PRESENTACIÓN DO CENTRO DO VIÑO DA RIBEIRA SACRA NO ENCONTRO ARTESÁN DE AGOLADA.

Depois de ter representado a Monforte e ao resto da Ribeira Sacra na Feira de Turismo que o Eixo Atlántico organizou en Viana do Castelo, o pasado mes de xuño, o Centro do Viño prepárase para unha nova acción promocional, niste caso, no encontro Artesán de Agolada.

É a segunda vez que o Centro do Viño da Ribeira Sacra participa neste Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia “Corazón da Artesanía”, que se celebrará do 3 ao 5 de xullo nos Pendellos de Agolada. Un evento único, que vai pola cuarta edición , fiel as súas orixes, e capaz de atraer o interese de milleiros de visitantes na procura da orixinalidade. Un grande acontecemento popular orientado á exhibición, á comercialización e á promoción dos oficios artesáns pero tamén da paisaxe, gastronomía e da cultura tradicional e popular de Galicia. Participarán 35 artesáns e 46 empresas con presentación e showcookings de varios profesionais.

Nesta edición, o Centro do Viño participará este venres día 3 de xullo como ponente na zona de conferencias, catas e showcookings, presentando o proxecto que está a levar a cabo como eixo dinamizador do enoturismo na Ribeira Sacra. A presentación será as 12:30, xusto despois da inauguración do evento.

Servirá esta presentación para seguir poñendo en valor o patrimonio enoturístico da zona. Para dar a coñecer a actividade de difusión turística e cultural que realiza o Centro do Viño, tratando de contribuir a dinamización socioeconómica do entorno. Explicarase a función do Espazo Expositivo como lugar de achegamento á Ribeira Sacra, o papel do Centro do Viño como entidade organizadora de eventos que facilitan o contacto do público coa cultura do viño, pero tamén con outro tipo de expresións artísticas. E darase a coñecer a función comercial que realiza o Centro a través da “vinoteca”, a tenda especializada en viños da D.O. Ribeira Sacra. Tanto a tenda física como a páxina de venda “online”, e o papel que xoga como escaparate das adegas desta D.O. cara o resto do mundo.

A presentación rematará coa celebración dunha cata comentada de viños da D.O Ribeira Sacra tanto para o público en xeral como para o especializado que se achegue ao acto.

Máis información no seguinte enlace:<meta http-equiv=”X-Frame-Options” content=”DENY” />//

11230972_666833006781787_5012177285617588174_n[1]

Anuncios

PROMOCIÓN DA CERVEXA ARTESÁ NO CENTRO DO VIÑO

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acolle este sábado día 27 de xuño,a partir das 18:30, unha xornada adicada ao mundo das cervexas artesanais e caseiras elaboradas en Galicia.

Diferentes elaboradores presentarán os seus proxectos cerveceiros con catas comentadas das elaboracións que realizan para que os participantes poidan coñecer de primeira mán as particularidades e características de cada unha das cervexas que se presentan.

Abrirá o acto unha charla de introducción á elaboración caseira de cervexas, que impartirá Diego Xesús López, un dos pioneiros neste tipo de elaboracións dentro da provincia de Lugo, que fará unha  introdución ao proceso básico de elaboración, falará dos ingredientes, fermentacións, variedades, e outras curiosidades deste tipo de bebida, cuxa  elaboración está en auxe  e gaña cada vez máis adeptos. 

Moustache, La Negra de Las 12 ou Dama Alaricana son algunas das marcas que descubriremos nesta xornada que se vai desenvolver no Centro do Viño  este sábado.

A inscripción pode facerse no mesmo Centro do Viño, na web ou por teléfono. O prezo da inscripción é de 5€.

CIK2RicWoAAkrGn

El Centro del Vino de Ribeira Sacra contribuye a difundir el Patrimonio Arqueológico de la zona.

En este caso, la conferencia ofrecida en el Centro del vino este jueves día18 de junio,  sirvió para dar a conocer los trabajos que desde hace 5 años se están llevando a cabo en el Ayuntamiento de Parada de Sil. Trabajos que sirven para poner en valor el yacimiento arqueológico de San Vitor. Con características únicas en el noroeste peninsular, han recuperado ya cerca de 60 tumbas antropomorfas, excavadas en roca, y en las que en algún caso encontraron restos óseos que científicamente se comprobó que pertenecía a un varón que vivió en el siglo X.  Breogán Nieto, director de los trabajos de recuperación que allí se llevan a cabo, habló de esta necrópolis y su importancia así como de otros restos encontrados en la zona, en plena Ribeira Sacra.

Más información sobre este importante parque arqueológico en los siguientes enlaces:

https://sanvitordebarxacova.wordpress.com

http://www.paradadesil.es/svitor-e.html

Captura de pantalla 2015-06-19 a la(s) 10.32.06

11418924_660537030744718_3969989326887840844_o[1]

Rutas Sacras Nomar UTE cumpre dous anos de xestión á fronte do Centro do Viño.

