AGOSTO CONSOLIDA O TURISMO NA RIBEIRA SACRA.

O mes de agosto foi un bo mes para o turismo en Monforte. No Centro do Viño foron atendidas 4.666 persoas. Pola oficina de turismo, ubicada neste Centro, pasaron a pedir información 3.970 turistas, 329 máis que no mesmo mes do pasado ano.

Tamén aumentou en 236 o número de visitantes ao Espazo Museístico pasando de 460 no mes de agosto do pasado ano, a 696 neste. Non se contabiliza a xente que entra na tenda do Centro, só a da oficina de turismo e a que sube a visitalo museo.

Un museo que pretende, mediante unha innovadora exposición permanente, adentrar ao visitante nos elementos naturais propios da Ribeira Sacra explicando en cada visita a importancia de cada un deles. Unha viaxe polo patrimonio artístico, histórico e natural dun territorio que sorprende ao turista e que gaña cada día máis adeptos a medida tamén que os viños da zona son cada vez máis aclamados internacionalmente.

O Centro do Viño no seu conxunto, con todolos servizos que oferta, tense convertido nun espazo de referencia para a recepción de visitantes e preséntase como un bo punto de partida para descubrilo resto do territorio Ribeira Sacra.

1514989_673199036145184_8640504118383704055_n[1]

Ven xente a zona atraída polo enoturismo, interesada en coñecer adegas e zona de produción. A paisaxe que forman os bancais non deixa indiferente a ninguén e descubrilos dende os miradores ou nas viaxes dos catamaráns é un dos principais reclamos turísticos. Mosteiros e igrexas románicas seguen sendo tamén importante foco de atracción e agradecen os visitantes as rutas establecidas para coñecer mellor este rico patrimonio artístico.

Paisaxe, arte e viño traen esta zona turistas, de cada vez máis dispar procedencia. Como curiosidade decir que o pasado ano, falando de turismo extranxeiro, foron os franceses os que máis visitaron estas terras. Este pasado mes de agosto seguiron a gañar os franceses. 130 turistas deste veciño país pasaron pola oficina de turismo a pedir información sobre os principais recursos turísticos a visitar na Ribeira Sacra. Moitos deles aproveitaron para visitar tamén o Centro do Viño, agradecendo o feito de ser atendidos na súa propia lingua. Ademáis de galego e castelán, aténdese a xente en inglés, francés e italiano.

Reino Unido sería o segundo país de procedencia dos turistas extranxeiros que pasaron en agosto pola oficina de turismo de Monforte. Séguenlle os prodecentes de América Latina e en menor medida chegou xente de Alemania, Portugal, Italia, Bélgica, Estados Unidos, Canadá, Suiza, Holanda, Escocia, Rusia, Australia e Andorra. Como curiosidade pasou tamén xente de Arxelia, Marrocos e Exipto.  En total viaxeiros de ata unha vintena de países.

Respecto o turismo nacional, pasaron pola oficina de turismo de Monforte xente de 50 provincias diferentes. Niste caso o maior número prodecente de Madrid con 780 persoas, de Barcelona 697, de Valencia foron atendidas 162 persoas, 144 de Vizcaya e 134 de Sevilla, por citar as procedencias que máis se repetiron. Como curiosidade, atendéronse 2 veciños de Melilla. E das illas, entre xente de Canarias e de Baleares, suben do medio cento as persoas con esa procedencia.

Tamén os galegos apostan no mes de agosto por descubrir Ribeira Sacra e na procupara de información dos recursos turísticos da zona, pasaron pola oficina do Centro do Viño, 215 Coruñeses, 159 de Pontevedra e 104 veciños de Lugo e 51 de Ourense.

A estancia media segue mellorando situándose en agosto nos 5 días. Hoteles, paradores, balneario e casas de turismo rural son os principais lugares de aloxamento da xente que visita a zona pero mantense turismo de autocaravana e increméntase o número dos que alugan piso para gozar das vacacións. Neste caso, son básicamente, os que permanecen máis tempo que a media.

Cabe sinalar tamén que preto de 200 persoas, das atendidas en agosto na oficina de turismo, tiñan en Monforte ou comarca familia ou casa propia.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s