceso.

A cata terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra, na Rua do Comercio, nº6 de Monforte de Lemos. Será o sábado día 19 de setembro ás 18:00 horas. Estará dirixida por Alfonso Losada Quiroga, Xefe de Enoloxía da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia. As uvas da cata serán seleccionadas nos cultivos de variedades que ten a propia Estación en Leiro.

O prezo de inscripción é de 15 euros e as prazas son limitadas polo que os interesados en participar deben inscribirse canto antes no Centro do Viño.

Máis información no teléfono 982 105 303.

cata-de-uvas-e-vinos (2)

Anuncios

O CENTRO DO VIÑO CO PATRIMONIO DA RIBEIRA SACRA.

Este sábado día 12 de setembro no Centro do Viño ás 7 da tarde, a Asociación “O Sorriso de Daniel” presenta un documental sobre San Paio de Abeleda. Acollendo esta proxección, o Centro do Viño, segue colaborando coas actividades que, por iniciativa propia ou de outras asociacións e colectivos, serven para poñer en valor o Patrimonio Cultural e Artístico da Riberia Sacra.
“A memoria de Abeleda” é un traballo audiovisual de Iria Puga, duns 25 minutos de duración, que conta co patrocinio da Universidade da Coruña, e que pretende poñer de manifesto o valor dun dos edificios máis importantes da Ribeira Sacra que dorme na ruina e no abandono. Aborda tamén a necesidade de seguir traballando pola súa recuperación, como esta facendo a asociación O Sorriso de Daniel, que dende o 2010, está implicada na defensa da conservación do patrimonio románico galego e a súa difusión.
IMG_0137
Con esta proxección que se vai facer no salón de actos do Centro do Viño o sábado ás 7 da tarde, a Asociación “O Sorriso de Daniel” pechará unha ampla xornada de actividades que teñen previsto desenvolver en varios escenarios da Ribeira Sacra e todas elas abertas ao público e que se pode.
11951751_988439854509563_1628527651272212678_n[1]

AGOSTO CONSOLIDA O TURISMO NA RIBEIRA SACRA.

O mes de agosto foi un bo mes para o turismo en Monforte. No Centro do Viño foron atendidas 4.666 persoas. Pola oficina de turismo, ubicada neste Centro, pasaron a pedir información 3.970 turistas, 329 máis que no mesmo mes do pasado ano.

Tamén aumentou en 236 o número de visitantes ao Espazo Museístico pasando de 460 no mes de agosto do pasado ano, a 696 neste. Non se contabiliza a xente que entra na tenda do Centro, só a da oficina de turismo e a que sube a visitalo museo.

Un museo que pretende, mediante unha innovadora exposición permanente, adentrar ao visitante nos elementos naturais propios da Ribeira Sacra explicando en cada visita a importancia de cada un deles. Unha viaxe polo patrimonio artístico, histórico e natural dun territorio que sorprende ao turista e que gaña cada día máis adeptos a medida tamén que os viños da zona son cada vez máis aclamados internacionalmente.

O Centro do Viño no seu conxunto, con todolos servizos que oferta, tense convertido nun espazo de referencia para a recepción de visitantes e preséntase como un bo punto de partida para descubrilo resto do territorio Ribeira Sacra.

1514989_673199036145184_8640504118383704055_n[1]

Ven xente a zona atraída polo enoturismo, interesada en coñecer adegas e zona de produción. A paisaxe que forman os bancais non deixa indiferente a ninguén e descubrilos dende os miradores ou nas viaxes dos catamaráns é un dos principais reclamos turísticos. Mosteiros e igrexas románicas seguen sendo tamén importante foco de atracción e agradecen os visitantes as rutas establecidas para coñecer mellor este rico patrimonio artístico.

Paisaxe, arte e viño traen esta zona turistas, de cada vez máis dispar procedencia. Como curiosidade decir que o pasado ano, falando de turismo extranxeiro, foron os franceses os que máis visitaron estas terras. Este pasado mes de agosto seguiron a gañar os franceses. 130 turistas deste veciño país pasaron pola oficina de turismo a pedir información sobre os principais recursos turísticos a visitar na Ribeira Sacra. Moitos deles aproveitaron para visitar tamén o Centro do Viño, agradecendo o feito de ser atendidos na súa propia lingua. Ademáis de galego e castelán, aténdese a xente en inglés, francés e italiano.

Reino Unido sería o segundo país de procedencia dos turistas extranxeiros que pasaron en agosto pola oficina de turismo de Monforte. Séguenlle os prodecentes de América Latina e en menor medida chegou xente de Alemania, Portugal, Italia, Bélgica, Estados Unidos, Canadá, Suiza, Holanda, Escocia, Rusia, Australia e Andorra. Como curiosidade pasou tamén xente de Arxelia, Marrocos e Exipto.  En total viaxeiros de ata unha vintena de países.

Respecto o turismo nacional, pasaron pola oficina de turismo de Monforte xente de 50 provincias diferentes. Niste caso o maior número prodecente de Madrid con 780 persoas, de Barcelona 697, de Valencia foron atendidas 162 persoas, 144 de Vizcaya e 134 de Sevilla, por citar as procedencias que máis se repetiron. Como curiosidade, atendéronse 2 veciños de Melilla. E das illas, entre xente de Canarias e de Baleares, suben do medio cento as persoas con esa procedencia.

Tamén os galegos apostan no mes de agosto por descubrir Ribeira Sacra e na procupara de información dos recursos turísticos da zona, pasaron pola oficina do Centro do Viño, 215 Coruñeses, 159 de Pontevedra e 104 veciños de Lugo e 51 de Ourense.

A estancia media segue mellorando situándose en agosto nos 5 días. Hoteles, paradores, balneario e casas de turismo rural son os principais lugares de aloxamento da xente que visita a zona pero mantense turismo de autocaravana e increméntase o número dos que alugan piso para gozar das vacacións. Neste caso, son básicamente, os que permanecen máis tempo que a media.

Cabe sinalar tamén que preto de 200 persoas, das atendidas en agosto na oficina de turismo, tiñan en Monforte ou comarca familia ou casa propia.