Confirmada a continuidade desa xestión, faise balance de actividades realizadas nos últimos 12 meses. Datos que ofreceu en rolda de prensa o xerente do Centro, José Ramón Martínez Mareque, acompañado do alcalde de Monforte en funcións, Severino Rodriguez Díaz.

RUEDA DE PRENSA, BALANCE CENTRO DEL VINO

RUEDA DE PRENSA, BALANCE CENTRO DEL VINO

O Centro segue contribuíndo o desenvolvemento turístico da zona. Segue sendo espazo de referencia de actividades relacionadas co mundo do viño, pero tamén referente en actividade cultural e artística. Presentacións de viños, catas, exposicións, conferencias, presentacións de libros, demostracións de artesanía, obradoiros para centros de ensino….unha chea de actividades as organizadas ao longo do ano!

Grazas a todolos que colaboraron na organización das mesmas e aos que participaron delas.

ACTIVIDADE DO CENTRO DO VIÑO: XUÑO 2014 / XUÑO 2015

PRESENTACIÓNS DE VIÑOS:

  • Nova imaxe corporativa dos viños da adega Guímaro no Claustro do Centro
  • Presentación dos viños da adega Lar de Ricobao
  • Presentación do viño Beterna de Finca Míllara
  • Presentación do viño Tolo do Xisto
  • Presentación de Viña Peón. Nova etiqueta.
  • Presentación do viño Val do Frade.

CATAS:

  • Cata de viños brancos galegos con variedades autóctonas
  • 2 Catas de uvas
  • Cata iniciación ao mundo do viño
  • Cata de Espumosos, cavas e champagne.
  • Cata de augardentes e licores.

CATA CONCURSO DE VIÑOS “PATRIMONIO RIBEIRA SACRA.

21 é 22 de Outubro 2014. 110 viños. 55 adegas. Repartíronse 17 trofeos realizado en 3D.

1469988_566765503455205_7416153472959464822_n[1]

PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA DE VENTA ON LINE E CÓDIGO QR CON ACCESO A VIDEO DE PROMOCIÓN DA RIBEIRA SACRA.

II EDICIÓN DA FESTA DO VIÑO NOVO DA RIBEIRA SACRA

18 de Abril 2015. Homenaxe as barcas de pouso. Unha por primeira vez na rua do Comercio. 15 adegas participantes.

11156143_632987820166306_2330361052496351668_n[1]

EXPOSICIÓNS:

  • Expo. Fotografía de Jairo Ramos Rey sobre o Entroido Ribeirao
  • Pintura de Ángeles Rodriguez Quiroga.
  • Gravados de Nando Vázquez
  • “15 anos facendo Camiño” da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra.
  • “Mans de Mulleres” da Concelleria de Muller e Igualdade do concello de Monforte
  • Exp. Fotogaría de Santi Xander.
  • Entroidos tradicionais da provincia de Lugo, da Deputación Provincial de Lugo

10408164_601773766621045_3895216801987295914_n[1]

CHARLAS / XORNADAS DE PROMOCIÓN DO PATRIMONIO DA RIBEIRA SACRA:

  • “Recursos Turisticos da Ribeira Sacra” coas responsables de Máis que románico”
  • “A influenza do clima na variedade Mencía”. Iria Vega
  • Entroidos Tradicionais: O de Salcedo e o entroido Ribeirao. Felipe Castro e Juan Carlos González.
  • “O colexio da Nosa Señora da Antiga” . Elia Rodriguez
  • “A presenza do Meste Mateo na Ribeira Sacra”. Begoña González Aguiar.
  • O recendo da Ribeira Sacra: o interese dos compostos biosaludables”. Sol Zamunz.“O viño fala en latín. O legado da cultura clásica no mundo do viño.María Luz Husillos.

PROMOCIÓN DA ARTESANÍA:

  • SÁBADOS ARTESANS TODO O MES DE AGOSTO 2014: téxtil, talla madeira, cerámica, cesteria e coito.
  • FEIRA DE ARTESANÍA NO CLAUSTRO DO CENTRO DO 22 AO 24 DE AGOSTO 2014.

PRESENTACIÓN DE LIBROS:

  • Lugo a cidade dos tesouros” de Lois Diéguez,
  • Libro de POEMAS de Patricia Meira,
  • Libro de Margarita Rodriguez,
  • Libros de Basilio Cobo.

OBRADOIROS COS CENTROS DE ENSINO NO ESPAZO MUSEÍSTICO.

COLABORACIÓN CON ACTOS DE VARIAS ASOCIACIÓNS E ENTIDADES.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Imprimir

Seguimos no Centro do Viño coas Xornadas de Promoción do Patrimonio da Ribeira Sacra.

Dentro deste ciclo de conferencias temos unha programada para este venres día 22 de Maio ás 20 horas. Baixo o título “El Vino habla latín. La influencia del Mundo Clásico en el Vino” a investigadora María Luz Husillos García, licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Valladolid, dará a coñecer nesta charla o traballo que está a desenvolver sobre presenza do legado clásico no mundo do viño.

