REGINA VIARUM E DON BERNARDINO OS GRANDES TRIUNFADORES DA CATA DE VIÑOS DA D.O. RIBEIRA SACRA CELEBRADA NO CENTRO DO VIÑO.

O panel de cata rematou o seu traballo!

Os viños de Regina Viarum e Dn Bernardino son os grades triunfadores da 2ª edición da Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” celebrada entre onte venres e na maña deste sábado no Centro do Viño. Estas dúas adegas repártense 6 dos 7 premios “Gran Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes a medalla de ouro e recibirán tamén 3 trofeos “Patrimonio Ribeira Sacra” equivalentes a medalla de prata. Dous Regina Viarum e o terceiro a adega de Dn Bernardino coa marca Finca Mezquita.

DSC08110.JPG

Os viños Dn. Bernardino reciben premio “Gran Patrimonio Ribeira Sacra “ nas categorias de tintos 2014, barricas e outras añadas, e magnum. . No caso de Regina Viarum reciben a máxima distinción o tinto 2014, o Regina Viarum Expresión en tinto barrica e outras añadas e o Regina Viarum Godello.

Na mesma categoria de brancos o outro premio “Gran Patrimonio Ribeira Sacra” é para Abadia da Cova Alvariño. E son brancos “Patrimonio Ribeira Sacra” trofeo equivalente a medalla de prata, Viña Garoña, Abadía da Cova godello, Velúveyra e Sollio.

En tintos 2014 son “Patrimonio Ribeira Sacra” Os Cipreses, Alba Ponce, Finca Cuarta, Guímaro e Moreiras Selección.

En tintos barrica e outras añadas o segundo posto que representa o trofeo “Patrimonio Ribeira Sacra” é para Proencia, Regina Viarum Ecolóxico, Finca Mezquita e Sombrero.

Na categoría de “Magnum” os segundos premios son para Regina Viarum e Finca Cuarta.

En total repartíronse 22 premios que as adegas gañadoras recibirán próximamente nun acto con data ainda por determinar. Nestes intres, en colaboración do IES Daviña Rey, o Centro do Viño traballa na impresión en 3D dos trofeos correspondentes.

A Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” está organizada polo Centro do Viño da Ribeira Sacra en colaboración da Asociación Galega de Enólogos. O obxetivo da iniciativa é promocionar os viños da D.O. Ribeira Sacra, reivindicar tamén a través deste acto, que a zona sexa declarada “Patrimonio da Humanidade” e homenaxear os viticultores e adegueiros polo esforzo que realizan o longo do ano para conseguir viños cada vez de maior calidade.

DSC08072.JPG

O panel de Cata estivo formando por unha vintena de enólogos das propias adegas da D.O Ribeira Sacra e da Asociación Galega de Enólogos, todos eles enólogos habilitados, un técnico do CRDORS, e como presidente do xurado estará o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia que colabora tamén na organización deste evento.

Destacan os membros do panel de cata a boa evolución dos viños catados e o alto nivel dos mesmos, sobre todo nos brancos ainda que deste poucos se presentaron por que a maioría das adegas téñeno esgotado. As puntuacións que deron foron máis altas que as do pasado ano en todalas categorías e a final moi axustada, “moi poucas décimas marcaron a diferencia entre os viños premiados e moitos dos que quedaron as portas”, aseguran dende a organización.

DSC08122.JPG

A cata celebrouse no Espazo Museístico do Centro do Viño. Nela participaron 109 viños de 49 adegas da D.O Ribeira Sacra. O venres celebrouse a precata e a fase final do sábado pasaron 43 viños.14 tintos xóves, 12 barricas e de outras añadas, 8 brancos e o resto magnum.

DSC08116.JPG

Dende o Centro do Viño agradécese a colaboración de todalas adegas participantes e de todolos integrante do panel de cata asi como do sumiller Bruno Lovelle, @Vinosacra, que se encargou do servizo xunto co persoal do Centro.

Anuncios

2ª Edición da Cata Concurso de Viños “Patrimonio Ribeira Sacra” no Centro do Viño.

Venres 27 e sábado día 28 de novembro. Unha vintena de enólogos serán os encargados de catar os 109 viños participantes de 49 adegas da D.O Ribeira Sacra.
O obxetivo desta iniciativa que promove o Centro do Viño e a Asociación de Enólogos de Galicia é promocionar os viños desta denominación e a súa vez, recoñecer o traballo e o esforzo que viticultores e adegueiros realizan o longo do ano practicando “viticultura heróica”.

Habitualmente as catas realízanse no primeiro semestre do ano, cando o viño novo está saíndo ao mercado. Niste caso realízase a cata co ano a piques de rematar para someter os viños participantes a unha nova prova de calidade e analizar como evolucionan co paso do tempo. Cátanse viños embotellados, que estan en tenda a venda, a disposición do consumidor, en vez de mostras solicitadas ás adegas, como se fai habitualmente.

Neste concurso establecense catro categorías:
Tintos 2014, Tintos Barrica e Outras Añadas, Brancos e Magnum.
Premios:
Obterán trofeo “Gran Patrimonio Ribeira Sacra”
Os 2 viños con mellor puntuación en cada unha das categorías de Tintos e Brancos da colleita 2014.
O viño con mellor puntuación en cada unha das categorías Tinto Outras Añadas e Magnum
Obterán mención Patrimonio Ribeira Sacra
Os 4 viños que obteñan as 3ª,4ª, 5ª e 6ª mellor puntuación na categoría Tinto Colleita 2014.
Os dous viños que obteñan as 3ª e 4ª mellor puntuación nas categorías Brancos e Tintos outras Añadas.
Os 2 viños que obteñan a 2ªe 3ª mellor puntuación en cada unha das categorías Tintos outras añadas e Magnum.

En xogo 21 trofeos. 7 “Gran Patrimonio” equivalente a medalla de ouro e o resto “Patrimonio”, equivalente a medalla de prata. Os “Gran Patrimonio” recibirán trofeo, deseño do propio Centro (que se recolle no cartel publicitario do evento), elaborado en impresora 3D, igual que o pasado ano, e para o que nista ocasión se conta coa colaboración do IES Daviña Rey.

O panel de Cata estará formando por unha vintena de enólogos das propias adegas da D.O Ribeira Sacra e da Asociación Galega de Enólogos, todos eles enólogos habilitados, un técnico do CRDORS, e como presidente do xurado estará o director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia que colabora tamén na organización deste evento.
A cata terá lugar no Espazo Museístico do Centro do Viño de Monforte.

O venres día 27 o longo de toda a xornada celebrarase a precata e a cata final será o sábado pola mañá.

A cata é aberta ao público que desexe coñecer de primeira man como se realiza unha actividade destas características, como e qué se puntua en cada unha das mostras que participan da cata.do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, do Consorcio Turistico, e outras institucións.