Considera María Luz Husillos o viño unha expresión cultural dende as súas orixes tendo enconta que un idioma, para moitos morto, como é o Latín, segue sendo utilizado para dar nome algunhas adegas e a numerosos viños. Boa mostra desto son os máis de 6.000 nomes de viños que en máis de 60 países localizou María Luz Husillos con referencias á cultura clásica. No caso de España ten rexistradas 896 marcas de viño en Latín das que unha decena delas corresponden á D.O Ribeira Sacra como : Ora et Labora, Via Romana, Vía Imperial,… ou adegas como: Atrium Vitis, Regina Viarum, …etc. A autora deste estudo vincula á cultura clásica denominacións como Summum e ata o mesmo nome da Denominación: Ribeira Sacra. Esta investigadora está convencida, e así o abordará na conferencia deste venres, de que o viño forma parte da nosa identidade cultural ademáis de ser un instrumento social cargado de simbolismo. Por elo, asegura, María Luz Husillos, “a la hora de lanzar al mercado un vino es fundamental que su nombre sea un elemento diferenciador, algo que sirva para definir su contenido y su personalidad. En este sentido, la etiqueta del vino ocupa un lugar privilegiado, sirviendo tanto para seleccionar, designar y distinguir, como para personalizar y embellecer el producto, siendo la tarjeta de identidad del vino y canal de comunicación entre el consumidor y producto por esto se busca el prestigio de lo clásico para dar al producto valor añadido”

Convencida da importancia que para unha sociedade teñen as raíces da súa base cultural, para que se valoren os elementos que a conforman, cree necesario difundir as manifestacións que nos tempos actuais se conservan do todo o Clásico, niste caso no mundo do viño ou relacionado con este, para que quede tamén constancia da súa importancia.

De todo esto falará María Luz Husillos na conferencia que este venres día 22 de Maio pronunciará no Centro do Viño a partir das 8 da tarde.

CÓDIGO QR, VÍDEO E TENDA ONLINE

No Centro do Viño temos  en marcha unha nova iniciativa de promoción da zona de producción dos viños da D.O. Ribeira Sacra. Trátase dun código QR que colocamos a todalas botellas que se venden na tenda do Centro.

qr imprimir

A través deste código, calquera persoa, dende o seu dispositivo móbil, terá acceso a un vídeo da Ribeira Sacra cunha pequena mostra da paisaxe e do patrimonio que agocha este territorio. Unha ferramenta máis para seguir afondando nun maior coñecemento do traballo que realizan os viticultores e adegueiros da zona. A singularidade da mesma foi condensada en 50 segundos de imaxes nun traballo realizado pola productora Némesis Creaciones.  A  paisaxe é un valor engadido ao viño e deste xeito a través do Código QR e o audiovisual facilítaselle, a quenes merquen unha botella, a posivilidade de coñecer o territorio do que procede o producto que merca.

O vídeo  serve tamén de introducción á  plataforma “de venta on line” de viños da Ribeira Sacra que ten en marcha no Centro. Un novo escaparate para os viños desta Denominación de Orixe que esperamos repercuta en beneficio de todos, axude a melloralas ventas, e serva para darlle máis proxección tanto as adegas da denominación como o propio territorio.

Unha páxina de venta electrónica, http://centrovino.es/video/, con máis de 180 marcas de viños da D.O Ribeira Sacra, ademáis de augardentes e licores.

Novas fórmulas para darlle maior proxección as adegas e o propio territorio e facilitar a apertura de novos mercados aos viños desta Denominación de Orixen.

O Recendo da Ribeira Sacra

Boa acollida tivo onte a conferencia da Dra. Sol Zamuz no Centro do Viño sobre o Recendo da Ribeira Sacra. Os resultados da súa investigación sobre os compostos vexetáis biosaudábeis presentados dun xeito moi divulgativo a un público que mostrou un notable interese polo tema.

DSCF0486

Este proxecto pretende, por unha banda, crear unha linea de produtos cosméticos, perfumes e de ambientación e, por outra banda, darlle un valor engadido aos produtos agroalimentarios potenciando aqueles compostos naturais (aromáticos, fenólicos e aceites esenciais) que lle aporten unhas características saudábeis; ademáis, ofrecer un servicio de análises bioquímicos ás empresas do sector agroalimentario dos seus produtos. A finalidade última, é crear a marca de calidade Recendo da Ribeira Sacra, que aspire a converterse nun sinal de identidade da zona, non só para os produtos elaborados senón tamén para todos aqueles previamente existentes e para todas aquelas iniciativas que teñan como obxectivo a dinamización da Comarca de Lemos e a promoción da súa paisaxe, da súa natureza e do seu valor patrimonial.

A doutora explicounos de un xeito moi claro o porqué de elexir estes compostos, da súa importancia nos vexetais e dos beneficios que producen na nosa saúde.

o recendo da ribeira sacra